Proxectos

Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD)

O proxecto Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento (ESR-EpD) constitúe unha aposta integral pola formación en Educación para o Desenvolvemento e a Paz de maneira transversal e permanente. O seu obxectivo xeral é o de contribuír ao fortalecemento da educación para a paz, o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia (ODS 4.7) a través da mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego. Para acadar ambos obxectivos, conxúganse elementos pedagóxicos e innovadores que abordan dilemas morais e ofrecen ferramentas teóricas e prácticas para potenciar o diálogo crítico, a participación e a corresponsabilidade, como métodos de prevención contra o discurso do odio e os estereotipos e prexuízos racistas, avogando pola convivencia e a construción da paz en seis centros escolares das provincias de A Coruña e Pontevedra (catro institutos de educación secundaria e dous centros de primaria). As principais actividades que se realizarán ao longo deste proxecto son: o asesoramento e acompañamento ao profesorado na implantación dos enfoques da EpD; a incorporación de materiais didácticos  recursos pedagóxicos innovadores e centrados no desenvolvemento e a reflexión moral; e o traballo directo co alumnado co fin de fomentar reflexións críticas, por medio de teatros foro e obradoiros, xornadas de comercio xusto e de deporte inclusivo.

A nivel universitario, ACPP realizará un “Curso de Introdución á Cooperación, Educación para o Desenvolvemento” en colaboración coa Oficina de Cooperación e Voluntariado da UdC, dirixida ao alumnado do Programa de Coñecemento da Realidade (PCR); participará da XIII edición do Seminario ‘Comunicación social e cooperación internacional’ na Universidade de Santiago de Compostela; e tamén incorporará unha formación en “Promoción da equidade de xénero con enfoque de Dereitos” no Campus de Lugo da USC.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación para a paz, o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia (ODS 4.7)

Específico: Mellorar as capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino de infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Fomentada a coordinación e análise do proxecto para a aprendizaxe colectiva e a súa sustentabilidade

            A.1.1.1 Realización da coordinación e seguimento continuado e participativo do proxecto (Mes 1 a 12)

            A.1.1.2 Fortalecemento e coordinación participada das asistencias técnicas implicadas no proxecto: Equipa ESR (Mes 1 a 12).

            A.1.1.3 Actualización da información do proxecto no “Cénit: mapa de experiencias de EpDCG” (Mes 1 a 4)

            A.1.1.4 Participación no Encontro Estatal “Escuelas Sin Racismo” (Mes 1 a 4).

 

RE 1.2 Melloradas as competencias, capacidades e sensibilidades do profesorado e comunidade escolar de seis centros de ensino galego (infantil, primaria e secundaria) en educación inclusiva, a convivencia intercultural e a prevención do discurso do odio.

            A.1.2.1 Coordinación participada, seguimento e avaliación co profesorado implicado no proxecto para a incorporación e fortalecemento dos enfoques da EpD (Mes 1 a 12).

            A.1.2.2 Acompañamento, formación e sensibilización ao profesorado no reforzo da incorporación dos enfoques da EpD a través da ferramenta “Test de Tolerancia” (5º-6º Primaria, Secundaria e FPB) (Mes 1 a 12)

            A.1.2.3 Acompañamento, formación e sensibilización ao profesorado no reforzo da incorporación dos enfoques da EpD a través da ferramenta “Azul como o ceo, amarela como o sol” (EI e 1º-4ºP) (conto infantil + guía didáctica) (Mes 1 a 12).

            A.1.2.4 Lectura do Manifesto Escolas Sen Racismo con motivo do Día Escolar da Paz e a Non Violencia (30/01) (Mes 5 e 6).

            A.1.2.5 Realización de vídeos didácticos e explicativos do material educativo do proxecto (Mes 1 a 4)

 

RE 1.3 Melloradas as competencias, actitudes e sensibilidades do alumnado de seis centros de ensino galego (primaria e secundaria) para favorecer a convivencia intercultural, combater o discurso do odio e establecer relacións positivas e igualitarias.

            A.1.3.1 Realización do Test de Tolerancia (TdT) co alumnado participante (Mes 1 a 4).

            A.1.3.2 Elaboración e entrega aos centros do Informe de resultados por aula /liña educativa do TdT (Mes 4 e 5).

            A.1.3.3 Intervencións en aula para traballar cada un dos dilemas morais en función dos resultados reflectidos nos informes (Mes 6 a 9).

            A.1.3.4 Intervencións nos centros para traballar cada un dos dilemas morais en función dos resultados reflectidos nos informes (Mes 6 a 9)

            A.1.3.5 Intervencións en aula para creación de tetralemas e peche das intervencións (Mes 9 e 10).

 

RE 1.4 Melloradas as competencias, actitudes e sensibilidades do alumnado universitario en materia de Cooperación ao Desenvolvemento e para a transformación social.

            A.1.4.1 Participación no Seminario de comunicación social na USC (Mes 7 a 8)

            A.1.4.2 “Curso de Introdución á Cooperación e Educación para o Desenvolvemento” na UdC (Mes 1 a 9)

            A.1.4.3 Formación “Promoción da equidade de xénero con enfoque de Dereitos” no Campus de Lugo da USC (Mes 5 a 8).

 

RE 1.5 Mellorada a visibilidade do proxecto e a sensibilización social sobre educación para a paz e a cidadanía global.

            A.1.5.1 Ciclo “Voces para a paz” (Mes 1 a 12).

            A.1.5.2 Realización e publicación do álbum ilustrado “Feministas pola paz” con motivo do 24/05, día das mulleres polo desarme (Mes 3 a 10)

            A.1.5.3 Plan de comunicación (Mes 1 a 12).

            A.1.5.4 Sistematización dos resultados da aplicación do TdT e intervencións posteriores (Mes 10 a 11).

Poboación beneficiaria: 

Directa: 857 persoas, das cales 59 son homes, 68 mulleres, 358 nenos e 372 nenas. (Alumnado e docentes dos centros de ensino non universitario, nos niveis de educación infantil, primaria e secundaria; 60 estudantes de ensino universitario).

Indirecta: 3.000 persoas, das cales 500 son homes, 500 mulleres, 1000 nenos e 1000 nenas (as seis comunidades escolares onde se levará a cabo o proxecto; as familias e grupos de iguais do alumnado participante; e a poboación interesada e coñecedora do proxecto a través das actividades comunicativas.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

35.000 € (14.000 € en 2022 e 21.000 € en 2023)