Proxectos

Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento na Educación Secundaria Obrigatoria no ensino superior universitario de Galicia

O proxecto parte das achegas postas de manifesto nas catro investigacións anteriores levadas a cabo entre SIG e o grupo de investigación PEHS da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña financiadas pola DXRE nas convocatorias 2013, 2014,2015 e 2016.

Trata dun estudo de tipo cualitativo no que se empregan un conxunto de técnicas e procedementos como a Investigación-Acción Participativa, as observacións, as entrevistas, análise de datos e informantes chave.

O que se pretende é  xerar coñecemento científico sobre como introducir a dimensión global da EpD na educación formal en Galicia, así como explorar as posibilidades de aumentar a implicación do profesorado dos centros.

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Traballada transversalmente a educación para o desenvolvemento e a cidadanía global na educación formal en Galicia

Obxectivo específico: Xerado coñecemento sobre como introducir a dimensión global da EpD na Educación Secundaria Obrigatoria e na formación inicial do ensino superior universitario de Galicia

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Integrado curricularmente o paradigma da dimensión global da EpD na formación inicial dalgunhas materias das titulacións de grao en Educación Social, grao en Educación Infantil e grao en Educación Primaria da Universidade da Coruña.

Actividade 1.R1. Integrar a formación en EpDCG de xeito transversal no currículo das materias universitarias participantes no proxecto de investigación.

Actividade 2.R1. Formar ao profesorado universitario participante no proxecto nas metodoloxías e posta en práctica de intervencións aliñadas coa EpDCG.

Actividade 3.R1. Realizar 3 estadías en universidades nacionais e internacionais para coñecer o seu traballo na transversalización da EpD e elaborar un informe das mesmas.

Actividade 4.R1. Xestionar o coñecemento para o desenvolvemento do proxecto a través dunha liña de base con enfoque de xénero.

Actividade 5.R1. Deseñar e implementar unha proposta formativa nas aulas das titulacións participantes empregando as novas tecnoloxías.

Resultado 2: Sistematizado e difundido o coñecemento xerado ao longo das 4 investigacións previas financiadas pola DXRE nas convocatorias de EPD 2013, 2014, 2015 e 2016.

Actividade 1.R2. Elaborar unha sistematización do contido teórico das 4 investigacións.

Actividade 2.R2. Deseñar, maquetar e publicar un libro que recolla o coñecemento obtido nas 4 investigacións.

Resultado 3: Sentadas as bases para a creación dun premio galego de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global

Actividade 1.R3. Identificar e seleccionar a 4 tipos de informantes chave implicados na EPDCG: Xunta de Galicia, ONGD galegas, outros/as expertos/as en EPD e profesorado de alo menos 10 centros educativos galegos.

Actividade 2.R3. Realizar e transcribir entrevistas aos informantes chave e devolver a información

Actividade 3.R3. Levar a cabo un proceso de consulta participativo entre os informantes chave a través dunha xornada de traballo conxunto.

Actividade 4.R3. Elaborar un documento de síntese que recolla os criterios que debería ter en conta o futuro premio galego de EPDCG

Resultado 4: Diseminados os resultados da investigación e avaliado o proxecto.

Actividade 1.R4. Organizar unhas xornadas de EPDCG nas que difundir os resultados e actividades do proxecto.

Actividade 2.R4. Presentar os achados da investigación alo menos a dous congresos/ seminarios.

Actividade 3.R4. Realizar unha avaliación final mixta externa.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Os/as destinatarios/as directos de este proxecto de investigación serán 649 persoas, das cales 488 son mulleres.

Os/as destinatarios/as directos de este proxecto de investigación serán:

· As ONGD que traballan na ED en Galicia, centradas sobre todo nas súas directivas e nas súas equipas técnicas. Seguindo os datos da Coordinadora Galega de ONGD, son 43 ONGD, se hai unha media de 8 persoas nas xuntas directivas serán 387 persoas, 300 mulleres e 87 homes.

· Seguindo o documentos de Diagnóstico da ED en Galicia, hai 22 persoas contratadas nas equipas técnicas, das cales 16 son mulleres e 6 son homes.

· O alumnado e profesorado de Ciencias da Educación da UDC que asisten as Xornadas de EpD. Tendo en conta que a facultade de educación conta con 3 titulacións de grao con 4 cursos cada unha e cunha media de 50 persoas por titulación e curso fai un total de 600 alumnos/as -sen contar co alumnado dos tres mestrados que tamén se facilitan nesa facultade- e estimamos que asista unha cuarta parte de estudantes fan 150 alumnos/as (dos que o 70% son mulleres, fai unha distribución de 105 mulleres e 45 homes).

· O alumnado e profesorado relacionados que participan dos obradoiros da formación inicial dos graos de E. Social, E. Infantil, E. Primaria: 20 de cada titulación fan un total 60 persoas (45 mulleres e 15 homes) e 10 docentes (8 mulleres e 2 homes)

· Os axentes chave participantes no proceso de consulta participativo, sobre 20 persoas, o 70% mulleres (14 mulleres e 6 homes).

· A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

Indirecta: Os/as destinatarios/as indirectos/as serán o profesorado e o alumnado co que traballamos nos nosos centros educativos, xa que cos achados da investigación melloraríamos as nosas intervencións e a súa formación en EpD. Serían un total de 1080 alumnos/as (650 nenas e 430 nenos) e 45 profesores/as (35 mulleres e 10 homes). Estes datos foron sacados do proxecto de ED de SI Galicia, VAIA TEA!

Axudas: 

44.915,00 €; 17.966,00 € (2017) e 26.949,00 € (2018)