Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da infancia e xuventude rural de 8 comunidades do Municipio de Champerico (Guatemala)- Fase IV
Proxecto de Arquitectura sin Fronteras agrupada con Proyde
O presente proxecto corresponde á cuarta fase do Programa Educativo Noj (Sabedoría) que dá continuidade á intervención en materia educativa que a Xunta de Galicia apoiou desde o ano 2008, primeiro a través do Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj Tz´ ikin (2008-2012) e posteriormente a través dos proxectos educativos ( Noj) financiados a través da convocatoria de proxectos de cooperación (2012-2017).
Esta cuarta fase de traballo dá continuidade ao traballo realizado e oriéntase a mellorar, de maneira integral, as condicións e a calidade educativa, con pertinencia cultural e de xénero, en 10 centros públicos de Champerico, Retalhuleu, en 8 comunidades. Destes centros, 7 son escolas primarias con preprimaria, unha escola primaria sen preprimaria e dous institutos de nivel básico (primeira fase da secundaria). Nesta nova intervención recolléronse e incluíronse todas as aprendizaxes das etapas anteriores, froito da reflexión interna do equipo e da visión externa das avaliacións realizadas. Neste sentido, o proxecto continúa, profundiza e estende o alcance dos procesos iniciados en fases anteriores, a través de catro compoñentes principais que se identifican cos correspondentes resultados.
Asociación Indígena Pro-Desarrollo Integral -ASIAPRODITIPO y Proyecto de Desarrollo Santiago –PRODESSA–
Obxectivo xeral: Mellora da calidade educativa da nenez e a mocidade con pertinencia cultural e de xénero para o exercicio da cidadanía e a xeración dun pensamento crítico en estudantes de primaria e básico do Municipio de Champerico, Retalhuleu, Guatemala.
Obxectivo específico: Garantir as condicións adecuadas para que as nenas e nenos de 10 establecementos públicos de nivel primario e básico de 8 comunidades do municipio de Champerico, Retalhuleu, accedan a unha educación de calidade con pertinencia cultural e de xénero.
Resultado 1.1: Mellorada a calidade educativa nos niveis preprimaria, primario e básico de 10 centros educativos, con énfase en comprensión lectora e valores, con enfoque de xénero, interculturalidade e protección do medio ambiente.
- A.1.1.1: Actividades preparatorias e de seguimento
- A.1.1.2: Dotación dos libros de lectura e guías pedagóxicas para os catro niveles: preprimaria; primeiro primaria; segundo a sexto primaria e primeiro a terceiro básico.
- A.1.1.3: Capacitación aos docentes sobre a metodoloxía dos programas, o proceso lector e os compoñentes da Reforma Educativa.
- A.1.1.4: Visitas de asesoría pedagóxica na implementación dos programas de lectoescritura.
- A.1.1.5: Avaliación de eficacia dos programas de lectoescritura
- A.1.1.6: Implementación do Proxecto Educativo Institucional.
- A.1.1.7: Xornadas de formación para a actualización docente.
Resultado 1.2: Fortalecidas as capacidades e actitudes das nais e pais de familia para a súa participación activa en apoio da educación dos seus fillos e fillas en 7 comunidades de Champerico.
- A.1.2.1: Asembleas con pais e nais de familia para traballar os Plans Educativos Institucionais – PEI.
- A.1.2.2: Reunións para a formulación dos Plans Educativos Institucionais – PEI.
- A.1.2.3: Reunións de vixilancia e avaliación de implementación do PEI.
- A.1.2.4: Escola de pais e nais de familia
- A.1.2.5: Xornadas de formulación de Plans Escolares de Resposta – PER.
Resultado 1.3: Fortalecidas as capacidades de ASIAPRODI e a poboación de 4 comunidades de Champerico para a incidencia política orientada a esixir o cumprimento do seu dereito á educación.
- A.1.3.1: Organización do goberno escolar en escolas primarias participantes.
- A.1.3.2: Xornadas de formación para Autoridades Comunitarias.
- A.1.3.3: Xornadas de fortalecemento organizativo para ASIAPRODI.
- A.1.3.4: Reunións con Autoridades Comunitarias.
- A.1.3.5: Asembleas comunitarias.
- A.1.3.6: Presentación pública de propostas de incidencia.
Resultado 1.4: O alumnado e o profesorado da escola de Vitorias III e O Manchón dispoñen dunhas instalacións adecuadas ás necesidades educativas; deseñado baixo criterios de seguridade, hixiene, confort, xénero, pertinencia cultural e sustentabilidade ambiental
- A.1.4.1: Elaboración do proxecto de execución.
- A.1.4.2: Xestións preliminares para a construción
- A.1.4.3: Deseño participativo do espazo de lecer.
- A.1.4.4: Execución e xestión da obra de construción e adecuación da contorna.
- A.1.4.5: Formación sobre uso e mantemento do centro educativo
- A.1.4.6: Entrega e inauguración da obra.
Resultado 1.5: O proxecto xestionouse adecuadamente, a partir de criterios de transparencia, seguimento e avaliación continuos.
- A.1.5.1: Actividades de coordinación xeral e seguimento.
- A.1.5.2: Avaliación final do proxecto con enfoque de xénero.
- A.1.5.3: Taller de sistematización final da experiencia.
Directa: Homes (133), Mulleres (146), Nenos (664), Nenas (626)
Indirecta: Homes (1.105), Mulleres (1.144), Nenos (2.729), Nenas (2.865)
Axuda Xunta de Galicia: 224.950,00 € (2018: 89.980 € / 2019: 134.970 €)