Proxectos

Formación laboral como medio para a formación integral de adolescentes traballadores/as de Piura

Este proxecto pretende impulsar a formación integral de cen adolescentes do Departamento de Piura, ofrecéndolles un complemento formativo cuxo atractivo é a formación técnica laboral orientada ao afianzamento de habilidades laborais de cara ao desenvolvemento dun oficio. Esta formación permitiralles mellorar as súas condicións de vida e chegar a ser persoas que exerzan unha cidadanía activa que lles ofreza a oportunidade de protagonizar o seu propio desenvolvemento.

Para este fin traballarase a través de catro oficios laborais: Corte e confección, Barbería, Mecánica de motos e Cociña. Cada un destes oficios organizarase, procesual e loxicamente, a través de niveis de aprendizaxe, módulos, competencias, capacidades e aprendizaxes esperadas. Así mesmo, neste proceso de ensino- aprendizaxe, traballarase, ademais do afianzamento das habilidades laborais, nos hábitos de comportamento para favorecer o desenvolvemento de actitudes e aptitudes que lles permitan proxectar o seu futuro laboral.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Piura (departamento)
Axentes: 
TALLER DE SOLIDARIEDADE (FUNDACIÓN)
FUNDACIÓN BALMS PARA LA INFANCIA
Contraparte: 

Centro de Apoio a Nenos, Nenas e Adolescentes Traballadores e Traballadoras (CANAT)

Código CRS: 
11330 - Formación profesional
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao desenvolvemento integral dos e das adolescentes en situación de risco de Piura, fortalecendo as súas capacidades para ampliar as súas oportunidades de desenvolvemento persoal, familiar e laboral.
Obxectivo Específico: Implementar un programa de formación integral que permita afianzar as habilidades laborais e hábitos de comportamento que posibiliten unha mellora das condicións laborais dos e das adolescentes traballadores e traballadoras.

Resultados e actividades: 

Resultado.1.1.: Adolescentes traballadores e traballadoras, principalmente mulleres, inseridas no programa de formación integral, melloran as súas habilidades laborais e emprendedoras nun marco formativo que lles axuda a mellorar as súas condicións de vida.
Actividades:
A.1.1.1.: Actividades de inicio, que inclúen: A inscrición dos e das adolescentes. Visitas aos mozos e mozas que se inscribiron ou reinscribieron. Apertura aos espazos do programa ao que asistirán os mozos e mozas e as súas familias.
A.1.1.2.: Formación laboral en Patronaxe, corte e confección de pezas de vestir, barbería e estética, cociña e mecánica.
A.1.1.3. : Segumento e acompañamento nas prácticas laborais.
A.1.1.4.: Formación en coidado do medio ambiente e relacións equitativas entre homes e mulleres.
A.1.1.5.: Accións de integración e fortalecemento familiar.
A.1.1.6. : Seguimento e acompañamento familiar.
A.1.1.7. :Accións para o fomento da participación e o protagonismo dos e das adolescentes que participan do programa de formación laboral.
Resultado 1.2.: Adolescentes traballadores e traballadoras, priorizando a participación das mulleres, en situación de risco e exclusión, identifican a súa comunidade como espazo de fortalecemento das capacidades e habilidades adquiridas no programa.
Actividades:
A.1.2.1: Campañas en centro penal de Piura.
A.1.2.2. Campañas en centro psiquiátrico.
A.1.2.3. Campañas no centro xuvenil.
A.1.2.4. Campañas de proxección comunitaria en confeccións, barbería, cociña mototaxis e motos lineais onde aplican de xeito práctico accións de coidado do medio ambiente.
Resultado 1.3.: Adolescentes formados e formadas nun oficio laboral insérense nun espazo de proxección comunitaria.
Actividades:
A.1.3.1.: Programa de Formación Continua, onde se inclúe formación en relacións equitativas, coidado do medio ambiente e interculturalidad.
A.1.3.2: Xornada de sensibilización en educación para a paz
A.1.3.3: Teatro de sensibilización en coidado do medio ambiente e restitución de dereitos.
A.1.3.4: Xornadas de capacitación para facilitadoras e facilitadores de ludotecas.
A.1.3.5: Programa Radial onde se abordan temas de xénero e diversidade cultural.
Resultado.1.4.: Equipo de traballo (formadores técnicos dos oficios laborais, responsables de seguimento e acompañamento de adolescentes, e responsable de áreas) integrado, cohesionado e formado en enfoque de xénero; traballa e fai fronte á problemática dos nenos, nenas e adolescentes en situación de risco.
Actividades:
A.1.4.1: Xornadas de Planificación anual.
A.1.4.2: Xornadas de avaliación institucional.
A.1.4.3: Reunións de equipo e de formación.
A.1.4.4: Xornadas de integración.
A.1.4.5: Pasantía local e/ou nacional.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 100 adolescentes (60% mulleres).
Indirecta: Familiares (1.350 persoas).

Axudas: 

121.446,00 (2012: 36.433,80 ; 2013: 85.012,20 )