Garantir o acceso a unha educación de calidade e a unha contorna comunitaria pacífica e protexido na localidade de Bambari, República Centroafricana
As situacións vitais e as relacións interpersoais en contornas cronificadas por conflitos armados constrúense desde unha violencia que se atopa enquistada en todos os substratos sociais. Desta maneira, as únicas opcións viables para a resolución dos conflitos cotiáns e inevitables, pasan pola agresividade, a rudeza e a violencia; ante a capacidade de alternativas de carácter pacífico no imaxinario social. A presente intervención pretende contribuír a construír e promover un imaxinario novo, que transite do que destrúe ao que constrúe. Para iso, os espazos de educación formal e non formal concíbense como os lugares idóneos para promover ese encontro entre comunidades desprazadas, retornadas e de acollida. Así, e tendo como colectivo meta da intervención ás persoas desprazadas de 10 comunidades da localidade de Bambari, a intervención pivota ao redor de tres eixos fundamentais: a mellora das condicións educativas; a promoción da cohesión social; e a promoción de medios de vida para as persoas máis vulneralizadas pola guerra en República Centroafricana. Estas tres liñas de intervención están atravesadas polo acompañamento psico-social que o JRS incorpora de maneira transversal e sectorial a todas as súas intervencións; xerando espazos de protección, seguridade e curación.
Servizo Xesuíta ao Refuxiado - JRS
Obxectivo xeral: Contribuír á promoción duns estándares mínimos de calidade de vida das persoas desprazadas pola guerra na localidade de Bambari (República Centroafricana)
Obxectivo específico: Garantir o acceso a unha educación de calidade e a unha contorna comunitaria pacífica e protexido para 6,449 persoas desprazas internas (41% mulleres) poñendo o foco nos grupos poboacionais máis vulnerados polo conflito crónico na prefectura de Bambari (República Centroafricana)
RESULTADO 1.1: Promovido o acceso a unha educación de calidade en condicións de salubridade e protección psicosocial para 3.261 nenas, nenos e adolescentes desprazados e retornados de 8 escolas de Bambari.
A.1.1. Rehabilitación e mellora dos espazos escolares
A.1.2. Adquisición e distribución de materiais necesarios para o correcto funcionamento das clases de preescolar e de primaria.
A.1.3. Formación do profesorado de preescolar
A.1.4. Campañas de sensibilización nas escolas
A.1.5. Seguimento pedagóxico en todos os niveis educativos
A.1.6. Acompañamento psicosocial de proximidade
RESULTADO 1.2: Reforzada a cohesión social nos ámbitos da educación formal e non formal, dirixida especialmente aos nenos, nenas e adolescentes desmobilizados do conflito e en situación de desemprego.
A.2.1. Formacións en cultura de paz e resolución pacífica de conflitos
A.2.2. Alfabetizacións como proposta para a prevención de conflitos
A.2.3. Promoción dos Clubs deas Amis (clubs de amigos e amigas)
RESULTADO 1.3: Promovida a integración socioeconómica de 254 mozos e 96 mozas desmobilizadas do conflito armado e en situación de desemprego.
A.3.1. Reforzo escolar específico para as mozas e os mozos desmobilizados do conflito armado.
A.3.2. Seguimento específico aos mozos e mozas desmobilizadas de conflito armado.
A.3.3. Impulso dunha Actividade Xeradora de Ingresos para mozos e mozas desmobilizadas do conflito armado.
Directa: A poboación beneficiaria directa é de 4.699 persoas, das cales 364 son mulleres, 656 homes, 1615 nenas e 2064 nenos.
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é de 1760 persoas, das cales 1056 son homes e 704 mulleres.
Axuda Xunta de Galicia: 49.689,53 € (2018)