Fame Cero: sensibilización, formación e concienciación sobre o dereito humano á alimentación e o ODS 2 en centros rurais de ensino infantil e primario. Fase III
Este proxecto desenvolve a terceira fase dunha intervención trienal (2022-2025) en Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global promovida por Mans Unidas en Galicia nas dimensións de sensibilización, formación e educación, e mobilización social polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 “Fame cero”. O proxecto afrontará a actual situación de vulneración do dereito á alimentación que fundamenta o ODS 2 e promoverá entre a cidadanía e a comunidade educativa galega valores, hábitos, actitudes e estilos de vida máis solidarios e sustentables.
As actividades desenvolveranse entre setembro de 2024 e agosto de 2025, xa que o proxecto prevé actividades de sensibilización e de formación e mobilización no eido educativo formal de primaria: para elo, contarase coa participación de 7 centros rurais de ensino infantil e primario. Ademais, para a execución do mesmo contarase coa colaboración de persoas especializadas en agroecoloxía; o grupo de investigación Esculca, da Universidade de Santiago de Compostela; e a consultora aopaso.
Xeral: Construír unha cidadanía global crítica e comprometida coa transformación social positiva, a solidariedade global e o desenvolvemento humano sostible no marco do ODS 2 e a realización do dereito humano á alimentación.
Específico: Sensibilizar, formar e concienciar sobre os problemas globais de desenvolvemento asociados ao dereito humano á alimentación e ao ODS 2 “Fame Cero” ás comunidades educativas de 7 centros rurais do ensino infantil e primario que contan con horta ecodidáctica durante o curso 2024/2025.
RE 1.1: Cultivadas e coidadas 7 hortas ecodidácticas en 7 centros rurais do ensino infantil e primario.
A.1.1.1: Organizar, cultivar e coidar 7 hortas ecodidácticas en 7 centros rurais do ensino infantil e primario.
A.1.1.2: 49 obradoiros de cultivo e coidado de hortas ecodidácticas en 7 centros rurais do ensino infantil e primario.
RE 1.2: Sensibilizado, formado e concienciado sobre o ODS 2 e o dereito humano á alimentación o alumnado, profesorado e comunidades educativas de 7 centros rurais do ensino infantil e primario.
A.1.2.1: Impartir 20 obradoiros de sensibilización, formación e concienciación sobre o ODS 2 e o dereito humano á alimentación nos 7 centros rurais do ensino infantil e primario con hortas ecodidácticas.
RE 1.3: Reforzado o traballo en rede local e global do alumnado, profesorado e comunidades educativas de 7 centros rurais do ensino infantil e primario.
A.1.3.1: Organizar e celebrar 1 encontro de fin de curso coa asistencia de profesorado, alumnado e familias dos 7 centros educativos rurais do ensino infantil e primario con hortas ecodidácticas.
A.1.3.2: Organizar e celebrar 3 encontros virtuais entre os centros rurais do ensino infantil e primario participantes no proxecto cunha escola rural de Guatemala con horta ecodidáctica.
RE 1.4: Acompañado o profesorado e reforzado o vínculo co proxecto das comunidades educativas de 7 centros rurais do ensino infantil e primario.
A.1.4.1: Realizar 14 visitas e acompañar aos 7 centros educativos rurais do ensino infantil e primario con hortas ecodidácticas.
A.1.4.2: Organizar e celebrar 3 encontros de seguimento, coordinación e intercambio de experiencias e aprendizaxes co profesorado dos 7 centros educativos rurais do ensino infantil e primario con hortas ecodidácticas.
RE 1.5: Fomentada a xeración de coñecemento, a sistematización de experiencias educativas e a posta en valor de boas prácticas coas hortas ecodidácticas co profesorado e comunidades educativas de 7 centros rurais do ensino infantil e primario.
A.1.5.1: Realizar unha sistematización de boas prácticas educativas coas hortas ecodidácticas coa participación de profesorado, alumnado e comunidades educativas de 5 centros rurais do ensino infantil e primario participantes no proxecto.
A.1.5.2: Elaborar unha proposta pedagóxica das hortas ecodidácticas coa participación do profesorado de 7 centros rurais do ensino infantil e primario participantes no proxecto.
A.1.5.3: Realizar unha avaliación externa participativa do proxecto
Directa:
RE 1.1: 1.300 (30 homes; 70 mulleres; 585 nenos; 615 nenas)
RE 1.2: 460 (12 homes; 28 mulleres; 205 nenos; 215 nenas)
RE 1.3: 280 (9 homes; 21 mulleres; 121 nenos; 129 nenas)
RE 1.4: 100 (30 homes; 70 mulleres)
RE 1.5: 40 (12 homes; 28 mulleres)
Indirecta:
RE 1.1: 2.700 (90 homes; 210 mulleres; 1.170 nenos; 1.230 nenas)
RE 1.2: 960 (36 homes; 84 mulleres; 410 nenos; 430 nenas)
RE 1.3: 590 (27 homes; 63 mulleres; 242 nenos; 258 nenas)
RE 1.4: 2.300 (90 homes; 210 mulleres; 975 nenos; 1.025 nenas)
RE 1.5:920 (36 homes; 84 mulleres; 390 nenos; 410 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
35.000 € (14.000 € en 2024 e 21.000 € en 2025)