Proxectos

Investigación-Acción-Formación para fortalecer a educación e integración do dereito ao hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia - Fase 3

O proxecto é a terceira fase dun programa que consta de catro fases que propón diversos tipos de estratexias e accións para fortalecer as capacidades e recursos de diferentes actores para o traballo dos dereitos do habitat. Para isto, Arquitectura Sen Fronteiras focalízase en centros educativos de secundaria, realizando actividades a modo de laboratorio. Tamén se centra na facilitación de espazos de formación e de produtos de sensibilización para axentes multiplicadores neste campo, tanto docentes de secundaria nesta fase 3, como outro tipo de actores de educación non formal ou relacionados co deseño e xestión do hábitat. Ademais, tamén se pretende desenvolver accións relacionadas coa sistematización de experiencias e a investigación-acción participativa e fortalecer as capacidades e ferramentas da organización mediante avaliacións externas e un seguimento sistemático de proxectos de forma grupal.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía crítica e activa na defensa do Dereito ao Hábitat en Galicia.

Específico: Incrementado o coñecemento sobre problemáticas sobre o Dereito ao Hábitat, e a adquisición de competencias e ferramentas para a defensa deste, cun enfoque ecosocial e ecofeminista, no contexto educativo de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Deseñada e implementada a Fase 3 dun programa de formación-acción sobre o Dereito ao Hábitat dende un enfoque ecosocial, co alumnado de 3º de ESO e coa comunidade educativa do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña.

            A.1.1.1. Deseño dos contidos e metodoloxía do Obradoiro Participar para coidar (Fase 3): A pel do Mundo.

            A.1.1.2. Execución do Obradoiro Participar para Coidar (Fase 3): Pel con Pel.

            A.1.1.3. Acción ou iniciativa vencellada á mellora do Dereito ao Hábitat no centro educativo.

RE 1.2. Deseñadas e desenvolvidas ferramentas de sensibilización e accións de formación transdisciplinar sobre o Dereito ao Hábitat con axentes multiplicadores clave ligados á educación e xestión social do hábitat.

            A.1.2.1. Deseño do curso de formación transdisciplinar Transformando IV.

            A.1.2.2. Deseño e desenvolvemento do Seminario Hábitat a escala Humana (VIII Edición).

            A.1.2.3. Formación interna da base social, voluntariado e persoal técnico.

            A.1.2.4. Divulgacion y sensibilizacion do dereito ao habitat e do proxecto.

RE 1.3. Desenvolvidos procesos e materiais no marco dun proceso de investigación-acción-participativa para a integración do Dereito ao Hábitat en centros educativos.

            A.1.3.1. Rexistro e sistematización dos obradoiros no IES Fase “A pel do mundo”.

            A.1.3.2. Realizar un proceso de investigación-acción (Fase 3) sobre experiencias educativas do Dereito ao Hábitat.

            A.1.3.3. Deseño e desenvolvemento do Workshop “Habitar para coidar”.

RE 1.4. Xeradas ferramentas para o seguimento e xestión axeitada do coñecemento no proxecto.

            A.1.4.1. Elaboración da liña de base sobre o coñecemento do dereito ao hábitat do alumnado e dos axentes multiplicadores participantes.

            A.1.4.2. Avaliación final externa.

            A.1.4.3. Seguimento da difusión e emprego dos produtos elaborados e publicados na fase 2: aplicación Dereito ao Hábitat e Unidades Didácticas 1 e 2.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 374 persoas beneficiarias de maneira directa das cales 96 son homes, 178 mulleres, 50 nenos e 50 nenas.

Indirecta: 500 persoas as cales se dividen en 250 nenos e 250 nenas.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 34.829,00 € (2021: 13.931,60 € ; 2022: 20.897,40 €)