Impulsando a Educación Vocacional e Formación Técnica con Equidade de Xénero en barrios marxinais de Ciudad Sandino e en comunidades rurais de Somotillo, Nicaragua
O proxecto contribuirá a que as nenas, nenos, adolescentes e mozos/as procedentes de barrios e comunidades marxinais nos municipios de Ciudad Sandino podan acceder a unha formación técnica (dentro dos cursos de secundaria) e a unha educación técnica posterior de bastante máis calidade. En concreto, o proxecto vai reforzar especialmente dous aspectos crave unha visión sobre o xénero e unha formación teórica e práctica específica en emprendemento e habilidades para a inserción no mundo laboral.
Fundación Fe y Alegría, Nicaragua
Obxectivo xeral: Mellorar permanentemente a calidade dos procesos e resultados dos distintos programas de educación e de promoción social como plataforma de transformación das comunidades con énfase na equidade de xénero, prevención da violencia, a formación para o traballo e a cidadanía.
Obxectivo específico: Fortalecer a educación vocacional e a formación técnica, integrando o enfoque de xénero na oferta educativa dos Centros Roberto Clemento, Nuestra Señora de Guadalupe e o Instituto Básico Rural Agropecuario, IBRA.
Resultado.1.1 (2,733) nenas, nenos e adolescentes, acceden á orientación vocacional e formación técnica que integra un enfoque de equidade de xénero nos procesos de ensino-aprendizaxe.
Actividades
A.1.1.1 Elaboración da Líña de Base do Proxecto.
A.1.1.2 (4) Obradoiros de formación con mestras/es de primaria e secundaria para sensibilizar sobre a perspectiva de xénero na educación.
A.1.1.3 (2) Obradoiros de formación con docentes de OTV e instrutores de Educación Técnica para a aplicación das adecuacións curriculares e programas formativos de educación técnica con enfoque de xénero.
A.1.1.4 (12) Charlas de motivación a estudantes, nais, pais e titores sobre a importancia da Educación Técnica e a integración de homes e mulleres á oferta técnica dos Centros (Roberto Clemente, NSG e IBRA).
A.1.1.5 (4) Feiras Técnicas e Produtiva promovendo a Educación Técnica con enfoque de equidade de xénero a nivel de centros (RC-NSG) e a comunidade (IBRA).
A.1.1.6 Aplicación de instrumentos para monitorio dos indicadores do Proxecto. (ano1 e final).
Resultado.1.2 (2.921) persoas da comunidade escolar e comunitaria, acceden a unha formación técnica que impulsa o seu emprendemento e a súa conexión co mundo laboral cunha perspectiva de xénero.
Actividades
A.1.2.1 Estudio de demanda laboral e oferta técnica no Municipio de Ciudad Sandino.
A.1.2.2 (4) Cursos de habilitación laboral no Centro Nuestra Señora de Guadalupe. (Repostería, Electricidade Residencial, Corte, Confección e Xastrería, Beleza e estilismo profesional.)
A.1.2.3 (2) Cursos de Xestión de autoempleo e microempresas a mulleres. (Plans de negocios)
A.1.2.4 (20) Emprendementos socioeconómicos a mulleres formadas nos cursos de habilitación laboral. (Kit de materiais)
A.1.2.5 (2) Intercambios de experiencias con organizacións e redes educativas que desenvolven educación técnica e emprendementos socioeconómicos
A.1.2.6 Construción e equipamento de 1 aula taller para Neumática e Hidráulica, no Centro Roberto Clemente.
A.1.2.7 Dotación de material didáctico e funxible para a OTV, os obradoiros e as prácticas produtivas do estudiantado.
A.1.2.8 Campaña de sensibilización con perspectiva de xénero sobre a importancia da Educación Técnica a nivel comunitario e municipal (Ciudad Sandino e Somotillo).
A.1.2.9 Acompañamento técnico dos procesos da Educación Técnica nos 3 Centros: Roberto Clemente, NSG e IBRA.
Directa: Nenos, nenas, adolescentes e mozos/as estudantes e docentes dos Centros Educativos; Roberto Clemente, Nuestra Señora de Guadalupe y el Instituto Básico Rural Agropecuario IBRA. Esta poboación beneficiaria habita en zonas suburbanas, urbano marxinais e rurais, onde salientase a carencia de oferta técnica do sector industrial e agropecuaria. Total: 5.385 persoas.
Indirecta: O número de poboación beneficiaria indirecta ascende a 14.605 persoas, considerando que en Nicaragua a familia está conformada por 5,9 persoas de media.
175.000,00 € (2015: 87.500,00 €; 2016: 87.500,00 €)