Proxectos

Mellora das capacidades produtivas para a soberanía alimentaria e para o impulso de iniciativas produtivas comunitarias na costa sur de Guatemala. Departamento de Retalhuleu. Fase III

Coa presente proposta preténdense consolidar os procesos iniciados nos períodos correspondentes do 2009 ao 2011 co proxecto "Mellora das capacidades produtivas para a soberanía alimentaria e para o impulso de iniciativas produtivas comunitarias na Costa Sur", financiado pola Xunta de Galicia mediante convenio de colaboración asinado en setembro de 2009, e o convenio asinado o 27 de abril 2011 no marco do Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj Tziquin, Champerico, Retalhuleu, Guatemala. Na presente proposta seguiranse traballando as liñas estratéxicas de fortalecemento da capacidade produtiva para a soberanía alimentaria e o apoio ao impulso ao desenvolvemento de iniciativas produtivas para a seguridade económica familiar.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (departamento)
Axentes: 
ACSUR LAS SEGOVIAS
Contraparte: 

Asociación para la Promoción y el Desarrollo de la Comunidad (CEIBA)

Código CRS: 
52010 - Axuda alimentaria / Programas de seguridade alimentaria
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao desenvolvemento integral das comunidades da costa sur de Guatemala (Retalhuleu e Champerico) co impulso de iniciativas produtivas, con criterios de sustentabilidade, solidariedade, seguridade e soberanía alimentaria, co fin de contribuír á mellora das condicións de vida das familias.
Obxectivo Específico 1: Consolidar a capacidade produtiva para a soberanía alimentaria coa utilización de técnicas de produción que contribúan ao sistema ecolóxico con pertinencia cultural de mulleres e homes de 400 familias de 15 comunidades participantes no programa.
Obxectivo Específico 2: Consolidar e fortalecer as iniciativas produtivas establecidas de ganado vacún, que brinden seguridade alimentaria ás 230 familias das comunidades participantes, con criterios de sustentabilidade, solidariedade e de soberanía alimentaria, promovendo a participación de mulleres e homes nas diversas etapas dos procesos garantindo o seu desenvolvemento e empoderamento por parte das/os beneficiarias/os.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Diversificadas, cunha visión integral, as parcelas agrícolas de 400 familias en 15 comunidades e implementados mecanismos de auto sustentabilidade da produción ecolóxica.
Actividades:
A.1.1.1.: Compra e entrega de insumos locais aos centros de conservación de sementes (Bancos de Germoplasma).
A.1.1.2.: Consolidar o plan de seguimento aos Centros de conservación de sementes.
A.1.1.3.: Capacitacións a comités encargados de administrar os Centros de conservación de sementes e elaboración de maneira conxunta dun regulamento de uso.
A.1.1.4.: Acompañamento técnico no manexo pecuario.
A.1.1.5.: Dotación de sementes para cultivos e para as familias que tiveron pérdidas na temporada copiosa de chuvias do 2011.
A.1.1.6.: Seguimento das Parcelas Integrais.
Resultado 1.2: Fortalecidas as capacidades de 31 promotoras/es para o seguimento técnico das familias na súa produción agroecolóxica.
Actividades:
A.1.2.1.: Unha xira con administración e promotores de Centros de sementes a Rabinal, Baja Verapaz á organización Qachualoom.
A.1.2.2.: Réplicas de coñecementos de promotores/as á súa comunidade.
A.1.2.3.: Intercambio de experiencias de membros da micro rexional e apoio na elaboración dun plan de seguimento desde o Consello Micro rexional.
A.1.2.4.: Talleres de capacitación a promotoras/es e lideresas.
Resultado 1.3: As familias beneficiarias aumentaron o seu consumo en cantidade e variedade dos alimentos nutritivos que producen na súa parcela e a nivel local.
Actividades:
A.1.3.1.: Acompañamento a lideresas.
A.1.3.2.: Asistencia técnica, acompañamento e avaliación do uso dos filtros e as dificultades encontradas para a súa utilización.
A.1.3.3.: Intercambios e reflexións con promotores e lideresas de concienciación en temas de xénero.
A.1.3.4.: Coordinación das redes de promotores (ASECSA – CEIBA) a nivel local.
Resultado 1.4: Incorpóranse na execución do proxecto as recomendacións emitidas na avaliación sobre o compoñente produtivo para consolidar as capacidades produtivas que contribúen á seguridade e soberanía alimentaria das familias.
Resultado 2.1: Garantida a produción de leite co hato gandeiro existente nas tres comunidades con iniciativas gandeiras.
Actividades:
A.2.1.1.: Reunións coas Xuntas Directivas e comisións para a semente de pasto.
A.2.1.2.: Seguimento ao Plan profiláctico e aplicación de vitaminas, desparasitantes.
A.2.1.3.: Aplicación de proba de tuberculoses e bruceloses.
A.2.1.4.: Mantemento das instalacións pecuarias e das plantas transformadoras.
Resultado 2.2: Incrementada a produción e o consumo de produtos lácteos nas tres comunidades que contan con iniciativas gandeiras.
Actividades:
A.2.2.1.: Acompañamento ás dúas plantas procesadores de lácteos e seguimento ao plan de funcionamento.
A.2.2.2.: Seguimento ao plan de traballo de ordeño de vacas.
A.2.2.3.: Elaboración de regulamentos de funcionamento das plantas procesadoras e instalacións pecuarias e o traspaso ás comunidades.
Resultado 2.3.: Comercialízanse localmente produtos lácteos e pesqueiros.
Actividades:
A.2.3.1.: Promoción dos produtos lácteos e pesqueiros.
A.2.3.2.: Búsqueda e contacto con posibles mercados locais para pescadoras/es e produtos lácteos.
A.2.3.3.: Diagnóstico de volumes de produción láctea.
A.2.3.4.: Análise de alternativas económicas para os pescadores.
A.2.3.5.: Asembleas e reunións con Xuntas directivas, comisións e beneficiarias/os.
Resultado 2.4.: Fortalécense as capacidades técnicas e de xestión das/os beneficiarias/os, nos procesos das dúas iniciativas produtivas (pesca artesanal e gandería).
Actividades:
A.2.4.1.: Talleres sobre prácticas de hixiene e manexo de produtos lácteos.
A.2.4.2.: Seguimento ás estratexias de comercialización.
A.2.4.3.: Talleres sobre a xestión financeira, análise de custos de produción, o manexo de ingresos.
A.2.4.4.: Talleres de formación política ás mulleres incluíndo as comisións de manexo do ganado.
A.2.4.5.: Intercambio con outra experiencia de transformación de produtos lácteos preferiblemente produción familiar.
Resultado 2.5.: Incorpóranse na execución do proxecto as recomendacións emitidas na avaliación sobre o compoñente produtivo para consolidar as capacidades produtivas que contribúen á seguridade e soberanía alimentaria das familias.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Na liña de soberanía alimentaria, beneficiarase aproximadamente a 2.400 persoas, pertencentes a 400 familias das 12 comunidades do municipio de Champerico, e 3 do municipio de Retalhuleu, conformadas por poboación rural, indíxena (Mam y Quiché) e mestiza.
Indirecta: Considéranse beneficiarios/as indirectos/as ás 2.317 familias (11.384 persoas) das 15 comunidades de intervención.

Axudas: 

56402