Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)
O proxecto é a séptima fase dun programa de AGARESO que consiste nun proxecto multimedia de comunicación para o desenvolvemento no que participan 5 centros educativos de 5 concellos de diferentes puntos de Galicia -Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión- e máis de Latinoamérica: os centros de ensino dos bateys de La Cubana e Olivares, no municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, na República Dominicana. O proxecto traballa na produción de contidos transmedia ao redor de tres bloques temáticos: o sexismo e a igualdade de xénero, os prexuízos raciais e a interculturalidade e as relacións Norte-Sur e o consumo responsable. Tanto alumnado como profesorado reciben formación no uso activo e responsable das TIC para a defensa dos valores como a igualdade, a tolerancia, a defensa dos dereitos humanos, a co-responsabilidade, o consumo e a loita contra a desigualdade global.
Xeral: Sensibilización social respecto ás causas da desigualdade global e o papel de da comunicación como motor de transformación social na educación secundaria.
Específico: Mellora da capacidade de reflexión crítica e xeración de produtos audiovisuais educomunicativos do alumnado e profesorado de secundaria de Ames, Bueu, Viana do Bolo, Silleda e Brión.
RE 1.1. Implementado un plan de coordinación, seguimento e avaliación participativa do proxecto, xunto coas persoas participantes
A.1.1.1. Encontro de coordinación e formación do profesorado participante no proxecto.
A.1.1.2. Elaboración conxunta co profesorado do cronograma lectivo do proxecto, do plan de seguimento e do deseño do encontro intercentros.
A.1.1.3. Elaboración de enquisas ao profesorado e ao alumnado sobre uso das ferramentas, prexuízos e niveis de satisfacción co proxecto.
A.1.1.4. Elaboración liña base.
A.1.1.5. Implementación de ferramentas de medición de impacto que permitan comparar resultados en obradoiros presenciais e virtuais (de ser o caso).
RE 1.2. Aumentada a competencia mediática, a capacidade de aprendizaxe autónoma e a capacidade de reflexión crítica do alumnado sobre desigualdade global, racismo, machismo, desenvolvemento sustentable, interculturalidade e cooperación.
A.1.2.1. Obradoiro sobre sexismo e representación da identidade nos medios.
A.1.2.2. Obradoiro sobre a veracidade das mensaxes e os roles dos colectivos nos medios de comunicación.
A.1.2.3. Obradoiro sobre o tratamento informativo dos movementos migratorios, sobre xitanofobia e sobre comunicación en positivo contra la discriminación.
A.1.2.4. Obradoiro sobre a realidade de mozas e mozos de Dominicana.
A.1.2.5. Obradoiro sobre medio ambiente, consumo responsable e economía solidaria coa visión “glocal”.
A.1.2.6. Obradoiro sobre Cooperación Internacional, Voluntariado, Activismo e Cambio Social.
RE 1.3. Melloradas as competencias do alumnado en traballo en equipo, resolución de conflitos e exposición pública das súas opinións.
A.1.3.1. Reunións de deseño e coordinación do hackathon e das presentacións públicas.
A.1.3.2. Encontro virtual entre os 5 centros para o intercambio de experiencias e creación dun manual colectivo de recomendacións contra o discurso de odio.
A.1.3.3. Presentación virtual do proxecto nos 5 centros educativos.
RE 1.4. Transferidos os coñecementos, metodoloxías e contido do EpDLab a profesionais da educación e da comunicación.
A.1.4.1. Curso de formación para o profesorado e base social sobre Novas Narrativas Dixitais a través do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación da Consellería de Educación).
A.1.4.2. Formación en Medio Ambiente e Consumo responsable para o equipo técnico do proxecto aberta ao profesorado participante.
A.1.4.3. Presentación do proxecto en tres xornadas sobre proxectos de ED e innovación social do Estado.
A.1.4.4. Actualización e dinamización da aula virtual do EpDLab.
A.1.4.5. Campaña específica de difusión nas redes sociais do proxecto, dos centros educativos e da organización dos resultados dos obradoiros.
Directa: 138 persoas beneficiarias de maneira directa, das cales 12 son homes, 16 mulleres, 50 nenos e 60 nenas.
Indirecta: 1.235 persoas beneficiarias de maneira indirecta, das cales 61 son homes, 95 mulleres, 514 nenos e 565 nenas.
Axuda Xunta de Galicia: 34.927,00 € (2021: 13.970,80 € ; 2022: 20.956,20 €)