Proxectos

Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)

Este proxecto, que se enmarca na fase 8 de EpDLab, ten como obxectivo principal  a mellora das habilidades de reflexión crítica e participación social do alumnado e do profesorado de ESO, a través do traballo con centros de 5 concellos de Galicia, xunto a un grupo de centros de ensino de República Dominicana, que participará a través dunha actividade para promover o diálogo intercultural, como ferramenta para educar no coñecemento dos países empobrecidos e no potencial das redes ou alianzas pola xustiza social. Para conseguir este obxectivo, EpDLab poñerá o acento nas seguintes prioridades: o desenvolvemento da competencia dixital e a alfabetización mediática; a sensibilización respecto da desigualdade, poñendo en valor o rol da comunicación nos procesos de transformación social e a formación en interculturalidade, xustiza social, defensa dos DDHH, igualdade e non discriminación en función do sexo, do xénero, do contexto cultural, étnico ou socio-económico; a educación para a participación social en pos da igualdade de oportunidades e a repartición xusta dos recursos a nivel global; a mellora da aprendizaxe entre iguais mediante dinámicas de traballo en equipo, xestión de conflitos, argumentación, responsabilidade colectiva, reflexión e debate en grupo; e o deseño e promoción de procesos de colaboración docente, que integre a diversidade dos diversos contextos educativos, tanto no marco do ensino obrigatorio como universitaria.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
11130 - Formación do profesorado
11182 - Investigación educativa
11320 - Educación secundaria
1516000 - Dereitos humanos
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Sensibilización social respecto ás causas da desigualdade global e o papel da comunicación como motor de cambio social na Educación Secundaria.

Específico: Mellora da capacidade de reflexión crítica e xeración de produtos multimedia de comunicación dixital co alumnado e o profesorado de secundaria de Boiro, Bueu, Viana do Bolo, Silleda e Brión

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Implantado un plan de coordinación, seguimento e avaliación participativa do proxecto, xunto co profesorado participante

            A.1.1.1 Encontro de coordinación e formación do profesorado participante

            A.1.1.2 Elaboración conxunta co profesorado do cronograma lectivo do proxecto, do plan de seguimento e do deseño do encontro intercentros

            A.1.1.3 Elaboración de enquisas para o profesorado e para o alumnado sobre uso das ferramentas, prexuízos e niveis de satisfacción co proxecto

            A.1.1.4 Elaboración de liña de base

            A.1.1.5 Avaliación continua mediante ferramentas de medición de impacto.

RE 1.2 Aumentada a competencia mediática do alumnado e a capacidade de reflexión crítica sobre desigualdade global, racismo, sexismo, desenvolvemento sustentable, interculturalidade e cooperación.

            A.1.2.1 Obradoiro Educación, comunidade e ODS: o futuro que queremos

            A.1.2.2 Obradoiro sobre lectura crítica, veracidade das mensaxes e discurso de odio

            A.1.2.3 Obradoiro sobre o tratamento informativo dos movementos migratorios e da diversidade cultural: memes contra a discriminación, o racismo e a xitanofobia.

            A.1.2.4 Obradoiro sobre a realidade dos países empobrecidos: vídeo-cartas coa mocidade de República Dominicana

            A.1.2.5 Obradoiro sobre medio ambiente, consumo responsable e economía solidaria coa visión “glocal”

            A.1.2.6 Obradoiro Construíndo un futuro en colectivo: aprendizaxes, activismo e transformación social.

            A.1.2.7 Obradoiro Lectura crítica, contra-discurso e transformación social para 300 alumnas/os da ESO e BAC

RE 1.3 Melloradas as competencias do alumnado en traballo en equipo, xestión de conflitos, aprendizaxe entre iguais e exposición pública das súas opinións

            A.1.3.1 Reunións de deseño e coordinación do encontro intercentros e das presentacións públicas nos centros

            A.1.3.2 Encontro entre os 5 centros para o intercambio de experiencias e creación dunha campaña colectiva para visibilizar a relación entre o cambio climático e a desigualdade.

            A.1.3.3 Presentación do proxecto nos 5 centros educativos

RE 1.4 Transferidos os coñecementos, metodoloxías e resultados de EpDLab a profesorado, profesionais da educación, comunidade universitaria e técnicos/as especializados en ECG do terceiro sector.

            A.1.4.1 Formación en innovación educativa, facilitación de procesos de aprendizaxe colaborativa e xestión da diversidade na aula para o equipo técnico do proxecto e aberta ao profesorado participante

            A.1.4.2 Formación para o profesorado e base social “EpDLab: innovación, aprendizaxe colaborativa e xestión da diversidade na aula” (Servizo de Innovación e Formación de RRHH da Consellería de Educación)

            A.1.4.3 Actualización e dinamización da aula virtual

            A.1.4.4 Kit Dixital de Aprendizaxe Aberta

            A.1.4.5 Presentación do proxecto en xornadas e seminarios sobre ECG, alfabetización mediática, educación inclusiva e/ou innovación social

            A.1.4.6 Campaña e específica de difusión nas redes sociais do proxecto, dos centros educativos e da organización

Poboación beneficiaria: 

Directa: 680 persoas, das cales 53 son homes, 64 mulleres, 276 nenos e 287 nenas. (287 alumnas e 276 alumnos, dos cales 126 participarán en 6 talleres; 6 mozas e 4 mozos do barrio de San Cristóbal, en República Dominicana, de entre 12 e 15 anos; 436 alumnos/as que participarán en actividades formativas complementarias; 10 docentes –7 mulleres e 3 homes– que farán de ligazón entre o proxecto e o centro; 10 docentes que participarán na formación de profesorado; 32 persoas do ensino universitario; 7 homes e 4 mulleres da Asociación Convives; 9 persoas –6 mulleres e 3 homes– que traballan en ECG a través da formación para equipos técnicos e voluntariado)

Indirecta: 2.236 persoas, das cales 365 son homes, 427 mulleres, 763 nenos e 771 nenas. (1.479 persoas receptoras das presentacións e a publicación de produtos dixitais –771 nenas e 763 nenos–; 792 docentes a nivel galego e español coñecedores dos resultados do proceso, tras a súa visibilización).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

34.985,15 € (13.994,06 € en 2022 e 20.991,09 € en 2023)