Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego
Este proxecto constitúe unha aposta integral por unha educación que impulse un novo modelo de cidadanía comprometida activamente na consecución dun mundo máis equitativo e sostible, que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación e complemento do proxecto EpD-CpD, financiado pola DXREeUE nas súas convocatorias de educación para o desenvolvemento entre os anos 2011 e 2016. Educar para una cidadanía global implica fomentar o respecto e a valoración da diversidade como fonte de enriquecemento humano, a conciencia ambiental e o consumo responsable, o respecto dos dereitos humanos individuais e sociais, a igualdade de xénero, a valoración do diálogo como ferramenta para a resolución pacífica dos conflitos e a participación democrática, a corresponsabilidade e o compromiso na construción dunha sociedade xusta, equitativa e solidaria. Ademais este proxecto busca sensibilizar sobre as problemáticas dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos deses países, especialmente das mulleres. Contribúese a potenciar o diálogo, participación, corresponsabilidade e compromiso transformador en 8 centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra, que ao longo do curso adquiren un compromiso que se concreta nas actividades de Escolas Sen Racismo, Escolas pola Paz e o Desenvolvemento (ESR,EPD) promovidas desde ACPP, AGARESO e pola súa comunidade educativa conxuntamente.
Obxectivo xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación e comunicación para o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia.
Obxectivo específico: Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego.
Resultado 1.1: Mellorados os coñecementos, habilidades e actitudes do alumnado de 8 centros de ensino galego (infantil, primaria e secundaria) no eido da cidadanía global.
A1.1.1. Xuntanzas de presentación e seguimento
A1.1.2. Manifesto Escolas Sen Racismo
A1.1.3. Guía de Contos transformadores
A1.1.4. Teatro Forum sobre xénero, interculturalidade e prevención de conflitos.
A1.1.5. Mira Ti
A1.1.6. Exposición “Mulleres no Sur”
A1.1.7. Ciclo de Obradoiros de Relacións Igualitarias
A1.1.8. Creación e formación dun Equipo de Igualdade no IES X. Magariños.
A1.1.9. Reciclaxe Servizo de Mediación Escolar
A.1.1.10. Axenda Escolar Feminista
A.1.1.11. Exposicións DPC: Varias temáticas
Resultado 1.2: Melloradas e aplicadas as capacidades do alumnado de 4 centros educativos (primaria e secundaria) en materia de comunicación transformadora.
A1.2.1. Obradoiro de Radio na Escola para alumnado y profesorado de catro sesións no CEIP López Ferreiro
A1.2.2. Obradoiro de TV na Escola para profesorado e alumnado do Xulián Magariños
A1.2.3 Obradoiro de animación dun conto de educación para o cambio social empregando a técnica de Stop Motion nun centro educativo de primaria.
A1.2.4. Obradoiro de youtubers para o cambio social de catro sesións nun centro educativo de secundaria
A1.2.5. Presentacións públicas dos traballos finais dos obradoiros
A1.2.6. Avaliación de todas as sesións formativas do alumnado dos obradoiros
Resultado 1.3. Mellorados os coñecementos, habilidades e actitudes do alumnado universitario en material de Cooperación e Comunicación para o cambio social.
A1.3.1. Deseño e distribución dos materiais de difusión do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional e do “Curso de Introdución á Cooperación, Educación para o desenvolvemento e Comunicación para o Cambio Social”.
A1.3.2. Realización do “Curso de Introdución á Cooperación, Educación para o desenvolvemento e Comunicación para o Cambio Social” na UdC
A1.3.3. Realización do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional na USC
A1.3.4. Realización do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional na USC, módulo práctico en Marrocos.
A1.3.5. Seguimento e avaliación dos cursos tanto nas universidades como na parte práctica en terreo
Resultado 1.4: Fomentado o coñecemento e análise sobre o proxecto de cara á súa visibilidade e aprendizaxe colectiva.
A1.4.1. Deseño e aplicación da estratexia de comunicación do proxecto
A1.4.2. Deseño e posta en marcha do Plan de seguimento e avaliación
A1.4.3. Deseño e elaboración dunha liña de base
A1.4.4. Xuntanzas de coordinación, intercambio e análise do equipo do proxecto
Directa
Unhas 959 persoas, das cales 36 son mulleres e 23 homes, ademais de 450 nenas e 450 nenos
Dentro deste proxecto atopamos dous tipos de público obxectivo. Aínda que está dirixido á sociedade en xeral, presta especial atención aos axentes que forman a comunidade educativa facendo distincións entre os dous niveis de ensino: ensino non universitario (infantil, primaria, secundaria e familias-ANPAS) e ensino universitario.
En educación infantil participarán un mínimo de 100 alumnos/as dos que se estima que un 50% sexan nenas e un 50% nenos e 4 docentes dos que se estima que un 75% sexan profesoras e un 25% profesores.
En educación primaria participarán un mínimo de 200 alumnos/as dos que se estima que un 50% sexan rapazas e un 50% rapaces e 8 docentes dos que se estima que un 75% sexan profesoras e un 25% profesores.
En educación secundaria participarán un mínimo de 600 alumnos/as dos que se estima que un 60% sexan rapazas e un 40% rapaces e 12 docentes dos que se estima que un 50% sexan profesoras e un 50% profesores.
No ensino universitario, o público obxectivo é a mocidade galega interesada na cooperación internacional; un mínimo de 35 alumnos/as (15 no curso de Introdución á Cooperación e 20 no Seminario de Xornalismo Social). Estímase que un 85% sexan mozas e un 15% mozos.
Indirecta
As/Os beneficiarias/os indirectas/os serán aproximadamente 3.000 persoas, distribuídas entre: as 8 comunidades educativas onde se leva a cabo o proxecto, posto que repercute nunha mellor convivencia nos centros; as familias e grupos de iguais do alumnado; e o sector da cooperación internacional en Galicia que se ve reforzado polas accións formativas desenvolvidas por ACPP e AGARESO
Axuda da Xunta de Galicia 45.000,00 €; 18.000,00 € (2018) e 27.000,00 € (2019)