Proxectos

MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA DENDE UN ENFOQUE DE DEREITOS HUMANOS E EQUIDADE DE XÉNERO NO MARCO DO PROGRAMA OXLAJUJ TZ´IKIN. FASE II

Elevar a calidade da educación mediante a implementación de procesos que promovan o desenvolvemento das capacidades técnico- pedagóxicas dos docentes, dende un enfoque de dereitos humanos, pertinencia sociocultural e equidade de xénero.

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (departamento)
Axentes: 
EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS
Contraparte: 

Proyecto de Desarrollo Santiago- PRODESSA

Obxectivos: 

Elevar a calidade educativa das escolas de intervención, en canto a aprendizaxe da lectoescritura, a pertinencia cultural e a equidade de xénero.

Resultados e actividades: 

- Deseño e elaboración de materiais didácticos.
- Dotación de recursos didácticos en cada escola: de materiais do programa contextualizado de lectoescritura e de libros para outros usos.
- Medición das habilidades dos estudantes para a lectoescritura. Esta avaliación realizarase ao inicio e ao final de cada ciclo.
- Formación en innovacións educativas aos educadores.
- Identificación de mozos que estuden maxisterio (4º, 5º ou 6º de carreira) para apoialos con bolsas. O total das bolsas outorgadas cada ano será de 40.

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa:
- As nenas e os nenos que estudan nas escolas das 16 comunidades de intervención, nos graos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
- Os mestres e mestras que participen no programa de formación docente.
- 40 mozos (20 varóns e 20 mulleres), que recibirán bolsas e apoio académico para estudar a carreira de maxisterio.
Poboación beneficiaria indirecta:
A poboación beneficiaria indirecta do proxecto, que ascende á cantidade aproximada de 11.800 persoas, habita en 16 comunidades do departamento de Retalhuleu: 14 comunidades pertencen ao municipio de Champerico, e 3 ao de Retalhuleu.
 

Axudas: 

118268