Investigación-Acción-Formación para fortalecer a educación e integración do dereito ao hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia. Fase I
O proxecto consiste no deseño, elaboración, execución e avaliación do conxunto de accións que ASF Galicia focaliza nos centros educativos de secundaria e na facilitación de espazos de formación para axentes multiplicadores neste campo. Deste xeito, inicia un proceso en catro fases, que aglutina accións de sistematización, investigación-acción, e accións de formación sobre o dereito ao hábitat coa poboación de secundaria do IES Ramón Menéndez Pidal e axentes multiplicadores ligados a ela (docentes, profesionais da arquitectura ligados a procesos participativos, educativos, educación non formal, alumando destas disciplinas, etc.)
O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía crítica e activa na defensa do Dereito ao Hábitat en Galicia desde un enfoque de DDHH, do ecofeminismo e enfoques ecosociais.
A poboación directa son 100 alumnos/as de primeiro da ESO, os seus docentes, orientación e equipo directivo aínda que as accións transcenden as aulas e chega ao resto da comunidade educativa. Tamén axentes multiplicadores que participan nas actividades e que se identifican como axentes multiplicadores clave polo seu labor presente ou futura na educación formal. Tamén se involucran e benefician neste proxecto o propio grupo de educación de ASF, un grupo de profesorado da UDC e voluntariado.
Obxectivo xeral: Contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía crítica e activa na defensa do Dereito ao Hábitat en Galicia.
Obxectivo específico: Incrementado o coñecemento das problemáticas e as capacidades relacionadas coa defensa do dereito ao hábitat no contexto educativo de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia.
RE1.1: Deseñada e implementada a Fase 1 dun programa de formación-acción sobre o dereito ao hábitat con alumnado de 1º da ESO do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña.
A 1.1.1.: Deseño dos contidos e metodoloxía do Obradoiro Participar para coidar (Fase I): habitando a propia pel.
A 1.1.2.: Execución do Obradoiro Participar para Coidar (Fase I): Habitando a propia pel.
A 1.1.3.: Acción ou iniciativa vinculada á defensa do dereito ao hábitat no centro educativo.
RE 1.2: Deseñadas e desenvoltas accións de formación transdisciplinar sobre o Dereito ao Hábitat con axentes multiplicadores clave ligados á educación e xestión social do hábitat.
A 1.2.1: Deseño e desenvolvemento do curso de formación transdisciplinar Transformando 2.
A 1.2.2: Deseño e desenvolvemento do Seminario Hábitat a escala Humana (VI Edición)
RE1.3: Definida e elaborada a estrutura e o marco inicial de investigación- acción sobre a integración do Dereito ao Hábitat en centros educativos.
A 1.3.1.: Sistematizar, maquetar e publicar na web de Recursos educativos o material deseñado para o Obradoiro Participar para coidar (Fase I): habitando a propia pel.
A 1.3.2.: Realizar un proceso de investigación-acción (Fase I) sobre experiencias educativas do dereito ao hábitat.
A 1.3.3.: Realizar sesións de acompañamento e asesoría por parte dun equipo de docentes da UDC e dunha asistencia técnica externa no proceso de sistematización e Investigación-acción participativa.
RE 1.4: Xeradas ferramentas para a xestión idónea do proxecto e fortalecemento formativo interno de ASF-Galicia.
A 1.4.1.: Elaboración da liña de base sobre o coñecemento do dereito ao hábitat do alumnado e dos axentes multiplicadores participantes. (Inicial e final para seguimento de indicadores).
A 1.4.2.: Avaliación final externa.
A 1.4.3.: Formación interna 2019-2020.
A 1.4.4.: Difusión do proxecto.
Directa: O conxunto de poboación beneficiaria son 373 persoas (144 homes e 229 mulleres), configurada polo conxunto do profesorado de secundaria, o alumnado de secundaria, os profesionais de arquitectura (axentes multiplicadores chave), o profesorado universitario da UDC e o voluntariado de ASF.
Indirecta: O conxunto de poboación beneficiaria son 600 persoas (300 homes e 300 mulleres), conformada polo conxunto de alumnado de secundaria e o alumnado de centros educativos participantes do Proxecto Terra no Plan Proxecta que teñan contacto cos materiais elaborados.
Axuda Xunta de Galicia: 34.860,00 € (2019:13.944,00 €; 2020:20.916,00 €)