Proxectos

Explorando as posibilidades de estender a dimensión global da EpD na Educación Secundaria Obrigatoria. Unha investigación diagnóstica en centros educativos de Galicia

O presente proxecto parte das achegas postas de manifesto na investigación en curso, entre SIG e o o grupo de investigación PEHS da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña (9-2013/11-2014), “Investigando na Educación para o Desenvolvemento. Un estudio de caso sobre a implementación do proxecto do Tesouro de Acahualinca” sobre a incidencia dos proxectos de EpD no ámbito escolar. Estas achegas están a confirmar as tendenzas postas de manifesto por la investigación en EpD en entornos escolares.
A presente investigación prantéxase con fins diagnósticos para identificar as necesidades do profesorado e do centro no seu conxunto e detectar formas de ampliar a colaboración nos proxectos de EpD e de facelos mais significativos para os centros de educación secundaria, partindo antes do estudo da Dimensión Global que están a desenvolver no Reino Unido e da súa posible presenza no currículo de España e Galicia.

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: mellorado o coñecemento da dimensión global da EpD no curriculo de secundaria.
Obxectivo Específico: xerado coñecemento para a introducción da dimensión global da educación para o desenvolvemento no ensino secundario analizando o súa presenza en propostas educativas e no curriculo oficial, en Galicia, España e Reino Unido e recollendo as perspectivas do profesorado galego.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: coñecida a presenza no currículo da dimensión
específicamente en reino unido e, revisadas as propostas educativas e experiencias en Reino Unido, España e Galicia e entrevistados/as 4 expertos/as para recoller os seus puntos de vista respecto o vinculo da dimensión global coa educación secundaria obligatoria.
Actividades
A1.1.1: transcribir e analizar as entrevistas a expertos para ver a dimensión global da EpD.
A1.1.2: análise de experiencias educativas vinculadas a dimensión global en Galicia e en España .
A1.1.3: traducción e análise das experiencias educativas vinculadas á dimensión global no Reino Unido.

Resultado 1.2: conectado co profesorado da ESO, equipos directivos e outro profesorado comprometido co servizo transversais coma a biblioteca escolar en 6 centros fidelizados por SIG.
Actividades
A1.2.1: 1ª visita a os centros para realizar as primeiras entrevista diagnóstico, transcrición e análise.
A1.2.2: 2ª visita aos centros: como introducir a dimensión glonal da ED, transcrición e análise.
A1.2.3: 3ª visita aos centros: como introducir a dimensión global da ED, t ranscrición e análise.
A1.2.4: 4ª visita aos centros: como introducir a dimensión global da ED t ranscrición e análise.

Resultado 1.3: visibilizada a dimensión a global difundindo, intercambiando, compartindo entre o profesorado materiais, propostas didácticas e recursos usando medios dixitais e difundidas as achegas a comunidade científica e preofesional vinculada a EpD

Actividades
A1.3.1: crearase unha plataforma dixital.
A1.3.2: presentar os achazgos da investigación a congresos e elaborar os artigos.
A1.3.3: avaliación mixta final.

 

Poboación beneficiaria: 

Directa: A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, as ONGDs que traballan na EpD en Galicia, centradas sobre todo nas súas directivas e nas súas equipas técnicas e o alumnado e profesorado relacionados co mundo das Ciencias da Educación estimamos que asisten as xornadas sobre 60 persoas.
Indirecta: profesorado e o alumnado co que traballamos nos nosos centros educativos, xa que cos achados da investigación mellorariamos as nosas intervencións e a súa formación en EpD. Serían un total de 1080 alumnos/as ( 650 mulleres e 430 homes) e 45 profesores/as ( 35mulleres e 10 homes). Estes datos foron sacados do último proxecto Vaia Tea.

 

Axudas: 

29.971 €; 11.988,40 € (2014) e 17.982,60 € (2015)