Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento. Un proxecto piloto de investigación - acción colaborativa nun centro educativo de Galicia. Fase I
Con este proxecto Solidariedade Internacional de Galicia, en asociación coa Universidade da Coruña, pretende incidir na dimensión de investigación da ED. Para facelo, realizará unha investigación cualitativa baseada na metodoloxía da investigación-acción colaborativa. Este proxecto realizarase en dúas fases, sendo o tempo de execución do proxecto de 15 meses. No ano 2015, realizarase a primeira fase do proxecto, que responde ao análise sobre como introducir a dimensión global da ED de xeito transversal nun centro educativo galego. A realización desta primeira fase permitirá deseñar un plan de acción que servirá de guía para unha segunda fase de acción na que se implementará. O obxectivo principal da investigación será o de analizar o xeito de introducir transversalmente o paradigma da dimensión global da ED nun centro educativo de Galicia. Tamén se busca explorar as posibilidades de aumentar a involucración do profesorado dos centros fidelizados por SI Galicia e por outras ONGD no ensino da dimensión global en Galicia dun xeito significativo para os seus centros, atendendo aos seus intereses e necesidades.
Obxectivo xeral: Traballada transversalmente a Educación para o Desenvolvemento nos centros educativos galegos.
Obxectivo específico: Analizado o xeito de introducir transversalmente o paradigma da dimensión global da ED nun centro da ESO galego mediante unha investigación-acción colaborativa.
Resultado 1.1: Seleccionado 1 centro educativo galego co que traballar no deseño da futura implementación do Proxecto Piloto.
Actividades
A1.1.1: Establecer os criterios de selección do centro-piloto.
A1.1.2: 1ª visita aos centros educativos preseleccionados para determinar cal se adecúa mellor aos criterios de selección establecidos.
A1.1.3: Elaborar un informe sobre o perfil do centro-piloto seleccionado.
Resultado 1.2: Creado un grupo de especialistas asesores do centro-piloto seleccionado.
Actividades
A1.2.1: Establecer os criterios de selección das persoas que conformarán o grupo de especialistas.
A1.2.2: 2º visita aos centros educativos preseleccionados para seleccionar entre o profesorado aqueles que formarán parte do grupo de especialistas.
A1.2.3: Contactar con especialistas en didácticas específicas da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.
Resultado 1.3: Aumentado o coñecemento sobre a dimensión global da ED entre a comunidade educativa do centro-piloto seleccionado e o grupo de especialistas.
Actividades
A1.3.1: Realizar unha formación sobre a dimensión global da ED dirixida ao profesorado de todos os centros e ao grupo de especialistas.
A1.3.2: 1ª visita ao centro piloto para planificar o traballo.
A1.3.3: Realizar unha formación especificamente dirixida aos especialistas en didácticas específicas da Facultade de Ciencias da Educación Da UDC.
Resultado 1.4: Deseñado un plan de acción para a futura implementación da dimensión global da ED no centro piloto.
Actividades
A1.4.1: Levar a cabo unha xornada de traballo conxunto para analizar como transversalizar a ED tendo en conta os eidos específicos e a dispoñibilidade do centro piloto.
A1.4.2: Realizar 4 sesións de traballo conxunto no centro-piloto para identificar os aspectos fundamentais que debe incorporar o plan de acción.
A1.4.3: Deseñar ou adaptar recursos didácticos que faciliten o traballo transversal da ED no centro –piloto.
Resultado 1.5: Diseminados os resultados da investigación, socializado o plan de acción para a súa futura implementación no centro-piloto e avaliado o proxecto de investigación.
Actividades
A1.5.1: Presentar os achados da investigación a congresos e elaboración dos artigos.
A1.5.2: Realizar unhas xornadas de educación para o desenvolvemento nas que socializar o plan de acción deseñado.
A1.5.3: Avaliación final mixta
Directa
Os/as destinatarios/as directos de este proxecto de investigación serán:
- A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
- As ONGD que traballan na ED en Galicia, centradas sobre todo nas súas directivas e nas súas equipas técnicas. Seguindo os datos da Coordinadora Galega de ONGD, son 43 ONGD, se hai unha media de 8 persoas nas xuntas directivas serán 387 persoas, 300 mulleres e 87 homes.
- Seguindo o documentos de Diagnostico da ED en Galicia, hai 22 persoas contratadas nas equipas técnicas, das cales 16 son mulleres e 6 son homes.
- O alumnado e profesorado relacionados co mundo das Ciencias da Educación estimamos que asisten as xornadas sobre 60 persoas( 45 mulleres e 15 homes) e 15 profesores/as ( 9 mulleres e 6 homes).
- O profesorado do centro educativo piloto, tendo en conta que os centros fidelizados de SIG son do eido rural, a media do claustro está entre os 60 e os 100 docentes. Segundo datos do estudo da USC “As mulleres no sistema educativo II”, a poboación feminina dos claustros representa o 51,72% estimamos 35 mulleres e 25 homes.
Indirecta
Os/as destinatarios/as indirectos: serían o profesorado e o alumnado co que traballamos nos nosos centros educativos, xa que cos achados da investigación melloraríamos as nosas intervencións e a súa formación en EpD. Serían un total de 1080 alumnos/as (650 mulleres e 430 homes) e 45 profesores/as (35mulleres e 10 homes).
39.286,00 €; 15.714,40 € (2015) e 23.571,60 € (2016)