Proxectos

USC sostible. Comercio xusto, ciclos curtos de distribución e consumo responsable

O presente proxecto enmárcase na Axenda 2030 apuntando directamente ao seu obxectivo 12: garantir modalidade de consumo e produción sostibles. Concretamente o obxectivo específico é introducir o Comercio Xusto (CX) na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a súa contorna como alternativa de consumo responsable e sostible. É dicir, impregnar a USC (entendida como comunidade universitaria: estudantado, persoal traballador e a propia estrutura institucional) dos valores e principios que sustentan o CX, fomentando unha cidadanía global e comprometida cunha transformación social positiva.

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
PANXEA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Reforzadas as modalidades de consumo e produción sostibles e responsables entre a cidadanía galega.
Obxectivo específico: Introducido o Comercio Xusto na Universidade de Santiago de Compostela e a súa contorna como alternativa de consumo responsable e sostible.

Resultados e actividades: 

Resultados e Actividades:
R1. Identificada e analizada a situación do comercio xusto na USC e a súa contorna (cidades de Santiago de Compostela e Lugo).
A1.1. Elaborar unha diagnose da situación real da USC en materia de Comercio Xusto.
A1.2. Elaborar un informe sobre o estado do Comercio Xusto nas cidades de Lugo e Santiago de Compostela.
A1.3. Consensuar un documento de propostas de actuación entre os actores implicados en Comercio Xusto das cidades.
R2. Posta en marcha dunha estratexia transversal de comercio xusto e consumo responsable e sostible na USC.
A2.1. Elaborar unha guía de compra pública ética na USC.
A2.2. Introducir produtos de comercio xusto e Km0 nos canais de distribución propios da USC: comedores universitarios, máquinas expendedoras.
A2.3. Integrarse na Rede de Universidades polo Comercio Xusto promovida pola Fundación IDEAS.

R3. Promovidas actitudes de consumo responsable entre a comunidade universitaria como forma de transformación social.
A3.1. Seleccionar e formar a un grupo de estudantes da USC como “embaixadores/as do Comercio Xusto”.
A3.2. Deseñar e executar un plan de sensibilización para a comunidade universitaria no curso académico 2016-2017.
A3.3. Inserir a temática do comercio xusto e consumo sostible nos contidos formativos do estudantado da USC.

Actividades para tódolos resultados:
A4. Avaliación interna e externa do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación participante directa de todas as actividades incluídas neste proxecto  é o conxunto da comunidade universitaria e estímase en 30.549 persoas (18.371 mulleres e 12.178 homes) entre estudantes, alumnado de IV Ciclo, PDI e PAS.
Indirecta: As actividades A1.2 e A1.3 abren o abano de poboación participante indirecta ao conxunto da cidadanía das dúas cidades: Lugo e Santiago de Compostela. Segundo os datos do 1 de xaneiro de 2015, 95.612 persoas en Santiago (44.388 homes e 51.224 mulleres) e 98.134 persoas (45.630 homes e 52.504 mulleres).

Axudas: 

29.523,00 € ; 11.809,20 € (2016) e 17.713,80 € (2017)