Proxectos
-
Impulsando a Educación Vocacional e Formación Técnica con Equidade de Xénero en barrios marxinais de Ciudad Sandino e en comunidades rurais de Somotillo, Nicaragua
O proxecto contribuirá a que as nenas, nenos, adolescentes e mozos/as procedentes de barrios e comunidades marxinais nos municipios de Ciudad Sandino podan acceder a unha formación técnica (dentro dos cursos de secundaria) e a unha educación técnica posterior de bastante máis calidade. En concreto, o proxecto vai reforzar especialmente dous aspectos crave unha visión sobre o xénero e unha formación teórica e práctica específica en emprendemento e habilidades para a inserción no mundo laboral.
-
Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da Mancomunidade NASMAR, Honduras. Fase II
O proxecto forma parte dun programa máis amplo co que se pretende fortalecer as capacidades locais e a participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico nos 7 municipios da Mancomunidade de NASMAR.
-
Fortalecemento da pertinencia cultural e a integridade da atención en saúde sexual e reprodutiva das mulleres indíxenas en 3 municipios do Departamento de El Quiché, Guatemala. Fase II.
O proxecto forma parte dunha estratexia máis ampla, compartida polos actores da intervención, que céntrase no fortalecemento da integridade e a pertinencia cultural da atención en Saúde Sexual e Reprodutiva en 3 municipios do Departamento de El Quiché, con énfase nas mulleres indíxenas, complementando accións e esforzos institucionais e comunitarios. Constitúe a Fase II dun proxecto anteriormente financiado pola Xunta de Galicia na convocatoria de 2014.
-
Achegar ferramentas innovadoras na formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector do téxtil e alternativas para un consumo responsable de roupa. Fase Final.
Este proxecto de Amarante Setem para o ecodesenvolvemento pecha un ciclo de traballo levado a cabo ó longo de 3 anos pola organización para afondar no concepto da feminización da pobreza no sector global da confección e a necesidade dun consumo responsable de roupa como elemento de transformación social dende unha perspectiva e un contexto que é a cidadanía galega.
-
Desenvolvemento de capacidades para o fortalecemento das Competencias para Adolescentes en temas de Saúde Sexual Reprodutiva (SSR)
O proxecto pretende contribuír ó desenvolvemento do municipio de Ciudad Sandino a través da creación dunha estratexia de atención integral a adolescentes, que involucren a participación dos e das mesmas e dos diferentes actores locais presentes no Municipio, dende un enfoque de dereitos humanos, de xénero e xeracional para o fortalecemento de habilidades para a vida.
-
Proxecto de difusión do dereito ao hábitat e as súas dimensións transculturais e de xénero a través da sensibilización e a educación non formal na comunidade educativa da Área Metropolitana A Coruña.
Este proxecto de Arquitectos sen Fronteiras de Galicia incidirá sobre a creatividade a través do desenvolvemento da empatía cara outras realidades, enmarcándose na labor de dar continuidade e motivar a identificación de problemáticas vinculadas ó hábitat tras unha fase anterior de formación e sensibilización.
-
Alternativas de alimentación para o desenvolvemento sostible
O proxecto que desenvolverá Amigos da terra Galicia – xuventude agrupada coa Fundación Oxfam Intermón e a Universidade de Vigo ten como obxectivo lograr que axentes multiplicadores adopten e promovan cambios nas súas pautas de consumo individuais e colectivas, contribuíndo así á construción dun movemento cidadán en aras dunha maior xustiza alimentaria a nivel global. Para acadar este obxectivo desenvolverán dúas liñas de acción, entendidas como dúas alternativas reais e efectivas para promover e participar dun modelo de alimentación sustentable.
-
Enfoque de dereitos e desenvolvemento humano para unha educación inclusiva, intercultural e bilingüe, en 57 Unidades Educativas do Municipio de Poroma, en Bolivia
O proxecto, en coordinación con o Programa Nacional de Alfabetización "Yo sí puedo", propón consolidar o acceso, garantir a permanencia, mellorar a capacidade docente e de xestión, así como ampliar e mellorar a participación cidadá na xestión educativa, para mellorar a calidade da educación como dereito da nenez e adolescencia, posibilitando bases imprescindibles contempladas na regulamentación da nova Lei de Educación que prevé a Educación Primaria como Comunitaria Vocacional e a Educación Secundaria como Comunitaria Produtiva.
-
Mellora das condicións técnicas e materiais para o aproveitamento responsable dos recursos ecoturísticos, acuícolas, pesqueiros e medioambientales dos Municipios de San Luís la Herradura y Tecoluca, El Salvador. Fase III.
O presente proxecto enmarcase dentro da estratexia de traballo que CORDES e ACPP teñen en O Salvador e concretamente na zona do Bajo Lempa. Coa presente acción pretendese continuar cos procesos abertos e reforzar aspectos importantes de anteriores etapas, que abran novas posibilidades ás familias beneficiarias e ós colectivos participantes.
-
Educación comprometida co coidado da vida
A presente intervención da Fundación InteRed en Galicia, parte das leccións aprendidas en anteriores proxectos de educación para o desenvolvemento da organización para dar lugar á nova campaña denominada “Principios para unha Revolución dos coidados”, que ten como base a ética do coidado e a relación desta coa construción da paz, a sostibilidade ambiental, a inclusión social e o pleno goce dos dereitos humanos de todas as persoas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- …
- seguinte ›
- última »