Proxectos

Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña

O “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña” (en diante DH 2017-18) xorde coma proceso natural da acción de ASF-Galicia no cal se agroman aprendizaxes, dando por unha banda continuidade a labor de vindicación do hábitat dende o enfoque de dereitos. O proxecto ten como obxectivo principal sensibilizar e formar sobre os aspectos do hábitat e as dimensións transversais (xénero, transculturalidade, xestión social e facendo un especial fincapé na gobernanza a través da participación). O proceso proposto de traballo reúne diversas dimensións e escalas conceptuais e metodolóxicas. Por unha banda amplíase e dase continuidade a procesos anteriores, e por outro lado incorpórase un enfoque vivencial de cara a motivar unha aprendizaxe socioafectiva directa e significativa entre os diversos actores implicados: axentes multiplicadores e alumnado.

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír a crear unha cidadanía crítica, activa e comprometida coa loita contra a pobreza e as desigualdades a través de procesos de educación que visibilicen aos dereitos vencellados e comprometidos cun hábitat digno, promovan actitudes e valores en coherencia e doten de ferramentas para poder incidir a favor do dereito a un hábitat digno.

Obxectivo específico: Incrementar a identificación coas problemáticas relativas ó dereito ao hábitat desde un enfoque social, e con especial incidencia nas dimensións dos xeitos de gobernanza e os enfoques multiculturais e de xénero no contexto educativo de secundaria e entre axentes multiplicadores clave vencellados a educación, intervención, e xestión social do hábitat no marco da cidade da Coruña.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Axentes multiplicadores polo seu papel na educación, intervención, xestión e transformación do hábitat están sensibilizados e formados para traballar o Dereito ao hábitat desde un enfoque social, de xeito participativo e atendendo á perspectiva de xénero e intercultural.

A1.1.1: Mellora e reedición do curso en liña: Hábitat a escala humana. O dereito ao hábitat desde un enfoque de xénero e desenvolvemento sostible.

A1.1.2: Ciclo de relatorios transdisciplinares Hábitat a Escala Humana - 5ª Edición

A1.1.3: Curso presencial TRANS-FORMANDO: procesos participativos, hábitat e educación.

A1.1.4: Formación axentes multiplicadores no eido educativo (CC. Educación da UDC)

A1.1.5: Podcast Habitando

Resultado 1.2: O contexto educativo de secundaria mellora os seus coñecementos sobre o dereito ao hábitat desde un enfoque social, de xénero e intercultural e desenvolven na praxe capacidades e competencias para a análise e transformación do seu contexto máis próximo como experiencia vivencial de exercicio dunha cidadanía crítica, activa e con capacidade de incidencia e transformación social

A1.2.1: Deseño e edición da adaptación didáctica de materiais de sensibilización cun enfoque socioafectivo

A1.2.2: Difusión, implementación e seguimento dos materiais didácticos

A1.2.3: Obradoiro en centro de secundaria "Participar para transformar"

Resultado 1.3: ASF-Galicia fortalece as súas capacidades e coñecementos para mellorar a xestión técnica e o enfoque político do seu traballo no eido da ED a través da formación dos seu persoal e voluntariado en aspectos socioafectivos e grupais e xerando coñecemento específico sobre o seu contexto de intervención e o desenvolvemento das súas accións.

A1.3.1: Elaboración da liña de base sobre o coñecemento do dereito ao hábitat dos axentes multiplicadores e alumnado participante

A1.3.2: Formacións e mellora de capacidades socioafectivas internas de ASF Galicia

A1.3.3: Avaliación externa final

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa será de 465 persoas, ( 290 mulleres e 175 homes), entre os cales 60 son nenas e 40 son nenos. O resto é poboación adulta (365)

Indirecta:  A poboación indirecta será de 2100. Unhas  1184 mulleres e 916 homes, entre os cales 340 son nenas e 300 nenos.

Axudas: 

44.860,00 €; 17.944,00 € (2017) e 26.916,00 € (2018)