Proxectos

Investigando no territorio para coñecer e recoñecer experiencias de educación para a cidadanía global desenvolvidas no ensino regrado de Galicia (Fase III)

O proxecto consiste nun estudo de tipo cualitativo no que se empregan un conxunto de técnicas e procedementos como a Cartografía Social, a Investigación-Acción Participativa ou a análise de datos e informantes chave. O proxecto parte das achegas postas de manifesto nas 7 investigacións anteriores, levadas a cabo polo consorcio formado por SIG e o grupo de investigación da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña, financiadas pola DXRE entre as convocatorias 2013-2019. O obxectivo principal da investigación é xerar coñecemento sobre como identificar os centros educativos galegos de todas as etapas educativas que traballan en EpDCG así como promover e recoñecer a labor dos mesmos a través dun premio.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Coñecidas e recoñecidas as experiencias de educación para a cidadanía global do ensino regrado de Galicia.

Específico: Identificadas e mapeadas as experiencias de EpDCG desenvolvidas nas distintas etapas do ensino regrado de Galicia e recoñecida a labor dos centros educativos galegos a través dun premio.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mapeadas as experiencias de EpDCG desenvolvidas na educación regrada de centros educativos de Galicia con especial atención á etapa universitaria.

            A.1.1.1. Identificar e rexistrar no Mapa Dixital novas experiencias de EPDCG desenvolvidas en centros de ensino preuniversitarios de toda Galicia.

            A.1.1.2. Adaptar a ferramenta e plataforma do Mapa Dixital de Experiencias de EPDCG.

            A.1.1.3. Elaborar un vídeo titorial sobre como inserir experiencias de EPDCG das universidades.

            A.1.1.4. Identificar e rexistrar no Mapa Dixital experiencias de EPDCG realizadas nas tres universidades galegas.

            A.1.1.5. Desenvolver unha campaña de comunicación para a difusión do Mapa Dixital de Experiencias de EPDCG.

            A.1.1.6. Realizar un informe de resultados do mapeo.

RE 1.2. Deseñada colaborativamente unha guía de presentación e avaliación de boas prácticas de EpDCG.

            A.1.2.1. Elaborar criterios para a identificación e selección de boas prácticas.

            A.1.2.2. Facer unha pre-selección de varias boas prácticas.

            A.1.2.3. Relacionar as boas prácticas co currículo escolar.

RE 1.3. Incorporado o paradigma da dimensión global da educación para o desenvolvemento na Universidade da Coruña.

            A.1.3.1. Integrar a formación en EPDCG de xeito transversal no currículo das materias universitarias participantes no proxecto.

            A.1.3.2. Ofertar a EPDCG como temática nos Traballos de Fin de Grao en diferentes titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

            A.1.3.3. Acomodar directrices sobre como incorporar a EPDCG nos Prácticum.

            A.1.3.4. Deseñar e organizar un MOOC na Universidade da Coruña.

            A.1.3.5. Organizar unhas xornadas de EPDCG na Universidade da Coruña.

RE 1.4. Convocada a II edición do premio galego de educación para o desenvolvemento e cidadanía global.

            A.1.4.1. Realizar unha análise do funcionamento da 1ª convocatoria do Premio Galego de ED e facer propostas de mellora.

            A.1.4.2. Elaborar as bases do II Premio Galego de EPDCG incorporando as melloras.

            A.1.4.3. Realizar un labor de difusión da II Convocatoria do Premio Galego de EPDCG.

            A.1.4.4. Convocar e resolver o Premio.

            A.1.4.5. Organizar un acto final de entrega de premios.

RE 1.5. Difundidos os resultados da investigación entre o sector da cooperación galega e o ámbito académico e avaliado o proxecto.

            A.1.5.1. Presentar os achados da investigación alomenos en dous congresos/seminarios.

            A.1.5.2. Difundir o coñecemento xerado en EPDCG ao longo do proxecto en lugares estratéxicos.

            A.1.5.3. Realizar unha avaliación externa final.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.270 persoas beneficiarias de maneira directa, das cales 231 son homes, 699 mulleres, 170 nenos e 170 nenas.

Indirecta: 1.639 persoas beneficiarias de maneira indirecta, das cales 138 son homes, 421 mulleres, 430 nenos e 650 nenas. 

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 41.837,69 € (2021: 16.735,08 € ; 2022: 25.102,61 €)