Fomento da conciencia social e a capacidade de comunicación crítica do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Boiro, Viana do Bolo, Silleda e A Guarda.
O proxecto EpD_LAB II é un proxecto multimedia de comunicación que se desenvolverá en 5 centros educativos de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Ames, Boiro, Viana do Bolo, Silleda, A Guarda) e unha asociación de mozas e mozos de Latinoamérica (Usulután, El Salvador). O obxectivo principal de EpD_LAB é a formación no uso das TIC como medio de comunicación para a sensibilización social e a formación en valores, centrada na comunicación para o desenvolvemento e a cooperación. O proxecto traballará na produción de contidos transmedia ao redor desta temática, facilitando que tanto alumnado como profesorado, que recibirá as formacións durante 9 meses, fagan un uso activo e responsable das TIC, dando a coñecer a súa realidade e establecendo redes de aprendizaxe mutua entre eles.
Obxectivos:
Obxectivo xeral: Sensibilización social respecto a desigualdade social e as causas da pobreza, valorando o papel da comunicación nos procesos de transformación social.
Obxectivo específico: Fomento da conciencia social e a capacidade de comunicación crítica do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Boiro, Viana do Bolo, Silleda e A Guarda.null
Resultado 1.1: Ao mes 12, adquirido polo alumnado maior coñecemento da problemática, tanto dos países do Sur como da súa contorna.
A1.1.1: Realización dun obradoiro sobre a realidade de El Salvador.
A1.1.2: Realización de 15 vídeo-cartas sobre a realidade galega e 8 sobre a realidade salvadoreña
A1.1.3: Realización dun obradoiro sobre os desequilibrios que fundamentan as accións de Cooperación ao Desenvolvemento.
A1.1.4: Incorporación á programación do curso das temáticas migracións, colectivos culturais, sexismo, sostenibilidade ambiental, racismo e xenofobia, soberanía alimentaria e consumo responsable
A1.1.5: Elaboración e cumprimentación de enquisas da liña de base para o alumnado e profesorado do centro.
Resultado 1.2: Do mes 2 ao 11, polo menos 2 docente por centro educativo participan de forma activa na execución e seguimento do proxecto
A1.2.1: Encontro formativo do profesorado participante no proxecto.
A1.2.2: Elaboración conxunta co profesorado do cronograma lectivo do proxecto e do plan de seguimento para todo o ano
A1.2.3: Elaboración de enquisas ao profesorado respecto ao seu nivel de satisfacción sobre o proxecto e propostas de mellorar
Resultado 1.3: Ao mes 10, os 115 alumnos e alumnas aplican as súas novas competencias tecnolóxicas e de tratamento da información
A1.3.1: Impartir 45 sesións formativas, 9 por centro, en 5 centros educativos galegos sobre técnicas audiovisuais e comunicación para o desenvolvemento.
A1.3.2: Xestionar a produción de pezas audiovisuais específicas en cada un dos centros educativos por parte do alumnado.
Resultado 1.4 : Ao mes 12, a lo menos 20 integrantes do voluntariado da organización e do profesorado dos centros participantes están formados no uso de ferramentas TIC nos proxectos de Educación para o Desenvolvemento
A1.4.1: Curso de formación da base social e o profesorado sobre ferramentas TIC e Educación en Valores
A 1.4.2: Convocatorias entre a base social para recibir o curso de formación en TIC e EpD e acompañamento no proxecto EpDLab II
Resultado 1.5: O mes 12, conséguese un efecto multiplicador dos resultados do proxectos facendo unha campaña de difusión pública do proxecto e presentacións en cada un dos 5 centros educativos
A 1.5.1: Presentar os produtos finais dos obradoiros en cada centro educativo
A 1.5.2: Elaborar e por en práctica unha campaña específica de difusión do proxecto
A 1.5.3: Edición dun vídeo resumo dos resultados do proxecto
A 1.5.4: Presentación do proxecto a polo menos 3 concursos sobre proxectos de innovación social
Directa: Os/As principais beneficiarios/as desta acción son os rapaces e rapazas obxecto das formacións e responsables da continuidade do mesmo, xunto aos/ás docentes formados ad hoc para o acompañamento do alumnado e o rol de cabeza visible e enlace do proxecto. En total trátase de 58 alumnas, 57 alumnos, 6 profesoras e 4 profesores.
Clasificamos tamén como participantes directos/as aos mozos e mozas de Radio e TV Izcanal pois recibirán un acompañamento para a elaboración das vídeo cartas aproveitando a viaxe El Salvador que fará o equipo do proxecto de Cooperación que executaremos este ano. Son un total de 25 persoas, entre 17 nenos e 8 nenas.
Nesta segunda fase tamén temos como persoas beneficiarias directas as 20 persoas que recibirán o curso de formación sobre TIC e EpD, integrantes do noso voluntariado e dos equipos docentes, dos que 8 serán homes e 12 mulleres.
Indirecta: Resto de docentes dos centros participantes: 249 docentes (151 mulleres e 98 homes). Ao finalizar o proxecto realizaranse actos de presentación en cada centro educativo polo que aos/ás beneficiarios/as indirectos/as hai que engadir o alumnado dos centros, neste caso un total de 2110 nenos e nenas.
30.138,00 €; 12.055,20 € (2016) e 18.082,80 € (2017)