Proxectos

Mellora das condicións de Seguridade Alimentaria e Nutricional da poboación de Sechura a través dun consumo apropiado dos produtos hidrobiolóxicos

O proxecto ten como obxectivo contribuír á mellora das condicións de Seguridade Alimentaria e Nutricional da poboación sechurana a través da incorporación dos produtos hidrobiolóxicos na dieta da poboación do distrito de Sechura (na rexión peruana de Piura). Este proxecto vén dar continuidade ás actividades desenvolvidas pola institución galega nesta zona do Perú en proxectos anteriores. A través do presente proxecto, Cetmar ofrece formación a técnicos, así como no ámbito familiar e educativo, sobre o consumo apropiado dos produtos hidrobiolóxicos e a súa introdución nunha dieta rica en nutrientes e proteínas.

A Xunta de Galicia xa viña desenvolvendo proxectos en apoio ao sector pesqueiro e acuícola e outros en Perú, concretamente na Baia de Sechura, da man de diferentes axentes e actores. No ano 2018 encargouse á Fundación CETMAR a realización dunha Misión de Identificación no ámbito da pesca e acuicultura artesanal, da que participaran os diferentes axentes e actores. A través desa misión identificáronse unha serie de necesidades e posibles actuacións que poderían ser abordadas a través de intervencións dos axentes mencionados anteriormente. Neste sentido, púxose en marcha unha iniciativa de desenvolvemento sectorial en apoio á pesca artesanal na Baía de Sechura, no Departamento de Piura, (Perú), que, baixo a denominación de “Acuipesca Perú” desenvolveuse durante os anos 2019 a 2021. O convenio que se asinará é complementario desta intervención.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Piura (rexión)
Sechura (provincia)
Axentes: 
FUNDACIÓN CETMAR
Contraparte: 

Ministerio da Produción (PRODUCE)

Código CRS: 
12240 - Programas directos para a alimentación
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á mellora das condicións de Seguridade Alimentaria e Nutricional da poboación sechurana a través da incorporación dos produtos hidrobiolóxicos na dieta da poboación do distrito de Sechura.

Obxectivo específico: Mellorar o aproveitamento de produtos hidrobiolóxicos na poboación sechurana a través do fortalecemento de capacidades e sensibilización da poboación nos beneficios e contribución dos mesmos a unha nutrición saudable e rica en nutrientes e proteínas.

Resultados e actividades: 

RE 1. Garantido un mellor aproveitamento dos produtos hidrobiológicos nas unidades familiares do distrito de Sechura.

A1.1 Deseño, elaboración e implementación dun programa formativo sobre alimentación saudable a través do aproveitamento dos recursos hidrobiológicos.

A. 1.1.1: Elaboración do material de formación e sensibilización para formadores e beneficiarios.

A. 1.1.2: Formación de formadores.

A1.2 Diversificación das dietas das unidades familiares a través do aproveitamento de produtos hidrobiológicos de baixo custo.

A. 1.2.1: Deseño dun programa de formación e sensibilización para docentes e alumnos

A. 1.2.2: Formación de docentes.

A. 1.2.3: Implementación de programa de formación e sensibilización por parte dos docentes.

A1.3. Intercambio de experiencias entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Programa Nacional A Comer Peixe (PRODUCE).

RE 2: Mellorada a formación e sensibilización achega do consumo de produtos hidrobiológicos nos centros escolares.

A2.1 Reforzo dos coñecementos do persoal docente sobre a importancia dos produtos hidrobiológicos.

A2.2 Mellora da percepción da actividade pesqueira e acuícola entre a poboación sechurana.

A. 2.2.1: Identificación de produtos hidrobiológicos de baixo custo.

A. 2.2.2: Elaboración de plans de dietas con produtos hidrobiológicos locais de baixo custo.

A. 2.2.3: Formación a familias na elaboración de receitas con produtos hidrobiológicos de baixo custo.

A2.3 Reforzar a inclusión dos produtos hidrobiológicos nos centros escolares.

A. 2.3.1: Elaborar material de valorización da actividade da pesca artesanal e acuicultura.

A. 2.3.2: Realización de visitas escolares para sensibilización.

A2.4 Reforzar a inclusión dos produtos hidrobiológicos nos centros escolares

A. 2.4.1: Formación do persoal de cociña dos centros escolares.

A. 2.4.2: Elaboración de menús escolares coa inclusión de produtos hidrobiológicos.

A. 2.4.3: Implementación dos menús elaborados

Poboación beneficiaria: 

Directa:

- 125 familias do Distrito de Sechura (25 homes; 125 mulleres).

- 250 nenas e 250 nenos dos Colexios de Porto Rico, Praia Branca, Parachique, Constante e Sechura cidade

- Persoal docente dos Centros Educativos de Sechura.

- Municipalidade de Sechura.

- Programa Nacional a Comer Peixe (PRODUCE).

Indirecta:

- OSPAS (Organizacións Sociais de Pescadores Artesanais)

- Poboación do distrito de Sechura.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 111.147,85 €