Proxectos

Formación e Empoderamento de mulleres populares para a Construción de novas cidadanías en Perú

A presente proposta responde a unha parte dun proxecto de maior envergadura, que ten como financiador á Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento,e onde a Xunta de Galicia asume parte do financiamento. Trátase dun proxecto de ámbito nacional e rexional, onde se traballará con mulleres de Lima, de zonas urbano populares, pero tamén das rexións de Piura, provincia de Sullana, de Junín das provincias de Jauja, Concepción e Tarma; da provincia de Xaén e de Cajamarca na rexión Cajamarca; da provincia de Tarapoto na Rexión San Martín. Son mulleres lideresas de organizacións sociais como CONAMOVIDI, SINTRAHOGARP e Coordinadora Metropolitana do Vaso de Leite. Esta proposta ten unha alianza estratéxica que vén de propostas anteriores onde as organizacións de base xeraron un espazo de alianza con organizacións feministas con longa traxectoria de traballo en Perú como son FLORA, Manuela e CEDAL. O seu ámbito de traballo é reivindicar os dereitos para as mulleres no seu máis amplo sentido.

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
San Martín (departamento)
Puno (departamento)
Piura (departamento)
Lima (departamento)
Junin (departamento)
Callao (provincia)
Cajamarca (departamento)
Arequipa (departamento)
Axentes: 
INTERMÓN OXFAM (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

CEDAL Centro de Derechos y Desarrollo
 

Código CRS: 
42010 - Muller e Desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír a que as mulleres populares en Perú exerzan plenamente todos os seus dereitos a partir das súas identidades diversas

Obxectivo específico:
Mulleres populares de identidades diversas organizadas e empoderadas politicamente en Perú para a esixibilidade dos seus dereitos a nivel nacional e rexional
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Fortaleceuse e desenvolveuse a cultura organizacional dos espazos de mulleres
Actividades
A.1.1. Asesoría a dirixentas e lideresas para incorporar cota de renovación de cadros en Xuntas directivas
A.1.2. Deseño de programa de formación (4 módulos) en xestión organizativa, xestión democrática, incidencia política e equidade de xénero dirixido a Xunta Directiva de Organizacións de Mulleres que forman a Coordinadora Nacional da Muller (tamén para LE1)
A.1.3. Asesoría a 15 organizacións de mulleres para a implementación dos seus instrumentos de xestión organizativa e democracia interna con enfoque de xénero (tamén para LE1)
A.1.4. Elaboración e presentación de 2 proxectos de desenvolvemento como parte das estratexias de sustentabilidade
A.1.5. Deseño de estratexia comunicacional e Implementación de mecanismos de comunicación e información en 4 organizacións nacionais (co-partes do convenio)
A.1.6. Reunións de coordinación para acompañamento do convenio no ámbito local e nacional

Resultado 1.2:
Aumentouse a participación das mulleres de identidades diversas no ámbito público rexional e nos países.
Actividades
A.2.1. Construír e participar nos espazos e mecanismos de articulación con instancias nacionais e rexionais para a toma de decisión (Parlamento Andino, UNASR, CAM, Bancada de Mulleres, municipalistas)- REXIONAL
A.2.2. Implementación de formación en liderado, incidencia e equidade de xénero dirixido a mulleres e homes de organizacións rexionais. 1000 lideresas e líderes locais de 3 organizacións nacionais. 20 grupos de capacitación con 50 participantes por grupo en 8 10 rexións
A.2.3. Presentación da investigación rexional- REXIONAL
A.2.4. Coordinación con organizacións que contan con sistema de vixilancia para o cumprimento do marco legal sobre participación política das mulleres
A.2.5. Implementación acciones de vixilancia para o cumprimento do marco legal sobre participación política das mulleres.

Resultado 1. 3:
Existen políticas públicas adecuadas para o cumprimento dos DDMM de identidades diversas

Actividades
A.3.1. 4 Encontros Nacionais da Coordinadora Nacional das Mulleres para validar e actualizar plataforma
A.3.2. Coordinación con mulleres autoridades electas (RENAMA, Consellos Rexionais da Muller, Mesa Parlamentaria de Mulleres e outras) que axude na incorporación de políticas de equidade de xénero en gobernos rexionais
A.3.3. Encontros Rexionais entre organizacións de mulleres e redes de mulleres autoridades electas para acordar políticas con enfoque de xénero
A.3.4. Elaboración de material gráfico para Campaña Nacional de sensibilización e presión dirixida ao público en xeral e ao congreso, sobre incorporación do traballo non remunerado nas contas nacionais
A.3.5. Implementación de Campaña Nacional de sensibilización e presión dirixida ao público en xeral e ao congreso, sobre incorporación do traballo non remunerado nas contas nacionais
A.3.6. Elaboración de proposta de políticas con enfoque de xénero
A.3.7. Elaboración de material gráfico para Campañas Rexionais de sensibilización e presión dirixida ao público en xeral e a gobernos rexionais sobre cumprimento da normatividade de equidade de xénero
Resultado 1.4: Existen procesos socioeconómicos, políticos e culturais das organizacións de mulleres populares e de identidades diversas articulados estratexicamente a escala nacional e rexional.
.
Actividades
A.4.1. Participación en eventos internacionais para situar axenda nacional da muller peruana e articular as campañas nacionais a instancias rexionais
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: Mulleres Diversas con diferentes problemáticas das mulleres populares, novas e adultas, en contextos urbanos e rurais, asociados a condicións precarias de vida, e ás súas loitas contra a pobreza, a violencia, e por unha vida digna. Ao referirse á diversidade, están a considerarse as diferenzas existentes entre as mulleres, tendo en conta categorías étnicas, territoriais, xeracionais e de orientación sexual.

Indirecta: Non hai información.
 
 

Axudas: 

70.000,00 € (2014)