Proxectos
-
Fortalecemento do desenvolvemento económico das cooperativas que participan en 4 cadeas de valor incluíntes, aplicando enfoques de sustentabilidade, adaptación ao cambio climático e igualdade de xénero, da produción agropecuaria en zonas vulnerables ante a seca, de Las Segovias
O proxecto basease en experiencias previas que INPRHU – Somoto (socio local) e Amigos da Terra desenvolveron tanto no sector de intervención como no territorio en cuestión.
-
Campaña mundial pola educación 2018 en Galicia
Con este proxecto, o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia formado por Axuda en Acción, Entreculturas, Educo e Taller de Solidaridad, queren afondar e levar a cabo este proxecto no próximo curso escolar 2017 – 2018 co Obxectivo de “Promover na comunidade educativa e na sociedade civil galega respostas sociais, educativas e políticas a favor do dereito á educación e dos ODS en educación no novo Marco de Acción pola Educación 2030”.
-
Mellora da atención integral e a pertinencia cultural en servizos de saúde sexual e reprodutiva e saúde materna, para mulleres e adolescentes indíxenas nos municipios de Nebaj , Chajul e Cotzal na área Ixil, Rexión Norte do Quiché, Guatemala
O mantemento de elevadas taxas de mortalidade materna e a constatación de que o 90% das mortes pódense previr remiten a unha situación de ampla tolerancia cara ás vulneracións dos DD.HH. de mulleres e nenas. No marco dun sistema profundamente hetero-normativo (en cuestións de etnia, clase, xénero e prácticas sexuais) e asimétrico, son as mulleres, pobres e indíxenas quen acumula maior exclusión.
-
Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego
Este proxecto constitúe unha aposta integral pola formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega; que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación e complemento do proxecto EpD-CpD, financiado pola DXREeUE nas súas convocatorias de educación para o desenvolvemento entre os anos 2011 e 2016. As accións inciden na sensibilización sobre a problemática dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos deses países, especialmente das mulleres.
-
Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña
O “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña” (en diante DH 2017-18) xorde coma proceso natural da acción de ASF-Galicia no cal se agroman aprendizaxes, dando por unha banda continuidade a labor de vindicación do hábitat dende o enfoque de dereitos.
-
Fomento da conciencia social, capacidade de comunicación crítica e interrelación entre o global e o local do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Bueu, Viana do Bolo, Silleda e A Guarda
O proxecto EpD_LAB III é un proxecto multimedia de comunicación que se desenvolverá en 5 centros educativos de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Ames, Bueu, Viana do Bolo, Silleda, A Guarda) e unha asociación de mozas e mozos de Latinoamérica (Usulután, El Salvador). O obxectivo principal de EpD_LAB é a formación no uso das TIC como medio de comunicación para a sensibilización social e a formación en valores, centrada na comunicación para o desenvolvemento e a cooperación.
-
Previndo a violencia de xénero entre mozos e adolescentes en cinco municipios de Nicaragua.
O proxecto Previndo a violencia de xénero entre mozos e adolescentes en cinco municipios de Nicaragua” desenvolvésese en comunidades peri-urbanas e rurais do país, con diversas características socio demográficas, pero que teñen en común o contar cunha poboación maioritariamente nova e con altos niveis de incidencia de violencia de xénero onde as nenas e adolescentes identifícanse como as principais vítimas e os homes adolescentes e mozos reproducen os roles e patróns de comportamento patriarcais.
-
Contribuíndo á supervivencia da poboación refuxiada Palestina a través de artigos alimentarios
Reduci-lo impacto do conflito e a crise humanitaria na vida da poboación en situación de maior vulnerabilidade da Franxa de Gaza, mediante o incremento do aporte calórico da poboación a través da provisión de 216 cestas alimentarias.
-
Convenio de colaboración con UNICEF COMITÉ ESPAÑOL para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia - 2016
O presente acordo ten a finalidade de establecer o marco de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e UNICEF Comité Español para a execución de actuacións e proxectos en materia de acción humanitaria e de emerxencias en países con poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano co fin de paliar o sufrimento das poboacións afectadas e de calquera outras accións que en beneficio destas poboacións se poidan impulsar.
-
USC sostible. Comercio xusto, ciclos curtos de distribución e consumo responsable
O presente proxecto enmárcase na Axenda 2030 apuntando directamente ao seu obxectivo 12: garantir modalidade de consumo e produción sostibles. Concretamente o obxectivo específico é introducir o Comercio Xusto (CX) na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a súa contorna como alternativa de consumo responsable e sostible.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- …
- seguinte ›
- última »