Proxectos

Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan educación para o desenvolvemento e cidadanía global en Galicia

Solidariedade Internacional Galicia agrupada coa Universidade da Coruña

O proxecto que se presenta trátase dun estudo de tipo cualitativo no que empregaremos un conxunto de técnicas e procedemento como a Investigación-Acción Participativa, as observacións, as entrevistas, análise de datos, informantes chave e mapeo social, que se titula “Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan educación para o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia”. Enmárcase especificamente na dimensión de investigación sobre o desenvolvemento pero atinxe transversalmente tamén ás outras dimensións de ED, tanto a sensibilización como formación como a incidencia política e participación social. O proxecto parte das achegas postas de manifesto nas cinco investigacións anteriores levadas a cabo entre SIG e o grupo de investigación PEHS da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña financiadas pola DXRE entre as convocatorias 2013 e 2017. É por iso que cada novo proxecto que presentamos responde a un contínuum no que as conclusións de cada un nos van levando a prantexar o seguinte e así sucesivamente. O obxectivo principal da investigación é xerar coñecemento sobre como identificar os centros educativos galegos que traballan en Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global así como promover e recoñecer a labor dos mesmos a través dun premio.

A investigación realizarase en 4 planos:

  1. Elaborar un diagnóstico inicial con enfoque territorial sobre os centros educativos galegos que traballan a Educación para o Desenvolvemento a través da elaboración dunha proposta de mapeo.
  2. Crear un Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global tomando como referencia o Premio Nacional de Educación para el Desarrollo “Vicente Ferrer” e sacar adiante a súa primeira convocatoria/edición.
  3. Desenvolver unha iniciativa de investigación-acción colaborativa na Formación Inicial dos Graos de Educación Social, Educación Infantil e Educación Primaria da Universidade da Coruña e no Grao de Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela, coa finalidade de introducir no currículo da educación superior a perspectiva da Educación para o Desenvolvemento desde os posicionamentos teóricos da Educación Global Crítica.
  4. Difundir e visibilizar os achados científicos do proxecto entre o mundo académico, socioeducativo e da cooperación mediante a presenza en congresos, espazos estratéxicos, elaboración de artigos e a organización de xornadas de ED.
Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral:

Traballada transversalmente a educación para o desenvolvemento e a cidadanía global na educación formal en Galicia

Obxectivo específico:

Xerado coñecemento sobre como introducir a dimensión global da EpD na Educación Secundaria Obrigatoria e na formación inicial do ensino superior universitario de Galicia

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Realizado un estudio diagnóstico con enfoque territorial sobre os centros educativos galegos que traballan a EPDCG a través da elaboración dunha proposta de mapeo.

Actividade 1.R1. Realizar un proceso formativo e de acompañamento cunha consultora externa experta en Cartografía Social e Mapeo.

Actividade 2.R1. Identificación e contacto de axentes chave.

Actividade 3.R1. Deseño do instrumento de investigación..

Actividade 4.R1. Estudo piloto do instrumento (entrada no campo).

Actividade 5.R1. Deseño dunha proposta de mapeo para a súa futura implementación.

Resultado 2: Convocada A I Edición Do Premio Galego De Educación Para O Desenvolvemento E Cidadanía Global

Actividade 1.R2. Realizar unha labor de incidencia política para a apropiación do premio por parte das institucións e busca de patrocinadores.

Actividade 2.R2. Elaborar as bases do I Premio Galego de EpDCG

Actividade 3.R2.  Convocar e resolver o premio.

Actividade 4.R2. Organizar un acto final de entrega de premios.

Resultado 3: Integrado curricularmente o paradigma da Dimensión Global Da Epd na formación inicial dalgunhas materias das titulacións de Grao En Educación Social, Grao En Educación Infantil E Grao En Educación Primaria da Universidade da Coruña.

Actividade 1.R3. Integrar a formación en ED de xeito transversal no currículo das materias universitarias participantes no proxecto de investigación.

