Proxectos

Mellora do exercicio do dereito ao traballo de titulares de dereito de comunidades rurais dos distritos de Ccatcca, Ocongate e Marcapata, Cusco, Perú mediante o desenvolvemento dun roteiro turístico

O proxecto pretende contribuír a que titulares de dereitos, principalmente mulleres indíxenas, en situación de vulnerabilidade económica, exerzan o seu dereito ao traballo, accedendo a emprego digno e mellorando os ingresos dos seus emprendementos. Para alcanzar este obxectivo, a principal estratexia do proxecto é o desenvolvemento do roteiro turístico do Ausangate, nos distritos de Ccatcca, Ocongate e Marcapata, na provincia de Quispicanchi, Cusco, Perú; cun enfoque de xénero e sustentabilidade ambiental, e á que se insiran os titulares de dereitos, prestadores de servizos e emprendedores.

A razón de desenvolver un roteiro turístico atópase no potencial do turismo na zona para xerar a inclusión económica e social dos titulares de dereito. Na rexión Cusco o número de turistas increméntase cada ano a unha taxa de 8%. Iso grazas a Machu Picchu e o vasto legado cultural dos incas. Por outra banda, no ámbito de intervención xa se realiza o turismo de aventura e paisaxístico. Os poboadores acompañan aos grupos de turistas, coma cociñeiros e arrieiros. O turismo na zona é aínda incipiente. Pero, cun traballo planificado e concertado será un xerador de traballo digno.

O proxecto busca consolidar e ampliar os avances logrados polos proxectos desenvoltos con axuda da Xunta os anos previos e contribuír ao desenvolvemento económico sostido da provincia de Quispicanchi.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Ccatcca (distrito)
Cuzco (departamento)
Marcapata (distrito)
Ocongate (distrito)
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
TALLER DE SOLIDARIEDADE (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Asociación Jesús Obrero –CCAIJO

Código CRS: 
33210 - Política turística e xestión administrativa
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Promover o crecemento económico sostido, inclusivo e sustentable, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todos na provincia de Quispicanchi, Cusco, Perú.

Obxectivo específico: Contribuír á creación de emprego (dependente e independente) e a mellora de ingresos de 179 titulares de dereitos  dos distritos de Ccatcca, Ocongate e Marcapata mediante o desenvolvemento dun roteiro turístico con enfoque de xénero e de conservación ambiental.

Resultados e actividades: 

Actividades Transversais:

AT1: Elaboración da liña basee do proxecto.

AT2: Seguimento e vixilancia da execución do proxecto no seu conxunto e da aplicación dos enfoques XED e sustentabilidade ambiental.

AT3: Divulgación do proxecto en Galicia.

AT4: Auditoría e Avaliación externa con enfoque de xénero.

RE1: 179 Titulares de dereito (12 operadores de hospedaxe, 10 operadores de restaurantes, 30 cociñeiros e mozos, 30 orientadores locais, 30 arrieiros, 22 emprendedores en agro turismo, 45 artesáns) desenvolven e fortalecen as súas competencias laborais, capacidades empresariais,  valores e liderado mellorando o seu nivel de empregabilidade, a súa desempeño na prestación de servizos turísticos, a xestión dos seus emprendementos e a súa participación en espazos públicos.

A.1.1: Asistencia técnica a operadores de restaurantes.

A.1.2: Asistencia técnica  a operadores de hospedaxes.

A.1.3: Capacitación a cociñeiros e mozos.

A.1.4: Asistencia técnica  a cociñeiros e mozos.

A.1.5: Capacitación  a orientadores locais.

A.1.6: Asistencia técnica a orientadores locais.

A.1.7: Capacitación a arrieiros.

A.1.8: Capacitación a emprendedores en agro turismo.

A.1.9: Asistencia técnica para emprendedores en agro turismo.

A.1.10: Capacitación a artesáns téxtiles organizados.

A.1.11: Asistencia técnica para artesáns.

A.1.12: Pasantías con emprendedores a experiencias de turismo rural.

A.1.13: Formación da asociación de mulleres emprendedoras.

RE2: 7 emprendementos  liderados por mulleres,  acondicionados e sinalizados para o desenvolvemento da actividade turística (4 emprendementos en agro turismo, 3 centros artesanais).

A.2.1: Adecuación de dous  parques  de  camélidos.

A.2.2: Adecuación de criadeiros de cuyes.

A.2.3: Adecuación dunha planta familiar de derivados lácteos.

A.2.4: Adecuación de talleres de artesanía téxtil.

A.2.5: Sinalización do roteiro turístico.

A.2.6: Deseño e implementación dun plan de manexo de residuos.

RE3: Mulleres con capacidades de liderado fortalecidas, titulares de obrigacións e titulares de responsabilidades participan na mesa técnica conformada para o desenvolvemento do roteiro turístico.

A.3.1: Campañas de sensibilización para previr impactos sociais da actividade turística.

A.3.2: Foro sobre o potencial turístico da zona alto-andina da provincia Quispicanchi.

A.3.3: Asesoría para a conformación e funcionamento de mesas técnicas de turismo.

A.3.4: Asesoría a organizacións produtivas e comunais para a súa participación nas mesas técnicas en turismo.

A.3.5: Formulación do plan de desenvolvemento do roteiro turístico do Ausangate.

A.3.6:Pasantías rexionais e nacionais para autoridades locais, directivos comunais e emprendedores líderes.

A.3.7: Formulación dun manual de calidade e  boas prácticas do roteiro turístico.

RE4: Incrementouse o fluxo de turistas nun 15% ao roteiro turístico do Ausangate como resultado das accións do proxecto.

A.3.1: Diagnóstico, identificación e determinación do roteiro turístico como produto turístico.

A.3.2: Recompilación, sistematización e publicación do "libro guía do roteiro turístico".

A.3.3: Deseño dun plan de marketing do roteiro turístico.

A.3.4: Implementación do plan de marketing do roteiro turístico.

A.3.5: Implementación dun centro local de información ao turista.

A.3.6: Implementación dun sistema de rexistro do fluxo de turistas.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Homes (65), Mulleres (114)

Indirecta: Homes (474), Mulleres (470), Nenos (1522), Nenas (1995)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 225.000 € (2019: 90.000 €; 2020: 135.000 €)