Proxectos
-
Reforzo das capacidades de prevención e atención do ébola no Distrito sanitario de Kita, Malí.
No marco da emerxencia causada pola propagación do virus do ébola no ano 2014, Farmamundi veu traballando nunha estratexia destinada a aumentar a resolución do sistema de saúde e reforzando os centros comunitarios de saúde para a prevención e atención do virus do ébola. Ata a data o traballo da entidade en Mali diríxese a mellorar a situación sanitaria do país.
-
Programa de atención de emerxencia e rehabilitación psicosocial para as vítimas da guerra en Maban, Sudán do Sur
A rexión de Maban estivo golpeada polos combates durante a guerra de independencia e segue sufrindo as consecuencias do conflito. Os combates produciron un gran número de vítimas civís e o desprazamento de miles de persoas alén da fronteira.
O estado Upper Nile está a ser afectado polo conflito interno que estalou en decembro deixando máis de 900.000 persoas desprazadas forzosamente e case 250.000 refuxiadas en países veciños. -
Atención nutricional a refuxiados do conflito en República Centroafricana nas rexións do Este e Adamawa de Camerún.
O presente proxecto responde a unha crise nutricional que é recorrente. En Camerún nin a afluencia de refuxiados nin a situación nutricional son elementos de aparición súbita, senón que levan anos ocorrendo e empeorando ata chegar aos límites actuais co detonante especial do conflito na República Centro Africana. O desprazamento de persoas como consecuencia do conflito na RCA agravou a inseguridade alimentaria xeneralizada e a crise alimentaria que afecta ao país.
-
Fortalecemento da área de comunicación externa e interna a través da mellora da formación e a participación da base social de Médicos do Mundo en Galicia
Este proxecto de Médicos do Mundo enmárcase no compromiso da organización na promoción da defensa dos Dereitos Humanos e co Dereito á Saúde, crítica coas causas que provocan as desigualdades e activista para conseguir un cambio social na cidadanía galega a través do fortalecemento da súa base social en Galicia. Coa súa posta en marcha deste proxecto búscase fortalecer a área de comunicación de través de procesos de construción participativa de mellora da comunicación externa e interna de Médicos do Mundo Galicia.
-
Fortalecemento da capacidade comercial da área de comercio xusto de Taller de Solidariedade
Este proxecto contribuirá a facer máis viable o proposta de comercio xusto da Fundación Taller de Solidariedade (Tds), consolidando un proxecto innovador na liña téxtil. Mediante o mesmo fortalecerase a capacidade comercial da área de comercio xusto de Taller de Solidaridad a través do deseño dun plan de marketing e viabilidade para a liña de Roupa deportiva de Tds, do deseño dunha nova tenda online para a roupa deportiva de Tds e da participación do persoal nun seminario de Moda Sostible.
-
Suma con implicadas: tempo+coñecemento+fondos
O proxecto de Implicad@s no Desenvolvemento enmárcase na mellora da xestión da organización e a dinamización de fontes de financiamento da organización con vistas a unha efectividade sustentable no tempo, xa que boa parte das accións que se establecen supoñen a introdución de cambios estruturais no modo de facer as cousas na organización na procura dunha maior calidade e axilidade. Neste senso, este proxecto representa un avance importante na senda de fortalecemento iniciada por IMPLICADAS nestes últimos anos.
-
Fortalecemento da implantación social da Fundación Entreculturas en Galicia (Fase 1ª)
Este proxecto da Fundación Entreculturas – Fe e Alegría, pretende contribuír a unha mellora do coñecemento, influencia e notoriedade da organización especialmente nas cidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. O obxectivo do mesmo é o de fortalecer e consolidar a base social galega da Fundación Entreculturas, composta por socios/as, doantes, colaboradores/as e seguidores/as en redes sociais, durante o curso 2015 – 2016. Para facelo, o proxecto traballará entorno a tres eixes: 1- mellorar o crecemento de socios/as e seguidores/as en RR.SS.
-
Proxecto de consolidación de ASF-Galicia como un referente en materia de dereito ao hábitat
Este proxecto de Arquitectos Sen Fronteiras enfócase a promover o desenvolvemento humano equitativo e sostible, a través da mellora da habitabilidade e a defensa do dereito das persoas a un hábitat digno, incidindo en especial nos colectivos desfavorecidos. O obxectivo do mesmo é tornar a ASF Galicia nunha organización referente en materia de dereito ao hábitat dentro do ámbito galego de cooperación a través de dúas estratexias complementarias de cara o interno e externo da organización.
-
Xestión integral do auga na Fronteira Peruano-Ecuatoriana mediante a gobernanza concertada dos recursos e a conservación da biodiversidade
A sustentabilidade do abastecemento de auga para as comunidades rurais do Distrito de Suyo está en risco debido ó crecente deterioro dos recursos naturais . Esta situación supón unha limitación importante para o desenvolvemento rural da provincia e cuestiona a viabilidade dos medios de vida das familias campesiñas.
-
Escolas Rurais participativas con emprendementos produtivos sostibles e acceso a tecnoloxías da información e comunicación, articuladas ó Centro de Formación Técnica Binacional, na mancomunidade da Subcuncha do río Chipillico, Piura. Perú
O proxecto busca mellorar a capacidade de xestión das escolas rurais para que os estudantes logren aprendizaxes significativos para o contexto produtivo e ecolóxico da comunidade e accedan a tecnoloxías da información e comunicación que permita facilitar o dereito de acceso á información.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- …
- seguinte ›
- última »