Proxectos

Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD): Fortalecemento das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica na educación infantil, primaria, secundaria e universitaria de Galicia.

A presente proposta pretende dar continuidade ao proxecto EsR-EpD do curso 2022-23, e polo tanto, continúase a traballar como principal ferramenta metodolóxica do proxecto: a teoría de desenvolvemento moral a través dos dilemas morais. Con todo, e na liña de aposta pola innovación continua de ACPP, tamén se exploran novas temáticas como o enfoque restaurativo e a intervención con enfoque global dende as escolas rurais. Mediante esta proposta, ofreceranse ferramentas teóricas e prácticas para potenciar o diálogo crítico, a participación, a cidadanía global e a corresponsabilidade como antídotos contra os discursos de odio, os problemas de convivencia nos centros, os estereotipos e os prexuízos racistas, avogando pola mellora da convivencia e a construción de paz en 6 centros escolares (4 IES e 2 CEIP) das provincias de A Coruña e Pontevedra.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación para a paz, o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia (ODS 4.7).

Específico: Mellorar as capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica dos Titulares de Dereitos, Responsabilidades e Obrigas no ensino de infantil, primaria, secundaria e universitario galego nos centros participantes

 

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Garantida a adecuada implementación, seguimento, coordinación e análise do proxecto de acordo con criterios de rendición de contas, sostibilidade e aprendizaxe colectiva..

A.1.1.1 Xestión, coordinación e seguimento continuado e participativo do proxecto (mes 1 a 12).

A.1.1.2  Fortalecemento e coordinación participada das asistencias técnicas implicadas no proxecto (Equipa ESR) (mes 1 a 12).

A.1.1.3 Participación no Encontro Estatal "Escuelas sin Racismo" (mes 3).

A.1.1.4 Formación en Prácticas pedagóxicas Restaurativas para a equipa ESR (mes 3 a 6).

RE 1.2 Fortalecidas as competencias e capacidades do profesorado e da comunidade escolar de 6 centros públicos de ensino de infantil, primaria e secundaria de Galicia en educación inclusiva, convivencia intercultural e prevención do discurso de odio.

A.1.2.1 Coordinación, acompañamento, seguimento e avaliación participativa co profesorado implicado no proxecto para a incorporación e fortalecemento dos enfoques da EpD: realización do Seminario de formación permanente do profesorado (Mes 1 a 12).

A.1.2.2 Acompañamento, formación e sensibilización ao profesorado no reforzo da incorporación dos enfoques da EpDCG a través da intranet e dos materiais didácticos do proxecto: “Azul como o ceo, amarela como o sol” (EI e 1º-4ºP) (conto infantil + guía didáctica) e “Test de Tolerancia” (5º-6º Primaria, Secundaria) (Mes 1 a 12).

A.1.2.3 Encontro de educadoras do ESR (mes 9 e 10).

A.1.2.4 Sistematización do proxecto e investigación sobre a convivencia nas aulas e centros (mes 2 a 10).

A.1.2.5 Conmemoración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia (30/01): lectura do Manifesto Escolas Sen Racismo (Mes 5 e 6) e outras actividades conmemorativa segundo o centro.

RE 1.3 Melloradas as competencias, actitudes e sensibilidades do alumnado de 6 centros públicos de ensino de infantil, primaria e secundaria de Galicia para promover a convivencia intercultural, combater o discurso do odio e establecer relacións positivas e igualitarias.

A.1.3.1 Realización dos Test de Tolerancia (TdT) pre e post co alumnado participante, socialización e entrega de resultados (Mes 1 a 5 e mes 9 a 11).

A.1.3.2 Intervencións directas en aula para traballar cada un dos dilemas morais con ferramentas e metodoloxías innovadoras en función dos resultados reflectidos nos informes de resultados do TdT: Obradoiros e Teatro Foro (Mes 6 a 9).

A.1.3.3 Intervencións directas nos centros escolares para traballar cada un dos dilemas morais en función dos resultados reflectidos nos informes de resultados do TdT: Xornadas de comercio Xusto e Deportes inclusivos (mes 6 a 9).

A.1.3.4 Sesións "Contos Transformadores" (mes 2 a 9).

RE 1.4 Melloradas as competencias, actitudes e sensibilidades do alumnado universitario en materia de Cooperación ao Desenvolvemento e para a transformación social.

A.1.4.1 Participación en dous procesos de formación universitaria vencellados á Cooperación para o Desenvolvemento e a Educación para a Transformación Social (Mes 1 a 9).

A.1.4.2 : Encontro multiactor: "A escola rural como axente de transformación social" (mes 6 a 10).

A.1.4.3 Colaboración co Grupo de Investigación universitaria ECIGAL (UDC) para a actualización do mapa de experiencias de educación para a cidadanía global "Cénit" (mes 1 a 4).

RE  1.5 Mellorada a visibilidade do proxecto e a xestión e transferencia de coñecementos - cun enfoque de NVC (Non violent communication) e horizontalidade - e a sensibilización social sobre a educación para a paz e a cidadanía global.

A.1.5.1 Realización do ciclo de conferencias “Voces para a Paz” (mes 1 a 12).

A.1.5.2 Deseño, impresión e distribución da Axenda Escolar “O día de…” (mes 3 a 10).

A.1.5.3 Fortalecemento da Comunicación para o Desenvolvemento do ESR Galicia (mes 1 a 12).

A.1.5.4 Promoción e participación no Premio Galego de EpDCG (mes 1 a 12)

Poboación beneficiaria: 

Directa: 54 homes 71 mulleres 424 nenos 396 nenas = 945 persoas

Indirecta: 520 homes 580 mulleres 950 nenos 1.150 nenas = 3.200 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 35.000€ (14.000€ en 2023 e 21.000€ en 2024)