Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab| Laboratorio de EpD)
Tras dez anos en funcionamento o EpDLab seguirá afondando nos catro eixos fundamentais do proxecto: a ECG como materia transversal no ensino, a innovación educativa con perspectiva crítica, a comunicación dixital como estratexia de transformación social e as ferramentas para facilitar a multiplicación e a réplica dos resultados. Todas as actividades baséanse na comunicación entendida como un feito social e cultural, no seu impacto no contexto cotián e na relación con outras persoas, colectivos e lugares do mundo. O obxectivo principal é a mellora das habilidades de reflexión crítica e participación social do alumnado e do profesorado de ESO, a través do traballo con centros de 5 concellos de Galicia (Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión).
Xeral: Sensibilización social respecto ás causas da desigualdade global e o papel da comunicación como motor de transformación social na Educación Secundaria.
Específico: Mellora da capacidade de reflexión crítica e creación de produtos multimedia de comunicación dixital co alumnado e o profesorado de secundaria de Boiro, Bueu, Viana do Bolo, Silleda e Brión.
RE 1.1: Implementado un plan de coordinación, seguimento e avaliación participativa do proxecto, xunto co profesorado participante.
A.1.1.1: Encontro de coordinación e formación co profesorado participante.
A.1.1.2: Elaboración conxunta co profesorado do cronograma lectivo do proxecto, do plan de seguimento e deseño do encontro intercentros.
A.1.1.3: Elaboración de enquisas para profesorado e para alumnado sobre uso das ferramentas, actitudes e coñecementos previos, hábitos no eido dixital e expectativas sobre o proxecto.
A.1.1.4: Elaboración da Liña de Base.
A.1.1.5: Avaliación continua mediante estratexias de avaliación para a aprendizaxe e de medición de impacto.
RE 1.2: Aumentada a competencia mediática do alumnado e a capacidade de reflexión crítica sobre desigualdade global, discriminacións, desenvolvemento sustentable, consumo responsable, interculturalidade e cooperación.
A.1.2.1: Obradoiro Educación, comunidade e ODS: o futuro que queremos.
A.1.2.2: Obradoiro sobre lectura crítica e veracidade das mensaxes, información manipulada e discurso de odio.
A.1.2.3: Obradoiro sobre o tratamento informativo dos movementos migratorios e da diversidade cultural: memes contra a discriminación, o racismo e a xitanofobia.
A.1.2.4: Obradoiro sobre a realidade dos países empobrecidos: vídeo-cartas coa mocidade de República Dominicana.
A.1.2.5: Obradoiro sobre medio ambiente, consumo responsable e economía solidaria coa visión “glocal”.
A.1.2.6: Obradoiro Construíndo un futuro en colectivo: aprendizaxes, activismo e transformación social.
A.1.2.7: Obradoiro Lectura crítica, contra-discurso e transformación social.
RE 1.3: Melloradas as competencias de alumnado e profesorado de traballo en equipos diversos, xestión da diversidade, aprendizaxe entre iguais e exposición pública das súas opinións.
A.1.3.1: Reunións de deseño e coordinación do encontro intercentros e das presentacións públicas, así como para o seguimento do proxecto a nivel xeral.
A.1.3.2: Encontro entre os 5 centros para o intercambio de experiencias e creación dunha campaña colectiva baseada nos contidos do itinerario didáctico e usando as ferramentas dixitais traballadas no mesmo.
A.1.3.3: Presentación pública do proxecto nos 5 centros educativos.
RE 1.4: Transferidos os coñecementos, metodoloxías e resultados de EpDLab a profesorado, profesionais da educación, comunidade universitaria e técnicos/as especializados en ECG do terceiro sector.
A.1.4.1: Formación para profesorado e profesionais do eido educativo en metodoloxías de aprendizaxe entre iguais, ECG e educación mediática elaboradas no marco de EpDLab, incluíndo a produción dun resultado de transferencia: integración de EpDLab no currículo e/ou no proxecto de centro.
A.1.4.2: Xornada participativa de avaliación, deseño e mobilización con alumnado de cursos anteriores nos IES participantes, co obxectivo de avaliar a transferiblidade en grupos diversos de alumnado e de identificar claves para potenciar a mobilización social nas aulas.
A.1.4.3: Sesións de formación práctica sobre as ferramentas e metodoloxías de EpDLab con grupos de estudantes do Máster de Profesorado en ESO, Bachalerato, FP e Ensino de Linguas na USC.
A.1.4.4: Kit Dixital de Aprendizaxe III: comunidade de investigación e práctica para a formación de profesionais do ensino. Elaboración dunha publicación sobre ECG e competencia dixital e mediática como produto de transferencia, centrada nas redes de colaboración intersectorial para promover a mobilización social entre o alumnado.
A.1.4.5: Kit Dixital de Aprendizaxe III: realización de produtos audiovisuais accesibles e divulgativos para potenciar a transferencia de resultados, garantindo a accesibilidade de todas as persoas (audios, imaxes, subtítulos), e facilitando a súa multiplicación e réplica a partir da experiencia da poboación beneficiaria.
A.1.4.6: Presentación do proxecto e/ou dos seus resultados en congresos e xornadas de ámbito autonómico e estatal, así como publicación dos produtos de transferencia en revistas especializadas e webs de recursos para profesorado e profesionais da educación.
A.1.4.7: Campaña específica de difusión e comunicación pública nas redes sociais do proxecto, dos centros educativos e da organización.
Directa: 548 (15 homes; 51 mulleres; 209 nenos; 273 nenas)
Indirecta: 4.028 (536 homes; 1.952 mulleres; 753 nenos; 787 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
35.000 € (14.000 € en 2024 e 21.000 € en 2025)