Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a xuventude no Municipio de Champerico. Fase II. Guatemala.
O obxectivo do presente proxecto é mellorar a calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero da formación da nenez e xuventude do Municipio de Champerico, Departamento de Retalhuleu (Costa Sur guatemalteca) mediante a creación de condicións adecuadas para que o estudantado poida desenvolver da mellor forma posible o seu traballo escolar. Constitúe a Fase II dun proxecto anteriormente financiado pola Xunta de Galicia na convocatoria de 2014.
Asociación Indígena Pro-Desarrollo Integral - ASIAPRODI; Proyecto de Desarrollo Santiago - PRODESSA
Obxectivo xeral: Mellorar a calidade educativa da nenez e xuventude con pertinencia cultural e de xénero, para o exercicio da cidadanía e a xeración dun pensamento en estudantes de primaria e básico do Municipio de Champerico, Retalhuleu, Guatemala.
Obxectivo específico: Crear as condicións adecuadas para que os centros educativos de nivel básico e primario en 7 comunidades do municipio de Champerico (El Rosario, Nueva Cajolá, Aztlán, María del Mar, Unión María del Mar, Victorias 3 e El Refugio), proporcionen unha educación de calidade con pertinencia cultural e de xénero.
Resultados e Actividades:
R.1.1 Consolidouse a organización dos centros educativos participantes para o
desenvolvemento pleno do currículo dos niveis básico e primario con calidade, pertinencia cultural e enfoque de xénero e a apropiación dos Proxectos Educativos Institucionais (PEI) dos Institutos de Educación Básica por parte da comunidade.
A.1.1.1 Actividades preparatorias e de seguimento.
A.1.1.2: Revisión, actualización e implementación do Proxecto Educativo Institucional
A.1.1.3: Asembleas con pais e nais de familia
A1.1.4: Reunións con autoridades comunitarias
R.1.2 Mellorouse a calidade das habilidades de lecto-escritura e pensamento lóxico das e dos estudantes dos centros educativos participantes, a través dun programa de lecto-escritura con enfoque de valores, como un mecanismo de implementación da Reforma Educativa, nos niveis primario e básico.
A.1.2.1 Dotación dos libros de lectura e guías pedagóxicas para os tres niveis: primeiro primaria; segundo a sexto primaria; primeiro a terceiro básico
A.1.2.2 Capacitación ós docentes sobre la metodoloxía do programa, o proceso lector e os
compoñentes da Reforma educativa.
A.1.2.3 Asesoría pedagóxica mensual na implementación do programa de lecto-escritura
A.1.2.4 Capacitación dos/as estudantes en Xénero e Interculturalidade
R.1.3 Os/as alumnos/as e profesores/as do Instituto Nacional de Educación Básica de El Rosario dispoñen dun espazo físico adecuado ás necesidades de ciclo de ensino básico; deseñado baixo criterios de pertinencia cultural e sustentabilidade ambiental.
A.1.3.1 Elaboración do proxecto de execución.
A.1.3.2 Xestiones preliminares para a construción.
A.1.3.3 Deseño participativo da construción e dos espazos de recreo.
A.1.3.4 Execución e xestión da obra de construción e adecuación do entorno.
A.1.3.5 Dotación de mobiliario para a escola.
A.1.3.6 Entrega e inauguración da obra.
R.1.4 O proxecto executouse adecuadamente, a partir de criterios de transparencia, seguimento e avaliación continuos.
A.1.4.1 Actividades de coordinación xeral e seguimento.
A.1.4.2 Actividades de avaliación.
A.1.4.3 Obradoiro final de sistematización da experiencia.
A.1.4.4 Auditoría final do proxecto.
A.1.4.5 Avaliación final do proxecto, con enfoque de xénero.
A.1.4.6 Actividade de difusión en centros educativos de Galicia
Directa: 100 estudantes do ciclo básico dos Institutos del Parcelamiento El Rosario e Aldea Nueva Cajolá.; 11 profesores e profesoras que facilitan os cursos dentro de ambos Institutos Básicos; 766 estudantes de primaria, dos cales 179 son de Primeiro grado, nas comunidades Aztlán, El Refugio, El Rosario, María del Mar, Nueva Cajolá, Unión María del Mar e Victorias 3; Ó redor de 288 familias que teñen fillos/as nalgún dos institutos ou escolas(calculando un promedio de 3 fillos/as en idade escolar por familia); 10 membros da xunta directiva de pais e nais de familia de cada un dos 2 institutos. Total: 1175 persoas.
Indirecta: todas e todos os habitantes das sete comunidades participantes, así como a poboación de comunidades cercanas a elas. Total: 7791 persoas.
101.000.00 € (2016: 40.400.00 €; 2017: 60.600.00 €)