Fortalecemento da compra pública responsable na administración pública galega a través da formación do seu persoal.
O proxecto obxecto do convenio ten como finalidade contribuír a mellorar o sector galego da cooperación para o desenvolvemento mediante o fortalecemento do persoal da Administración galega e dos distintos axentes, así como sensibilizar á sociedade en xeral da importancia da cooperación para o desenvolvemento.
Obxectivo Xeral: mellorar o sector galego de cooperación para o desenvolvemento mediante o fortalecemento do persoal da Administración galega e dos distintos axentes, así como sensibilizar á sociedade en xeral da importancia da cooperación para o desenvolvemento, e máis concretamente do comercio xusto e o consumo responsable.
Organización e desenvolvemento dun curso de formación sobre a compra ética pública e a introdución de criterios éticos e sociais na contratación pública
O devandito curso pretende ser unha formación específica para os empregados e empregadas públicas das administracións galegas e dos axentes galegos de cooperación, dirixido a incrementar o coñecemento do persoal técnico das entidades sobre o comercio xusto, o consumo responsable e as ferramentas prácticas para a implantación de criterios de compra pública responsable nos trámites de contratación de produtos e servizos para a Administración.
3.000,00 euros