Actividade 2.R3. formar ao profesorado universitario participante no proxecto nas metodoloxías e posta en práctica de intervencións aliñadas coa ED

Actividade 3.R3. deseñar e implementar unha proposta formativa nas aulas das materias participantes.

Resultado 4: Difundidos os resultados da investigación entre o sector da cooperación galega e o ámbito académico e avaliado o proxecto

Actividade 1.R4. Organizar unhas xornadas de EPDCG nas que difundir os resultados e actividades do proxecto.

Actividade 2.R4. Presentar os achados da investigación alo menos a dous congresos.

Actividade 3.R4. Difundir o coñecemento xerado en EPDCG en lugares estratéxicos.

Actividade 4.R4. Realizar unha avaliación externa final.

Poboación beneficiaria: 

Directa

Os/as destinatarios/as directos de este proxecto de investigación serán 1113 persoas, das cales 748 son mulleres e nenas. Trátase de:

  • 12 investigadoras
  • 8 profesoras universitarias
  • Alumnado universitario das titulacións participantes (datos que se estiman extraídos do número de matriculados o curso 2017-2018 nesas materias): 637 (497M e140H).
    • Educación Ambiental e cultura da sustentabilidade: 66 (54M e 12H).
    • Educación e medios de comunicación social: 53 (48M e 5H).
    • Acción Socioeducativa con Minorías Colectivos Vulnerables: 60 (51M e 9H)
    • Educación Inclusiva e Multicultural; 120 (94M e 26H).
    • Deseño, Desenvolvemento e Avaliación do Currículo: 100 (81M e 19H)
    • Ciencias da Natureza II: 58 (32M e 26H)
    • Educación Matemática I: 100 (77M e 23H)
  • 15 docentes de centros educativos galegos (11M e 4H)
  • 15 docentes de centros educativos galegos que se presenten ao Premio Galego de ED (9M e 6H)
  • 3 representantes políticos (2H e 1M)
  • 10 persoas que formen parte do xurado avaliador do premio (7M e 3H)
  • 4 Persoas nos lugares estratéxicos nos que vai difundirse o coñecemento xerado coa investigación (3 universidades galegas, Fondo Galego, Nova Escola Galega, CEESG, ou outros).

Indirecta

Os/as destinatarios/as indirectos/as serán:

  • As ONGD que traballan na ED en Galicia, centradas sobre todo nas súas directivas e nas súas equipas técnicas. Seguindo os datos da Coordinadora Galega de ONGD, son 43 ONGD, se hai unha media de 8 persoas nas xuntas directivas serán 387 persoas, 300 mulleres e 87 homes. Participarán tanto do proceso de realización de diagnóstico dos colexios que fan ED en Galicia así como do Premio Galego de ED.
  • Seguindo o documentos de Diagnostico da ED en Galicia, hai 22 persoas contratadas nas equipas técnicas, das cales 16 son mulleres e 6 son homes.
  • O alumnado e profesorado de Ciencias da Educación da UDC que asisten as Xornadas de ED. Tendo en conta que a facultade de educación conta con 3 titulacións de grao con 4 cursos cada unha e cunha media de 50 persoas por titulación e curso fai un total de 600 alumnos/as -sen contar co alumnado dos tres mestrados que tamén se facilitan nesa facultade- e estimamos que asista unha cuarta parte de estudantes fan 150 alumnos/as (dos que o 70% son mulleres, fai unha distribución de 105 mulleres e 45 homes).
  • Profesorado e o alumnado co que traballamos nos nosos centros educativos, xa que cos achados da investigación mellorariamos as nosas intervencións e a súa formación en ED. Serían un total de 1080 alumnos/as ( 650 nenas e 430 nenos) e 45 profesores/as ( 35 mulleres e 10 homes). Estes datos foron sacados do proxecto de ED de SI Galicia, VAIA TEA!.

 

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda da Xunta de Galicia 37.374,25 €; 14.949,70 € (2018) e 22.424,55 € (2019)