Proxectos

Impulsando o consumo sustentable e a alimentación ecolóxica nunha ciudadanía crítica e informada (eco-consumo AdT)

O presente proxecto segue unha liña de continuidade e reforzamento do traballo previo realizado no eido da sensibilización sobre a situación alimentaria global e a formación-capacitación no eido do consumo sustentable. O obxectivo é ampliar o traballo realizado na sociedade galega a prol doutro modelo de consumo e da construción de redes de colaboración cidadás. Baixo esta visión o proxecto vertébrase en dúas liñas de traballo: 1. A difusión da problemática alimentaria global e 2. O fomento da implicación da cidadanía en iniciativas de consumo sustentable
O primeiro eixe traballarase a través de dúas actividades. Por unha banda, levarase a cabo unha labor de achegamento e divulgación dixital de informes e materiais audiovisuais sobre a
situación alimentaria e os impactos do actual sistema de produción. Para isto, aproveitaranse os recursos de toda a rede de Amigos de la Tierra Internacional, así como plataformas sectoriais e organizacións referentes na materia. Por outra banda, organizaranse obradoiros e actividades sobre os impactos do sistema agroalimentario, partindo da actualización dun informe sobre a incidencia das importacións de alimentos no cambio climático, elaborado pola Universidade de Vigo e Amigos de la Tierra España. O segundo eixe artellarase a través de distintas actividades de difusión de alternativas e modelos de consumo, facilitado sempre a capacitación e a implicación da cidadanía nas mesmas.

Ano: 
2013
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuído á sensibilización sobre a problemática alimentaria como causa de empobrecemento e ao fomento de alternativas de produción e alimentación sustentable na sociedade galega.
Obxectivo Específico: Achegadas e fomentadas alternativas de consumo sustentable entre a cidadanía galega.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Divulgadas na sociedade as causas das principais problemáticas alimentarias globais.
Actividades:
A.1.1.1: Difusión dixital e achegamento de informes sobre o actual sistema alimentario como causa de empobrecemento.
A.1.1.2: Preparación e celebración de actividades de divulgación sobre os impactos e alternativas do sistema agroalimentario.
Resultado 1.2: Fomentado o coñecemento e a implicación da sociedade en iniciativas de consumo sustentable.
Actividades:
A.1.2.1: Organización e posta en marcha dun encontro de grupos de consumo.
A.1.2.2: Organización e posta en marcha da III edición do “Curso de horto
ecolóxico”.
A.1.2.3: Organización e posta en marcha de visitas a fincas de produtores/as ecolóxicos/as locais.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 100 (60 mulleres)
Indirecta: 200
 

Axudas: 

10.476,00 (2013:4.190,40; 2014:6.285,60)