FACILITADA A RECUPERAICÓN DAS ACTIVIDADES ESCOLARES EN THORLANDA E LA SALINE (PORTO PRÍNCIPE)
O sistema educativo haitiano quedou fortemente danado tras o terremoto do 12 de xaneiro de 2010. Crese que polo menos 7.500 escolas de primaria (a metade das 15.000 existentes) e unhas 700 escolas secundarias (das 1.500 existentes no país) foron destruídas ou resultaron danadas. O propio edificio sede do Ministerio de Educación derrubouse e a súa estrutura orgánica non ten capacidade operativa nestes momentos. As necesidades prioritarias identificadas no momento actual da urxencia, relacionadas coa educación, consisten en facilitar apoio psicosocial a este grupo meta e en posibilitar a recuperación da actividade escolar.
O sector educativo é clave na acción humanitaria e polo tanto retomar o antes posible as actividades escolares para nenos e mozos é unha prioridade en situación de urxencia porque axudan a transmitir mensaxes positivas e transmitirlles apoio psicolóxico aos escolares, ás súas familias e aos mestres. Poñer en marcha o sistema educativo é tamén un elemento clave para a recuperación e para unha eventual reconstrución do país.
Canto antes se recuperen as actividades escolares, antes os haitianos se beneficiarán da sensación de normalidade e estabilidade que poderán mitigar en boa medida o desorde e o caos que provoca a situación de urxencia actual.
Por último, os nenos, ao estar en contacto con outro nenos, terán a oportunidade de poñer en común as súas experiencias e poderán darse apoio mutuo para aliviar a situación traumática.
Todo isto xustifica que o proxecto teña como grupo meta a nenos e xente nova cuxas familias residen en campamentos de desprazados en Thorland, no barrio de Carrefour no Barrio de La Saline que se encontra en situación vulnerable. Por estas razóns expostas xustificase que se financien accións de recuperación da actividade escolar, apoio psicosocial, se transfiran rendas aos mestres, monitores e psicólogos a cambio do seu traballo e que a execución recaia nun actor local con grande experiencia en educación en situacións e zonas difíciles e co que Cume traballa dende 2007
Filles de Marie Auxiliatrices Soeurs Salesianes de Don Bosco Haití
OX: recuperación da actividade en situación de urxencia
OE: facilitada a recuperación das actividades escolares en Thorland e La Saline
85217