Fortalecemento das capacidades locais para a produción e consumo responsable de alimentos, e o desenvolvemento económico con enfoque de soberanía alimentaria e cambio climático, en comunidades rurais dos municipios de Nacaome e Amapala, Honduras
O proxecto pretende fortalecer as capacidades locais para garantir o dereito á alimentación a través dunha acción integral con enfoque de soberanía alimentaria e cambio climático nos municipios de Ampala e Nacaome, departamento de Valle (Honduras). Traballase directamente con 129 familias organizadas en sete grupos locais de agricultores (as) e pescadores (as) artesanais das comunidades.
Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF)
Obxectivo xeral: Asegurado o dereito á alimentación con enfoque de soberanía alimentaria en poboacións vulnerables do sur de Honduras.
Obxectivo específico: Promovido o dereito á alimentación con enfoque de soberanía alimentaria e cambio climático a través do fortalecemento das capacidades do sector primario artesanal e familiar, e o consumo responsable nos municipios de Amapala e Nacaome, departamento de Valle, Honduras.
Resultado.1.1 Mellorada a sustentabilidade da produción agrícola e pesqueira con grupos locais.
A.1.1.1 Aplicación dunha escola de boas prácticas de produtos pesqueiros.
Actividades
A.1.1.2 Aplicación dunha rede de fincas de referencia.
A.1.1.3 Diversificación da produción pesqueira e agrícola.
A.1.1.4 Desenvolver un programa de mellora participativa de variedades e manexo do bosque seco.
A.1.1.5 Sistematización da metodoloxía de PM.
A.1.1.6 Mellora do programa gvSIG para a xestión de información de fincas agropecuarias.
Resultado.1.2 Fortalecidas as capacidades locais para a resiliencia ante o cambio climático e o manexo integrado de recursos terrestres e mariños con enfoque de soberanía alimentaria.
Actividades
A.1.2.1 Deseño e aplicación sobre sistema de alerta temperá en seca (SAT).
A.1.2.2 Promoción de accións para a conservación dos recursos na zona alta, media e baixa da micro cunca (delimitación, concursos, protección de fontes de auga, instalación de basureiros, control de lumes, rotulación, reprodución de materiais educativos ambientais, limpeza de esteros, restauración de manglar).
A.1.2.3 Plan de formación dos consellos consultivos comunitarios (COCOCO) e CODEM para a xestión de risco na zona costeira.
A.1.2.4 Promoción de accións para a sensibilización e xestión dos recursos terrestre e mariño-costeiros.
A.1.2.5 Formación técnica en ambiente e cambio climático a produtores e persoal técnico.
Resultado.1.3 Incrementadas as capacidades e incidencia para o fomento do consumo responsable de alimentos.
Actividades
A.1.3.1 Estudio sobre o impacto do consumo de alimentos non saudables, con escaso valor nutricional e non axeitados culturalmente en comunidades rurais.
A.1.3.2 Formación sobre consumo responsable de alimentos a mesas municipais e sectoriais de Seguridade Alimentaria e Nutricional (SAN).
A.1.3.3 Campaña de sensibilización sobre o consumo responsable en centros escolares e comunidades.
A.1.3.4 Formulación de estratexia institucional de soberanía alimentaria de CODDEFFAGOLF.
Resultado.1.4 Promovidos emprendementos empresariais con enfoque de xénero e xuventude.
Actividades
A.1.4.1 Organización e formación de grupos de mulleres e mozos/as (teoría da organización, normas parlamentarias, mecanismos de control interno).
A.1.4.2 Módulos formativos a mulleres e mozos/as sobre autoestima, habilidades comunicativas, participativas e de liderazgo.
A.1.4.3 Escola de formación para mozos/as e mulleres en desenvolvemento empresarial e cadeas produtivas.
A.1.4.4 Fondo rotatorio para a aplicación de 3 emprendementos (mulleres e mozos/as).
Directa: 40 familias que forman parte de tres emprendementos económicos agricultores/as, pescadores/as nos municipios de Nacaome; 40 familias con fincas de referencias; 24 familias da APACHAC; 20 familias de mulleres marisqueiras de Amapala; 17 familias comité de investigación agrícola local. Á súa vez, o proxecto contempla actuacións de fortalecemento institucional co socio local e coa Alcaldía de Nacaome e Amapala. Total: 1.446 persoas.
Indirecta: A poboación indirecta do proxecto confórmana o total dos habitantes dos municipios de Nacaome e Amapala xa que as accións executadas repercutirán na resiliencia do cambio climático, diminución da contaminación do medio ambiente, acceso a alimentos máis diversificados e o incremento dos ingresos polo desenvolvemento de iniciativas económicas.
174.900,00 € (2015: 87.450,00 €; 2016: 87.450,00 €)