Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas e promover obxectivos compartidos de incidencia política e social
O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar o sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, mellorando as súas capacidades para representar e fortalecer ás ONGD galegas e promover obxectivos compartidos de incidencia política e social.
O fortalecemento da CGONGD e as súas organizacións socias vense apoiando dende 2008, e neste ano 2021 o convenio fai fincapé en dous aspectos esenciais: a comunicación e visibilización do traballo das ONGD e o enfoque de xénero. Neste sentido, aproveitando o 30 aniversario da CGONGD porase en marcha unha campaña comunicativa destinada a dar a coñecer e afondar no traballo que as ONGD realizan, para o cal está previsto publicar unha actualización do Informe sobre o traballo das ONGD galegas no mundo. Ademais fortalecerase ás organizacións na incorporación do enfoque de xénero nas súas intervencións e ao interno de cada ONGD, a través da formación e o asesoramento individualizado.
Xeral: Contribuír a mellorar o sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.
Específico: Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas e promover obxectivos compartidos de incidencia política e social.
Resultado 1.1. Promovida a incidencia política e para o cambio social na defensa da política pública de cooperación e da transformación social en Galicia.
A.1.1.1. Facer incidencia política en representantes públicos e administracións a nivel local e autonómico para a mellora da política pública de cooperación.
A.1.1.2. Promover encontros e traballo en rede con actores estratéxicos para os obxectivos das ONGD socias e a política galega de cooperación ao desenvolvemento así como promover a pertenza e participación en plataformas de interese.
A.1.1.3. Executar o Plan Operativo 2021 do Plan de Comunicación da Coordinadora.
A.1.1.4. Deseñar e lanzar unha campaña de comunicación no marco do 30 aniversario da Coordinadora.
A.1.1.5. Promover, apoiar, e/ou participar en actividades e espazos de reflexión de incidencia social que respondan aos intereses estratéxicos das ONGD socias (defensa dos DDHH, educación para a cidadanía global, ecoloxismo; feminismos; comercio xusto, economía social e solidaria e consumo responsable, etc).
Resultado 1.2. Fortalecida a participación e transparencia nos órganos que conforman a Coordinadora Galega de ONGD (ONGD integradas, Xunta Directiva, Secretaría Técnica, Comisións de Traballo e Grupos Territoriais).
A.1.2.1. Promover a participación e traballo das ONGD socias nos órganos de traballo internos da Coordinadora: Comisións de Traballo, Grupos Territoriais, Xunta Directiva, Secretaría Técnica e Asemblea Xeral e promover así como o achegamento a ONGD non socias.
A.1.2.2. Informar ás ONGD socias sobre novidades de interese da cooperación galega e estatal (publicacións, novas, convocatorias) e sobre as actividades levadas a cabo pola Coordinadora.
A.1.2.3. Promover a aplicación da Ferramenta de Transparencia e o Bo goberno e o cumprimento do Código de Conduta nas ONGD socias e na Coordinadora.
A.1.2.4. Elaborar e difundir un informe sobre o traballo e composición das ONGD socias da Coordinadora.
Resultado 1.3. Fortalecidas as capacidades técnicas, con perspectiva de xénero, e a orientación estratéxica dos órganos que conforman a Coordinadora Galega de ONGD (ONGD integradas, Xunta Directiva, Secretaría Técnica, Comisións de Traballo e Grupos Territoriais).
A.1.3.1. Poñer en marcha e/ou participar en espazos de reflexión e debate para actualizar e mellorar a orientación estratéxica e as capacidades das ONGD socias.
A.1.3.2. Apoiar a participación das ONGD socias no plan formativo da Coordinadora Estatal de ONGD.
A.1.3.3. Impulsar un acompañamento individualizado e adaptado ás ONGD socias para a incorporación da perspectiva de xénero ao interno e nos proxectos que se desenvolven.
Directa: un total de 1.733 persoas (1.181 mulleres y 552 homes), configurada por voluntariado e persoal laboral das ONGD socias.
Indirecta: un total de 21.422 persoas (12.849 mulleres y 8.573 homes), principalmente persoas socias das ONGD.
Axuda Xunta de Galicia: 100.000,00 €