Proxectos

Mellora da educación e comunicación para o desenvolvemento na educación infantil, primaria e secundaria, e da formación en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no ámbito universitario

Este proxecto constitúe unha aposta integral pola sensibilización e formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca dende a educación infantil ata a formación universitaria e se presenta como continuación e complemento do proxecto “Escolas sen Racismo, Escolas pola Paz e o Desenvolvemento”, financiado pola Cooperación Galega na súa convocatoria de educación para o desenvolvemento no ano 2011.

Con esta nova proposta de actuación preténdese contribuír a fomentar e fortalecer un clima de tolerancia, solidariedade, democracia e respecto, dende a conciencia crítica e a pluralidade en oito centros educativos das provincias de A Coruña e Pontevedra, que ao longo do curso adquiren un compromiso que se concreta nas actividades de Escolas sen Racismo. Deste xeito, o proxecto pretende acercar novos materiais aos centros xa pertencentes a este grupo de escolas, coma o xogo “Na procura do desenvolvemento”, e continuar con accións que están tendo un grande impacto nos centros, como é o caso dos obradoiros de televisión e radio, ou a colección de contos. Por outro lado, o proxector contribuirá ao fortalecemento das Escolas sen Racismo na provincia de Pontevedra, incluíndo centros novos, facilitando recursos e capacidades en educación para o desenvolvemento aos docentes e comunidade educativa de ditos centros.

En materia de formación universitaria en cooperación e comunicación para o desenvolvemento, Asemblea de Cooperación pola Paz e AGARESO continúan dando resposta ás necesidades manifestadas polo alumnado universitario galego, co obxectivo de contribuír á profesionalización e fortalecemento do sector galego de cooperación e da comunicación para o desenvolvemento, incluíndo neste proxecto a realización da terceira edición do Seminario Xornalismo Social e Cooperación Internacional na Universidade de Santiago de Compostela.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación e comunicación para o desenvolvemento en Galicia.
Obxectivo Específico: Mellora das capacidades e ferramentas para a educación e comunicación para o desenvolvemento no ensino non universitario (educación infantil, primaria e secundaria) e promover a formación especializada en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no eido universitario.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Ao décimo mes de execución do proxecto 8 centros de ensino non universitario (3 de infantil, primaria e 5 de secundaria) teranse dotado de ferramentas en materia de educación e comunicación para o desenvolvemento.
Actividades:
A.1.1.1.: Xuntanzas de presentación e seguimento.
A.1.1.2.: Manifesto Escolas Sen Racismo.
A.1.1.3.: Historias que Contan.
A.1.1.4.: Por un mundo de cores.
A.1.1.5.: Na procura do desenvolvemento.
Resultado 1.2.: Ao décimo mes de execución do proxecto 8 centros de ensino non universitario (infantil, primaria e secundaria) terán recibido formación e sensibilización en materia de educación e comunicación para o desenvolvemento.
Actividades:
A.1.2.1.: Elaboración das sesións formativas do profesorado.
A.1.2.2.: Realización das sesións formativas do profesorado.
A.1.2.3.: Elaboración das sesións formativas dos Obradoiros de radio e televisión de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A.1.2.4.: Realización das sesións formativas dos Obradoiros de radio e televisión de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A.1.2.5.: Elaboración do blog dos Obradoiros de radio e televisión de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A.1.2.6.: Avaliación de todas as sesións formativas do alumnado e do profesorado.
A.1.2.7.: Deseño e distribución dos DVD cos programas de radio e televisión resultantes dos obradoiros.
Resultado 1.3.: Ao décimo mes de execución do proxecto terán recibido formación e sensibilización 30 estudantes da Universidade de Santiago de Compostela en cooperación e comunicación para o desenvolvemento.
Actividades:
A.1.3.1.: Deseño e distribución dos materiais de difusión do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional.
A.1.3.2.: Elaboración do programa do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional.
A.1.3.3.: Selección dos participantes no Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional.
A.1.3.4.: Realización do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional na USC.
A.1.3.5.: Realización do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional na USC, módulo práctico en Marrocos (Nador).
A.1.3.6.: Seguimento e avaliación dos cursos tanto nas universidades como na parte práctica en terreo.
Resultado 1.4.: Ao primeiro mes de execución do proxecto tanto o persoal de ACPP como de AGARESO terán executado un plan de comunicación e un sistema de seguimento e avaliación.
Actividades:
A.1.4.1.: Plan de Comunicación.
A.1.4.2.: Seguimento e avaliación.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Os beneficiarios directos son un mínimo de 541 persoas, entre alumnado da ensino non universitario (infantil, primaria e secundaria) e universitario, e os equipos docentes e de orientación.
Indirecta: Os beneficiarios indirectos serán aproximadamente 1.000 persoas, distribuídas entre: as oito comunidades educativas onde se leva a cabo o proxecto, posto que repercute nunha mellor convivencia nos centros; as familias e grupos de iguais do alumnado; e o sector da cooperación internacional en Galicia que se ve reforza polas accións formativas desenvolvidas por Asemblea de Cooperación pola Paz e AGARESO.

Axudas: 

34.984,00 (2012: 12.244,40; 2013: 22.739,60)