Garantir condicións para a superación da fenda educativa provocada pola pandemia COVID 19 en comunidades indíxenas de Totonicapán
Co proxecto espérase que 11 comunidades educativas indíxenas de Totonicapán poidan exercer o seu dereito a unha educación de calidade, xerando as condicións para a superación da fenda educativa xerada polas restriccións á educación presencial no marco da pandemia pola Covid 19
Fundación Educativa Fe y Alegría
Xeral: Favorecer o exercicio do dereito a unha educación de calidade da poboación infantil maya quiché ante a crise provocada pola pandemia COVID-19
Específico: Garantir condicións para a superación da fenda educativa provocada pola pandemia COVID 19 en 11 comunidades indíxenas de Totonicapán, con especial atención a nenas e mulleres.
R.1. Nenos, nenas e mozos/as das comunidades educativas nivelaron as aprendizaxes que quedaron inconclusas por mor da pandemia COVID 19
A.1.1. Diagnóstico pre e post acerca da situación das aprendizaxes xeradas nos estudantes
A.1.2. Deseño de estratexia pedagóxica para a recuperación de aprendizaxes nos estudantes
A.1.3. Realizar actividades de reforzo das aprendizaxes
A.1.4. Desenvolver comunidades de aprendizaxe con docentes
R.2. Garantidas as condicións para a reapertura segura de escolas rurais
A.2.1. Implementar protocolo institucional para a volta a clases presenciais
A.2.2. Mellorar as condicións de saneamento escolar e acceso á auga en catro comunidades (Choalimón, Chiguán, Pajumet y Gualtux).
R.3. Implementada unha estratexia integral, con enfoque de xénero e pertinencia cultural, de restauración da saúde mental, física e emocional das comunidades educativas
A.3.1. Diagnóstico acerca da situación da saúde en docentes, nenos, nenas, xóvenes e as súas familias, con énfase na saúde mental.
A.3.2. Deseñar e implementar Programa de Educación para a Saúde con pertinencia cultural
A.3.3. Apoiar ás nenas a mellorar as súas prácticas de hixiene menstrual
A.3.4. Actividades con nenas para a mellora da súa autoestima
A.3.5. Desenvolver grupos comunitarios de autoaxuda de mulleres
A.3.6. Implementar comités comunitarios de saúde
Directa: 2.294 persoas (444 homes, 567 mulleres, 682 nenos e 601 nenas)
Indirecta: 386 persoas (135 homes e 251 mulleres)
Axuda Xunta de Galicia:
174.997,69 € (69.999,08 € en 2022 e 104.998,61 € en 2023)