Proxectos

Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado e do profesorado de secundaria de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Vilagarcía

O proxecto EpDLab Fase 4 é un proxecto multimedia de comunicación para o desenvolvemento no que participan 5 centros educativos de 5 concellos de diferentes puntos de Galicia -Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Vilagarcía- e máis un de Latinoamérica: o centro de ensino do batey Monte Cristy do municipio de San Pedro Macorís na República Dominicana, que participa a través dunha actividade concreta.
O obxectivo principal de EpDLab é a mellora da capacidade de reflexión crítica e o uso das TIC como ferramenta de comunicación para o cambio social no alumnado e no profesorado de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Vilagarcía.
O proxecto traballará na produción de contidos transmedia ao redor de tres bloques temáticos: o sexismo e a igualdade de xénero, os prexuízos raciais e a interculturalidade e as relacións Norte-Sur e o consumo responsable. Tanto alumnado como profesorado recibirán formación no uso activo e responsable das TIC para a defensa dos valores como a igualdade, a tolerancia, a defensa dos dereitos humanos, a co-responsabilidade, o consumo e a loita contra a desigualdade global.
Tanto os contidos creados como a metodoloxía de traballo empregada son publicados na web do proxecto (www.epdlab.gal) para que poidan ser consultados e mesmo replicados, tanto polos centros participantes como polo resto da comunidade educativa.

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Sensibilización social respecto as causas da desigualdade global e o papel de da comunicación como motor de transformación social na educación secundaria

Obxectivo específico: Mellora da capacidade de reflexión crítica e xeración de produtos audiovisuais educomunicativos do alumnado e profesorado de secundaria de Ames, Bueu, Viana do Bolo, Silleda e Vilagarcía

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Implementado un plan de coordinación, seguimento e avaliación participativa do proxecto, xunto co profesorado.

A1.1.1: Encontro de coordinación e formación do profesorado participante no proxecto

A1.1.2: Elaboración conxunta co profesorado do cronograma lectivo do proxecto, o plan de seguimento

A1.1.3: Elaboración de enquisas ao profesorado e ao alumnado sobre uso das ferramentas, prexuízos e niveis de satisfacción co proxecto

A1.1.4: Elaboración liña base

A1.1.5:Elaboración ferramentas de avaliación do impacto

Resultado 1.2: Aumentada a competencia mediática do alumnado e a capacidade de reflexión crítica sobre desigualdade global, racismo, machismo, desenvolvemento sustentable, interculturalidade e cooperación.

A1.2.1: Realización de dous obradoiros sobre identidade sexual e sexismo

A1.2.2: Obradoiro sobre a veracidade das mensaxes e os roles dos colectivos nos medios de comunicación

A1.2.3: Obradoiro sobre migracións e tratamento informativo: a linguaxe importa

A1.2.4: Obradoiro sobre comunicación en positivo contra a discriminación

A1.2.5: Obradoiro sobre a realidade de mozas e mozos de Dominicana

A1.2.6: Obradoiro sobre medioambiente, o consumo responsable e a economía solidaria coa visión “glocal”

A1.2.7: Obradoiro sobre Cooperación Internacional e Voluntariado

A1.2.8: Obradoiro sobre interrelacións Norte-Sur, activismo e cambio social / Obradoiro sobre cooperación internacional, activismo e cambio social.

Resultado 1.3: Melloradas as competencias do alumnado en traballo en equipo, resolución de conflitos e exposición pública das súas opinións.

A1.3.1: Reunións de deseño e coordinación do hackathon e as presentacións públicas

A1.3.2: Encontro entre os 5 centros para o intercambio de experiencias e creación dunha acción conxunta de comunicación

A1.3.3: Presentación nos 5 centros educativos dos resultados finais dos proxectos

A1.4.1: Curso de formación para o profesorado e base social sobre Novas Narrativas Dixitais a través do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación da Consellería de Educación)

Resultado 1.4: Transferidos os coñecementos, metodoloxías e contido do EpDLab a profesionais da educación e a comunicación

A1.4.1: Curso de formación para o profesorado e base social sobre Novas Narrativas Dixitais a través do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación da Consellería de Educación)

A1.4.2: Presentación do proxecto a polo menos 3 xornadas sobre proxectos de ED e innovación social

A1.4.3: Campaña específica de difusión nas redes sociais do proxecto, dos centros educativos e da organización dos resultados dos obradoiros

Poboación beneficiaria: 

Directa: O total das persoas participantes é de 187 persoas, das cales arredor de 21 son mulleres e 16 homes, e 80 nenas e 70 nenos.

O grupo de persoas beneficiarias está composto por 80 alumnas, 70 alumnos, 4 profesores e 8 profesoras responsables do proxecto en cada centro (incluído o de República Dominicana) e outros/as 25 docentes que acudirán á formación homologable polo CAFI e dos cales alomenos a metade serán mulleres.

Os beneficiarios directos da República Dominicana son dúas aulas de 5º e 6º de primaria, nas que están matriculadas 35 persoas (17 alumnas, 18 alumnos). O alumnado ten entre 12 e 15 anos, debido o alto porcentaxe de alumnado que repite curso ou comezou tarde a súa escolarización. O 70% deles son de orixe haitiana e pertencen a familias de escasos recursos.

Indirecta: Resto de docentes dos centros participantes: 225 docentes. Ao finalizar o proxecto realizaranse actividades de difusión en cada centro educativo polo que aos/ás beneficiarios/as indirectos/as hai que engadir o alumnado dos centros, neste caso un total de 1891 nenos e nenas, así como a boa parte da poboación que rodea aos centros, un total de 64.582 persoas.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia 34.460,40 €; 13.784,16  € (2018) e 20.676,24 € (2019)