Fortalecemento de capacidades para a xestión dos riscos de desastre en comunidades lacalizadas na conca do río Samalá. Fase III
Guatemala conta cun total aproximado de 13 millóns de habitantes, dos cales case o 60 por cento son indíxenas, ten unha economía que se sustenta na agricultura e na agroindustria, pero o 2,6 por cento dos grandes latifundios ocupan o 65 por cento da terra cultivable e o 88 por cento das propiedades engloban tan só o 16 por cento da terra dispoñible.
O 50 por cento da poboación vive en situación de pobreza, e 40 de cada 100 guatemaltecos en pobreza extrema. O 82 por cento da pobreza está concentrada na área rural; o 65 por cento da poboación total reside nesta área, onde tres de cada cinco persoas pobres son indíxenas.
O proxecto execútase en dous dos nove municipios que integran o departamento de Retalhuleu, que son Retalhuleu municipio (cabeceira do departamento) e Champerico. Debido á súa situación e condicións xeográficas a área de intervención do proxecto constantemente vese afectado por:
Inundacións: provocadas por enchentes do río Samalá ou por choivas intensas ou continuas na área de intervención provocada por furacáns, tormentas tropicais que con frecuencia azoutan o litoral pacifico guatemalteco.
Secas: producidas por irregularidades no réxime de chuvias a causa da variabilidade climática producida polo cambio climático, o cal se notou constantemente, especialmente nos últimos anos. Ambos fenómenos afectan á produtividade agrícola de las comunidades obxecto de intervención
Movementos telúricos: fronte á costa do municipio de Champerico sitúase a zona de subdución entre as placas do Caribe e Cocos, o cal xera unha boa cantidade de sismos cada ano.
Outra condición de vulnerabilidade para as comunidades onde se executa o proxecto é o desarraigamento, na súa maioría as comunidades están integrada por poboación indíxena provinte do altiplano guatemalteco onde as condicións produtivas son diferentes ás da costa, polo que o seu asentamento na rexión requiriu varios anos de adaptabilidade ás condicións climáticas, topográficas e sociais.
Coas comunidades iniciouse o traballo no 2008 dentro do marco do programa de cooperación da Xunta de Galicia. O primeiro proxecto cunha duración de 6 meses (xullo a decembro de 2008) xerou as condicións de inserción e confianza das comunidades, os que ao principio proporcionaron dous membros de cada comunidade para traballar co proxecto.
No 2009 deuse un salto cualitativo e cuantitativo: organizáronse comisións comunitarias en cada comunidade que contaban con doce integrantes cada unha, establecéronse coordinacións con CORREDE e coas autoridades municipais e xerouse unha boa comunicación entre as comisións comunitarias, os alcaldes, a CORREDE e o CPDL. Deste xeito se logrou a acreditación e recoñecemento de 14 das 18 comisións como Coordinadoras Locais de Redución de Desastres (COLRED) co cal se integraron a sistema nacional de CORREDE.
Na presente proposta búscase fortalecer as capacidades das comisións comunitarias, poñer a proba as súas capacidades e coordinacións así como incidir nos espazos de toma de decisión no ámbito municipal con miras a xerar condicións de xestión de risco.
Asociación Colectivo Poder y Desarrollo Local CPDL
Obxectivo Xeral: Contribuír ao desenvolvemento dos municipios de Champerico e Retalhuleu, reducindo o impacto de desastres socio-naturais e sentar as bases para o coidado medioambiental.
Obxectivo Específico: Ao finalizar o proxecto, estará mellorado o nivel de preparación e a capacidade de resposta ante desastres, de 16 comunidades, dous barrios e das municipalidades de Champerico e Retalhuleu no departamento de Retalhuleu.
77463,75