Fame Cero: ecocidadanía global e agroecoloxía escolar na rede de centros educativos rurais polo dereito humano á alimentación e o ODS2 (ENREDA). Fase 1
O proxecto constitúe a primeira fase dunha intervención trienal (2025-2028) impulsada por Mans Unidas e o grupo SEPA-Interea da USC para promover a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. Centrado no dereito á alimentación e nos hortos ecodidácticos rurais (ENREDA), busca fortalecer a sensibilización, a formación e a investigación. A intervención pretende empoderar ao profesorado e ás comunidades educativas, mellorar a avaliación e consolidar unha alianza coa USC para reforzar a base teórica e metodolóxica do proxecto.
Xeral: Construír unha cidadanía global crítica e comprometida coa transformación social positiva, a solidariedade global e o desenvolvemento humano sostible no marco do ODS 2 e a realización do dereito humano á alimentación.
Específico: Sensibilizar, concienciar, formar e investigar sobre ecocidadanía global e agroecoloxía escolar na rede de centros educativos rurais polo dereito humano á alimentación e o ODS 2 (ENREDA) durante o curso 2025/26.
Resultado 1. Optimizada a xestión produtiva e pedagóxica das hortas ecodidácticas nos 6 centros rurais do ensino infantil e primario participantes.
A.1.1.1 Facilitar e dinamizar a xestión produtiva e pedagóxica das 6 hortas ecodidácticas nos 6 centros de educación infantil e primaria participantes.
A.1.1.2 Dotar de ferramentas didácticas ás comunidades educativas dos 6 centros participantes, fomentando a autoxestión futura das hortas ecodidácticas.
Resultado 2. Sensibilizado, formado e concienciado sobre o ODS 2 e o dereito humano á alimentación con enfoque de agroecoloxía e ecocidadanía global o alumnado, profesorado e comunidades educativas dos 6 centros rurais do ensino infantil e primario participantes.
A.1.2.1 Impartir 12 talleres de sensibilización, formación e concienciación sobre o ODS 2 e o dereito humano á alimentación ao alumnado dos 6 centros participantes.
A.1.2.2 Impartir 2 talleres de sensibilización, formación e concienciación sobre o ODS 2 e o dereito humano á alimentación, con enfoque de agroecología escolar e ecociudadanía global, dirixidos ao profesorado dos 6 centros participantes.
Resultado 3. Promovido o traballo en rede local e global e o intercambio de experiencias educativas e boas prácticas coas hortas ecodidácticas co alumnado, profesorado e comunidades educativas dos 6 centros rurais do ensino infantil e primario participantes.
A.1.3.1 Organizar e celebrar o 2º encontro de fin de curso da rede de centros educativos rurais polo dereito humano á alimentación e o ODS 2 (ENREDA).
A.1.3.2 Organizar e celebrar experiencias de intercambio con centros educativos do Sur Global con actividades de agroecoloxía escolar.
A1.3.3 Organizar e celebrar 2 encontros en rede do profesorado dos 6 centros participantes.
A1.3.4 Organizar e celebrar 3 webinarios de intercambio de experiencias, coñecementos e saberes con persoas expertas, entidades e centros educativos no ámbito da agroecología escolar e a ecociudadanía global.
Resultado 4. Fomentada a investigación, a xeración de coñecemento e a formación en investigación educativa aplicada ao proxecto co persoal técnico e voluntario de Mans Unidas e coas comunidades educativas dos 6 centros rurais do ensino infantil e primario participantes.
A.1.4.1 Realizar unha identificación e diagnóstico participativo externo para o deseño da intervención.
A.1.4.2 Realizar externamente unha liña de base do proxecto.
A.1.4.3 Organizar e celebrar unha formación especializada en metodoloxías de investigación cuantitativa e cualitativa para proxectos de educación para a ecociudadanía global.
A. 1.4.4 Realizar unha avaliación externa participativa do proxecto.
Directa: 1360 (767 mulleres/nenas e 593 homes/nenos)
Indirecta: 5287 (2765 mulleres/nenas e 2522 homes/nenos)
47.000,00 € (18.800,00 € en 2025 e 28.200,00 € en 2026)