Proxectos

Fame Cero: sensibilización cidadá, e formación, participación e mobilización educativa polo dereito humano á alimentación no marco dos ODS. Fase I.

Este proxecto desenvolve a Fase 1 dunha intervención trienal (2018-2021) en Educación para o Desenvolvemento (EpD) e a Cidadanía Global promovida por Mans Unidas (MU) en Galicia nas dimensións de sensibilización, formación e educación, e mobilización social polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 “Fame cero”. Para o deseño e planificación do proxecto tense realizado unha identificación participativa externa entre abril e maio de 2018 que ten permitido identificar os colectivos implicados e participantes no proxecto, os seus intereses, os problemas que aborda a intervención e os seus obxectivos, resultados e actividades. Para a mellora do impacto da intervención está prevista a realización dunha liña de base e para a mellora da súa calidade inclúese a realización dunha avaliación externa final participativa.  O proxecto presenta un dobre curso de acción: unha proposta educativa transformadora ao abeiro da Campaña trienal contra a Fame de MU, no marco do ODS 2 e o dereito humano á alimentación, e con base na experiencia previa de MU en EpD; e un itinerario de fortalecemento institucional e reforzamento de capacidade técnica e estratéxica da área de EpD de Mans Unidas en Galicia (elaboración de Plan de Mellora da área de EpD e contratación de persoal técnico especializado en EpD).

As actividades do proxecto desenvolveranse entre maio de 2018 e agosto de 2019, especialmente durante o curso académico 2018/2019, xa que o proxecto prevé actividades de sensibilización e de formación e mobilización no eido educativo formal de primaria, secundaria e universitario e no eido educativo informal (catequese parroquial).

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
MANS UNIDAS
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Construír unha cidadanía global crítica e comprometida coa transformación social, a solidariedade e o desenvolvemento humano sostible no marco da loita contra a fame e a promoción da realización do Dereito Humano á Alimentación.

Obxectivo específico: Promovidos entre a cidadanía e a comunidade educativa galega valores, hábitos, actitudes e estilos de vida máis solidarios e sustentables no marco do ODS 2 “Fame Cero”.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1. A cidadanía galega accede a información sobre o dereito humano á alimentación e modelos sostibles e solidarios de vida desde o enfoque de soberanía alimentaria, dereitos humanos, e desenvolvemento sustentable en 2019.

1.1.1. Difundir publicamente a Campaña anual número 60 de Mans Unidas;

Resultado 1.2. Alumnado e profesorado de 26 centros de educación primaria e secundaria e de 4 grupos de catequese parroquial exercen a competencia global para unha vida solidaria e sostible no marco do dereito humano á alimentación e o ODS 2, 5 e 12 no curso 2018/2019.

1.2.1. Organizar e crear 6 hortos ecodidácticos en 6 centros de educación primaria;

1.2.2. Impartir 18 obradoiros de formación en 6 centros de educación primaria para a creación dos hortos ecodidácticos;

1.2.3. Impartir 6 obradoiros sobre comercio xusto e consumo responsable nos 6 centros de educación primaria participantes nos hortos ecodidácticos;

1.2.4. Realizar 6 sesións de contacontos nos 6 centros educativos de primaria participantes nos hortos ecodidácticos.

1.2.5. Difundir e celebrar a X edición do Concurso de Clipmetraxes entre centros educativos de primaria e secundaria;

1.2.6. Impartir 10 obradoiros de sensibilización e formación en narrativas e técnicas audiovisuais dixitais en 5 centros educativos de secundaria participantes no concurso de Clipmetraxes.

1.2.7. Realizar 4 sesións de contacontos en 4 grupos de catequeses parroquial.

Resultado 1.3. Alumnado universitario accede a espazos de formación e sensibilización crítica sobre o dereito humano á alimentación, o ODS 2, 5 e 12 e os problemas globais de desenvolvemento no curso 2017/2018 e 2018/2019

1.3.1. Organizar, difundir e celebrar dous cursos de verán dentro da Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela sobre o Dereito Humano á Alimentación (ODS 2) e os ODS.

Resultado 1.4. Mans Unidas en Galicia fortalece a súa área de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global

            1.4.1. Realizar a liña de base para a medición do impacto da intervención.

            1.4.2. Elaborar un Plan de Mellora da Área de Educación para o Desenvolvemento en Galicia.

Poboación beneficiaria: 

Directa:

As persoas participantes no proxecto serán 440.700, das cales 220.502 son mulleres e nenas: 62 docentes de primaria e secundaria, 470 estudantes de primaria e secundaria, 8 catequistas parroquiais e 60 nenos e nenas de grupos de catequese parroquial, 80 estudantes universitarios e 20 persoas voluntarias de MU. Ademais, a Campaña de sensibilización (Campaña Anual contra a Fame) chegará a 400.000 persoas beneficiarias adultas e 40.000 nenos/as e rapaces/zas. Contase con compromisos de participación de profesorado de primaria e secundaria, de catequistas parroquiais, e de 6 centros educativos de primaria nos que se desenvolverán parte das actividades do proxecto. Ademais, para a execución do mesmo contarase coa colaboración da Asociación Lentura de agricultura sustentable e ecolóxica, da ONGD PROYDE e da Universidade de Santiago de Compostela. A capacidade de multiplicación e réplica do proxecto queda garantida pola natureza do público obxectivo e pola programación trienal da intervención.

Indirecta: Aproximadamente 482.980 persoas veranse beneficiadas indirectamente por este proxecto.

 

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

46.700€: 14.000€ (2018) e 21.000€ (2019)