Mellora das condicións de vida para a ampliación das capacidades e as liberdades das persoas mediante un proceso de participación cidadá e comunitaria con enfoque de xénero no Distrito Municipal Santiago Oeste - Asociado a IDI República Dominicana - Fase II
Mediante esta intervención preténdese mellorar as condicións de habitabilidade do Distrito Municipal de Santiago Oeste (República Dominicana); fortalecer o tecido asociativo social, especialmente das mulleres e os e as mozas, así como incrementar as súas capacidades produtivas para dinamizar economicamente o Distrito Municipal. Estes obxectivos responden ás carencias da zona en materia de habitabilidade e xestión de residuos e pretenden afianzar e ampliar as aprendizaxes obtidas pola Cooperación galega na zona (especialmente coa posta en funcionamento das Iniciativas de Desenvolvemento Integral -IDI- en 2009).
Fundación Solidaridad
Xeral: Contribuír ao desenvolvemento integral do Distrito Municipal de Santiago Oeste coa participación de titulares de Dereitos, obrigacións e responsabilidades no marco da END 2030 para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Específico:
OE1. Mellora das condicións de vida da poboación mediante un proceso de participación cidadá e comunitaria con enfoque de xénero no Distrito Municipal de Santiago Oeste, República Dominicana.
RE 1.1. Melloradas as condicións de habitabilidade no Distrito Municipal de Santiago Oeste mediante unha estratexia de incidencia comunitaria e concertación público-social.
- A.1.1.1. Melloras nas vías de acceso para 105 casas mediante rehabilitación das vías de acceso a través de peonís correspondentes a unha superficie total de 1443,25m2.
- A.1.1.2. Adecuación das 07 UNAP para responder ás necesidades derivadas do COVID-19.
- A.1.1.3. Estudo de necesidades comunitarias para unha habitabilidade sustentable no Distrito Municipal de Santiago Oeste.
- A.1.1.4. Espazo de concertación público-social para unha habitabilidade comunitaria sustentable e resiliente no Distrito Municipal de Santiago Oeste.
- A.1.1.5. Estratexia de participación cidadá para a mellora e mantemento dos labores de saneamento da cañada que divide o Barrio de Santa Lucía, Alma Rosa I e II do Vertedoiro de Rafey.
- A.1.1.6. Campaña de educación ambiental para unha habitabilidade sustentable no marco do seguimento dos Clubs Ambientais.
- A.1.1.7. Campaña de sensibilización no tratamento de refugallos sólidos para cidadanía e autoridades municipais con especial atención nos refugallos derivados dos medios de protección ante o COVID.
RE 1.2. Fortalecido o tecido asociativo con especial incidencia en mulleres e mozas para o desenvolvemento dunha cultura de participación cidadá e comunitaria no Distrito Municipal de Santiago Oeste.
- A.1.2.1. Talleres de fortalecemento de ADECUCI e a Rede de Mulleres de Santiago Oeste.
- A.1.2.2. Elaboración da Axenda de Desenvolvemento Comunitario de Santiago Oeste.
- A.1.2.3. Estratexia de fortalecemento da Mesa de Xénero e Seguridade no Distrito Municipal de Santiago Oeste.
- A.1.2.4. Talleres sobre incidencia comunitaria para unha saúde pública eficiente e inclusiva (Comités de Saúde e UNAP).
- A.1.2.5. Programa Activismo Xuvenil II no Distrito Municipal de Santiago Oeste.
- A.1.2.6. Escola de Arte Mauro Lorenzo para o desenvolvemento de manifestacións culturais.
- A.1.2.7. Campaña dereitos políticos e sociais das mulleres para o desenvolvemento comunitario #IGUALANDODERECHOS+.
RE 1.3. Incrementadas as capacidades das persoas, con especial incidencia nas mulleres, para a xeración de dinamización económica no Distrito Municipal de Santiago Oeste.
- A.1.3.1. Feira de proxectos cooperativistas e microempresariais liderados por mulleres.
- A.1.3.2. Talleres de fortalecemento da Cooperativa de Aforro e Crédito de Mulleres de Santiago Oeste.
- A.1.3.3. Programa de Orientación para o Emprego e Emprendemento de Mulleres en Santa Lucía.
- A.1.3.4. Programa de formación técnico-práctica sobre a posta en marcha de experiencias de iniciativas cooperativas e microempresas.
- A.1.3.5. Programa piloto de pasantías para mozos de Santa Lucía.
- A.1.3.6. Campaña de incidencia "A muller como motor da economía local e desenvolvemento comunitario".
- A.1.3.7. Fortalecemento da ludoteca do Barrio para a mellora da inserción laboral das mulleres.
Directa: 13.212 persoas (4.668 Homes; 4.547 Mulleres; 2.018 Nenos; 1.979 Nenas).
Indirecta: 223.805 persoas (113.552 Homes; 110.253 Mulleres)
Axuda Xunta de Galicia: 174.970,91 € (2021: 69.988,36 €; 2022: 104.982,55 €).