Proxectos

Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD). COÑECE!: Fortalecendo as actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de Asamblea de Cooperación Pola Paz de Galicia e sociedade civil galega.

O proxecto Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento (ESR-EpD) constitúe unha aposta integral pola formación en Educación para o Desenvolvemento e a Paz de maneira transversal e permanente, con esta proposta Escolas Sen Racismo pretende despregar unha intervención durante os próximos tres cursos cos mesmos grupos a nivel escolar en catro centros das provincias de A Coruña e Pontevedra.

O proxecto sigue un fío condutor de tres fases: coñece, pensa e actúa; no que nesta primeira fase daranse a coñecer termos básicos na cultura de paz e indagarse sobre a convivencia nas aulas a través de tres vías:

  • Coñecer termos básicos como a paz, Dereitos Humanos e os ODS.
  • Coñecer o clima de convivencia nas aulas e nos centros escolares.
  • Coñecer novas metodoloxías como as prácticas restaurativas.
Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación para a paz, o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia (ODS 4.7).

Específico: Fortalecer as actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de ACPP Galicia e sociedade civil galega.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Garantida a adecuada implementación, seguimento, coordinación e análise do proxecto de acordo con criterios de rendición de contas e sostibilidade baixo un enfoque de horizontalidade e ética dos coidados.

            A.1.1.1: Realización da xestión, coordinación participada e seguimento continuado do proxecto (Mes 1 a 12).

A.1.1.2: Deseño e posta en marcha do plan de seguimento e avaliación (Mes 1 a 12).

A.1.1.3: Encontros da Equipa ESR: profesorado e asistencias técnicas (Mes 2 e 9).

A.1.1.4: Encontro estatal ESR (Mes 3).

A.1.1.5: Estudo e análise dos plans de convivencia con enfoque de xénero (Mes 1 a 6).

A.1.1.6: Formación en prácticas pedagóxicas restaurativas (Mes 3 e 4).

A.1.1.7: Formación a persoal de ACPP en cultura de paz (Mes 4 a 7).

RE 1.2: Fortalecida a sensibilidade, competencias e actitudes do alumnado e profesorado de 4 centros públicos de ensino en educación para a paz e convivencia a través do emprego ferramentas prácticas e metodoloxías transformadoras asociadas a procesos de cambio persoal.

A.1.2.1: Formación en prácticas pedagóxicas restaurativas ao profesorado que conforma o Seminario ESR (Mes 5 a 7).

A.1.2.2: Acompañamento ao profesorado participante no fortalecemento da transversalización dos enfoques da educación para o desenvolvemento e a cidadanía global (Mes1 a 12).

A.1.2.3: Realización do obradoiro inicial dinamizado por ACPP "Que me dá paz?" (Mes 3 a 5).

A.1.2.4: Realización de círculos de dialogo sobre a convivencia nas aulas (Mes 5 a 7).

A.1.2.5: Realización de sesións de teatro foro sobre a convivencia no centro (Mes 7 a 8).

A.1.2.6: Realización do obradoiro final dinamizado por ACPP "Que nos dá paz?" (Mes 8 a 9).

A.1.2.7: Conmemoración do Día Escolar da paz e a nonviolencia: 30 de xaneiro (Mes 5).

RE 1.3: Fortalecida a sensibilidade, competencias e actitudes do alumnado universitario en educación para a paz e convivencia a través do emprego ferramentas prácticas e metodoloxías transformadoras asociadas a procesos de cambio persoal.

A.1.3.1: Participación en dous procesos de formación universitaria vencellados á Cooperación para o Desenvolvemento e a Educación para a Transformación Social." (Mes 2 a 9).

A.1.3.2: Prospección sobre formación e grupos universitarios no eido da cultura de paz en Galicia (Mes 1 a 12).

A.1.3.3: Colaboración co Grupo de Investigación universitaria ECIGAL (UDC) para a actualización do mapa de experiencias de educación para a cidadanía global (Mes 1 a 12).

A.1.3.4: Acompañamento a alumnado de Educación Social para o desenvolvemento das prácticas curriculares preprofesionais (Mes 5 a 9).

RE 1.4: Promovida a reflexión crítica e a concienciación social sobre a educación para a paz e a cidadanía global que aumente o compromiso social.

A.1.4.1: Realización do ciclo de conferencias “Voces para a Paz” (Mes 1 a 12).

A.1.4.2: Encontro da base social de ACPP Galicia (Mes 6 a 8).

A.1.4.3: Actividades de sensibilización en materia de cultura de paz (Mes 1 a 12).

A.1.4.4: Deseño dunha proposta formativa en cultura de paz (Mes 1 a 12).

RE 1.5: Mellorada a visibilidade do proxecto e a transferencia de coñecementos que poñan de manifesto a interdependencia e pertenza común á humanidade.

A.1.5.1: Fortalecemento da Comunicación para o Desenvolvemento do ESR Galicia: plan de comunicación (Mes 1 a 12).

A.1.5.2: Deseño, elaboración, impresión e distribución dun almanaque que contribúa á difusión dos ODS (Mes 3 a 10).

A.1.5.3: Promoción e participación no Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (Mes 3 a 10).

A.1.5.4: Participación activa en espazos estratéxicos para fortalecer alianzas e o traballo en rede (Mes 1 a 12).

Poboación beneficiaria: 

Directa: 407 (31 homes; 69 mulleres; 171 nenos; 136 nenas)

Indirecta: 2.800 (1.400 homes; 1.400 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

35.000 € (14.000 € en 2024 e 21.000 € en 2025)