Proxectos

Mellora das capacidades e ferramentas para a educación e comunicación para o desenvolvemento no ensino non universitario e promoción da formación especializada en cooperación e comunicación para o desenvolvemento.

Este proxecto constitúe unha aposta integral pola formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación do proxecto EpD-CpD.
As acción programadas inciden na sensibilización sobre a problemática dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos, especialmente das mulleres.
Preténdese contribuír a fomentar e fortalecer un clima de tolerancia, solidariedade, democracia e respecto, desde a conciencia crítica e a pluralidade en varios centros educativos, que ao longo do curso adquiren un
compromiso que se concreta nas actividades de Escolas Sen Racismo, Escolas pola Paz e o Desenvolvemento (ESR,EPD) promovidas desde ACPP, AGARESO e pola súa comunidade educativa conxuntamente.
Preténdese dotar de ferramentas e formación específicas ao profesorado, para que traballe co alumnado que cada ano pasa pola aula e garantir que o proxecto sexa sostible e o seu efecto multiplicador.

 

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación e comunicación para o desenvolvemento en Galicia.

Obxectivo Específico: Mellora das capacidades e ferramentas para a educación e comunicación para o desenvolvemento no ensino non universitario (educación infantil, primaria, secundaria e FP) e promoción da formación especializada en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no eido universitario.

 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Ao décimo mes de execución do proxecto, polo menos 12 centros de ensino non universitario (7 de infantil e primaria, 1 CEIPS, 3 de secundaria e 1 de secundaria e FP) teranse dotado de ferramentas en materia de educación e comunicación para o desenvolvemento.
Actividades
A1.1.1: Xuntanzas de presentación e seguimento.
A1.1.2: Manifesto Escolas Sen Racismo
A1.1.3: Por un mundo de cores
A1.1.4: Guía didáctica 2º ciclo de infantil
A1.1.5: Teatro Forum
A1.1.6: Formación en Teatro Forum
A1.1.7: Mira Ti
A1.1.8: Guía “A Paz no Cine”
A1.1.9: “Dominicanas Somos” nos Clubes de Lectura
A1.1.10: Placa “ESR, EPD”
Resultado 1.2: Ao décimo mes de execución do proxecto 3 centros de ensino non universitario (infantil, primaria e secundaria) terán recibido formación e sensibilización en materia de comunicación para o desenvolvemento.
Actividades
A1.2.1: Elaboración das sesións formativas dos Obradoiros de radio, televisión e prensa de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A1.2.2: Realización das sesións formativas dos Obradoiros de radio, televisión.
e prensa de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A1.2.3: Elaboración do blog dos Obradoiros de radio, televisión e prensa de
educación e comunicación para o desenvolvemento.
A1.2.4: Avaliación de todas as sesións formativas do alumnado.
A1.2.5: Deseño e distribución dos dvd cos programas de radio e televisión e co xornal dixital resultantes dos obradoiros.
Resultado 1.3: Ao 12º mes de execución do proxecto implementado un plan formativo dirixido a polo menos 35 estudantes universitarios/as galegos/as en materia de cooperación e comunicación para o desenvolvemento.
Actividades
A1.3.1: Deseño e distribución dos materiais de difusión do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional e do curso de Introdución á cooperación ao desenvolvemento.
A1.3.2: Elaboración do programa do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional e do curso de Introdución á cooperación ao desenvolvemento.
A1.3.3: Realización do curso de Introdución á cooperación ao desenvolvemento.
A1.3.4: Selección dos participantes no Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional
A1.3.5: Realización do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional na USC.
A1.3.6: Realización do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional na USC, módulo práctico en Marrocos.
A1.3.7: Seguimento e avaliación dos cursos tanto nas universidades como na parte práctica en terreo.
Resultado 1.4: Ao finalizar o proxecto, o persoal de ACPP e AGARESO terán implementado un plan de seguimento e avaliación participativo do proxecto e un
plan de comunicación.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: Un total de 949 persoas, das cales 50 son mulleres, 425 nenas, 49 homes e 425 nenos.
Indirecta: Un total de 4.592 persoas, das cales 398 son mulleres, 1.500 nenas, 398 homes e 1.500 nenos.

 

Axudas: 

40.000€; 16.000 € (2014) e 24.000 € (2015)