Proxectos

Fortalecemento das accións de vacinación contra o Coronavirus, a Polio e o Sarampelo nas Redes de Saúde dos departamentos da Paz, Cochabamba e Pando. Bolivia

O proxecto conta con accións que estarán dirixidas a mellorar o acceso á vacinación de poboacións de áreas periurbanas e rurais de difícil acceso en 43 redes de saúde dos Departamentos da Paz, Cochabamba e Pando. O financiamento da Xunta de Galicia estará dirixida a 15 destas redes. O proxecto divídese en tres liñas de actuación:

  1. Vacinación: A vacinación contra o COVID19 en adultos e vacinación de menores de 5 anos coas vacinas do esquema establecido no país, facendo énfase na antipoliomielítica, anti-sarampionosa.
  2. Sensibilización: Difusión de mensaxes clave sobre a importancia da vacinación por medios masivos e en idiomas nativos, conforme á Estratexia de Comunicación do Ministerio de Saúde que está en proceso de construción, tanto para a poboación en xeral como para o sector privado.
  3. Distribución: A fin de garantir a cadea de frío necesaria para a conservación da vacina, asegurarase o transporte de 1.400 caixas frías ata as Redes de Saúde de todo o país. As caixas frías serán utilizadas para a conservación das vacinas durante as campañas de vacinación, asegurando a súa calidade e efectividade. Tamén se comprarán refrixeradores para asegurar o mantemento adecuado das vacinas nas Redes de Saúde.
Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
América do Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Cochabamba (departamento)
La Paz (departamento)
Pando (departamento)
Axentes: 
UNICEF
Código CRS: 
12250 - Control enfermidades infecciosas
Obxectivos: 

Xeral: Previr e mitigar os impactos da pandemia do COVID-19 en departamentos da Paz, Cochabamba e Pando en Bolivia.

Específico: Mellorar o acceso da poboación a servizos de vacinación, en adultos contra o coronavirus e en menores de cinco anos contra o sarampelo /poliomielitis por medio de campañas de vacinación e accións de comunicación social, nun contexto de dereitos, equidade de xénero e aspectos culturais, así como coa ampla participación da comunidade organizada.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecidas as accións de vacinación no ámbito de intervención con campañas de vacinación que inclúen as instalacións de puntos de vacinación, mobilización de brigadas vacinación que chegasen a zonas e comunidades afastadas de difícil acceso.

            A.1.1.1. Execución de campañas de vacinación en 43 Redes de Saúde dos departamentos de Pando, Cochabamba e A Paz.

RE 1.2. Desenvoltas estratexias de comunicación coas que sensibilizar á poboación en xeral, incluído o persoal de empresas do sector privado e as súas familias, de maneira que favoreza e mellore a demanda de servizos de vacinación tanto contra o COVID- 19 como contra o sarampelo, poliomielitis e outros do esquema de vacinación dirixidos ao menor de 5 anos.

            A.1.2.1. Implementación da estratexia de comunicación e mobilización social para favorecer a demanda e acceso á vacinación.

RE 1.3.  Fortalecido o mantemento adecuado das vacinas coa entrega en terreo de caixas frías ás Redes de Saúde do país encargadas do proceso de vacinación.

             A.1.3.1. Compra de refrixeradores e traslado de caixas frías ás rexións subnacionales para o fortalecemento da cadea de frío.

Poboación beneficiaria: 

As accións propostas estarán dirixidas a mellorar o acceso á vacinación de poboacións de áreas periurbanas e rurais de difícil acceso dos Departamentos da Paz, Cochabamba e Pando.

Estímase chegar a:

  • Coberturas de vacinación: 243.810 (26%) de maiores de 18 anos inmunizados coa vacina contra o coronavirus (COVID-19) nos departamentos da Paz, Pando e Cochabamba.
  • 20.088 (17%) nenos menores de 5 anos con vacina anti-sarampelo e antipoliomielítica.
  • Sensibilización e información coa empresa privada: 2 empresas, 714 persoas.

En total 264.612 persoas beneficiarias de maneira directa.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 100.000,00 €