Proxectos

Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego

O proxecto proporciona ferramentas teóricas e prácticas para potenciar o diálogo, a participación, a corresponsabilidade e o compromiso transformador en sete centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra, que ao longo do curso adquiren un compromiso que se concreta nas actividades de Escolas Sen Racismo, Escolas pola Paz e o Desenvolvemento (ESR-EPD) promovidas desde ACPP, AGARESO e pola súa comunidade educativa conxuntamente. Os centros participantes no ESR-EPD 2021-2022 son catro institutos de educación secundaria (IES de Brión, IES Laxeiro de Lalín, IES Antón Losada da Estrada e IES Xulián Magariños de Negreira) e tres centros de primaria (CEIP López Ferreiro, CPR Vilas Alborada e CEIP Apóstolo Santiago, de Santiago de Compostela).

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación e comunicación para o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia.

Específico: Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino de infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mellorados os coñecementos, habilidades e actitudes do profesorado de sete centros de ensino galego (infantil, primaria e secundaria) no eido da EpD e a cidadanía global.

            A.1.1.1. Xuntanzas de coordinación, seguimento e avaliación.

            A.1.1.2. Conformación de equipa ESR por centro.

            A.1.1.3. Acompañamento ao profesorado implicado no proceso educativo na incorporación e fortalecemento dos enfoques da EpD.

            A.1.1.4.  Reforzo nos enfoques da EpD a través dos materiais “Mira ti”, “En busca do desenvolvemento” e “A teteira de Kabul”.

            A.1.1.5. Encontro intercentros do profesorado implicado no proxecto.

RE 1.2. Mellorados os coñecementos, habilidades e actitudes do alumnado de sete centros de ensino galego (infantil, primaria e secundaria) no eido da EpD e a cidadanía global.

            A.1.2.1. Actividades arredor do conto para infantil, primeiro e segundo ciclo de Primaria.

            A.1.2.2. Teatro Foro sobre racismo e interculturalidade (3º ciclo de Primaria, 1º ESO).

            A.1.2.3. Ciclo de Obradoiros de Relacións Igualitarias (3º ciclo de Primaria, 2º ESO).

            A.1.2.4. Ciclo de obradoiros de mellora da convivencia escolar e botrato9 (3º ESO, FP Básica).

            A.1.2.5. Manifesto Escolas Sen Racismo.

RE 1.3. Mellorada a capacidade de reflexión crítica e de xerar produtos de comunicación transformadora do alumnado de sete centros educativos de primaria e secundaria galegos.

            A.1.3.1. Sete obradoiros de Dicionarios Audiovisuais para alumnado e profesorado de 100 minutos.

            A.1.3.2. Obradoiro de TV escolar e contrainformación de 6 sesións de 100 minutos no IES Xulián Magariños de Negreira.

            A.1.3.3. Un obradoiro de animación de 6 sesións de 100 minutos dun conto de educación para o cambio social empregando a técnica de Stop Motion no CEIP López Ferreiro.

            A.1.3.4. Dous obradoiros de 200 minutos de vídeo-cartas para o cambio social no IES Laxeiro de Lalín.

RE 1.4. Mellorados os coñecementos, habilidades e actitudes do alumnado universitario en materia de Cooperación e Comunicación para o cambio social.

            A.1.4.1. Creación da aula virtual do Seminario de Comunicación Social e Cooperación.

            A.1.4.2. Realización do “Curso de Introdución á Cooperación e Educación para o Desenvolvemento” na UdC.

            A.1.4.3.  Realización do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional na USC.

            A.1.4.4. Realización do módulo práctico do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional fóra de Galicia.

 RE 1.5. Fomentado o coñecemento e análise sobre o proxecto de cara á súa visibilidade e aprendizaxe colectiva.

            A.1.5.1. Xuntanzas de coordinación, intercambio e análise do equipo do proxecto.

            A.1.5.2. Deseño e elaboración dunha liña de base.

            A.1.5.3. Xornada ESR en cada centro educativo.

            A.1.5.4. Deseño e aplicación da estratexia de comunicación do proxecto para ampliar a capacidade de difusión dos produtos creados dentro do proxecto.

            A.1.5.5. Deseño e posta en marcha do Plan de seguimento e avaliación.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 20 homes, 30 mulleres, 516 nenos e 567 nenas.

Indirecta: 500 homes, 500 mulleres, 1.000 nenos e 1.000 nenas.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 45.000,00 € (2021: 18.000,00 €; 2022: 27.000,00 €)