Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego
O proxecto enmárcase no programa Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento (ESR-EPD), o cal enfoca unha educación baseada nos valores de paz, resolución de conflitos, solidariedade e equidade desde unha perspectiva global, que inclúa a responsabilidade persoal e colectiva co desenvolvemento humano.
Constitúe unha aposta integral pola formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abrangue desde a educación infantil ata a universitaria.
O seu obxectivo xeral é contribuír ao fortalecemento da educación e comunicación para o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia a través da mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego (obxectivo específico).
Este proxecto proporciona ferramentas teóricas e prácticas para potenciar o diálogo, a participación, a corresponsabilidade e o compromiso transformador en 8 centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra, que ao longo do curso adquiren un compromiso que se concreta nas actividades de Escolas Sen Racismo, Escolas pola Paz e o Desenvolvemento promovidas desde ACPP, AGARESO e pola súa comunidade educativa conxuntamente. Os centros participantes no ESR-EPD 2020-2021 son cinco institutos de educación secundaria (IES de Brión, IES Laxeiro de Lalín, IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra, IES Milladoiro de Ames e IES Xulián Magariños de Negreira) e tres centros de primaria (CEIP López Ferreiro, CPR Vilas Alborada e CEIP Apóstolo Santiago de Santiago de Compostela).
Xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación e comunicación para o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia.
Específico: Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino de infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego.
RE 1.1: Mellorados os coñecementos, habilidades e actitudes de alumnado e profesorado de oito centros de ensino galego (infantil, primaria e secundaria) no eido da EpD e a cidadanía global.
A.1.1.1 Xuntanzas de presentación, coordinación e seguimento.
A.1.1.2 Actualización da Guía de Contos Transformadores.
A 1.1.3 Teatro Foro sobre xénero, interculturalidade e prevención de conflitos.
A 1.1.4 Ciclo de Obradoiros de Relacións Igualitarias.
A 1.1.5 Reforzo e acompañamento de Equipos de Igualdade dos IES Laxeiro e Xulián Magariños.
A 1.1.6 Reforzo e apoio das equipas de mediación do IES Milladoiro, IES Laxeiro e IES Xulián Magariños.
A 1.1.7 Almanaque Escolar Feminista.
A 1.1.8 Reforzo nos enfoques da EpD a través dos materiais Mira ti, Mulleres no Sur e De profesións cidadáns.
A 1.1.9 Manifesto Escolas Sen Racismo.
RE 1.2: Mellorada a capacidade de reflexión crítica e de xerar produtos de comunicación transformadora do alumnado de catro centros educativos de primaria e secundaria galegos.
A 1.2.1 Obradoiro de Radio na Escola para alumnado e profesorado de catro sesións no IES de Brión.
A 1.2.2 Obradoiro de curta documental sobre temática social no IES Laxeiro de Lalín.
A 1.2.3. Obradoiro de animación dun conto de educación para o cambio social empregando a técnica de Stop Motion no CEIP López Ferreiro.
A 1.2.4 Obradoiro de vídeo-cartas para o cambio social no IES Xulián Magariños de Negreira.
A 1.2.5 Presentacións públicas fóra do centro escolar dos traballos finais dos obradoiros.
RE 1.3: Mellorados os coñecementos, habilidades e actitudes do alumnado universitario en materia de Cooperación e Comunicación para o cambio social.
A 1.3.1 Deseño e distribución dos materiais de difusión do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional.
A 1.3.2 Realización do “Curso de Introdución á Cooperación, Educación para o Desenvolvemento e Comunicación para o Cambio Social” na UdC.
A 1.3.3 Realización do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional na USC.
A 1.3.4 Realización do módulo práctico do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional en Marrocos.
RE 1.4: Fomentado o coñecemento e análise sobre o proxecto de cara á súa visibilidade e aprendizaxe colectiva.
A 1.4.1 Deseño e aplicación da estratexia de comunicación do proxecto para ampliar a capacidade de difusión dos produtos creados dentro do proxecto.
A 1.4.2 Deseño e elaboración dunha liña de base.
A 1.4.3 Deseño e posta en marcha do Plan de seguimento e avaliación.
A 1.4.5 Xuntanzas de coordinación, intercambio e análise do equipo de proxecto.
Directa: 1.364 persoas (704 mulleres e 660 homes) que forman parte da comunidade educativa.
Indirecta: 3.000 persoas (1.500 mulleres e 1.500 homes), entre axentes da comunidade educativa e a sociedade en xeral.
Axuda Xunta de Galicia: 45.000,00 € (2020: 18.000,00 €; 2021: 27.000,00 €)