Mellora no acceso e a calidade dos servizos básicos de saúde da poboación afectada pola crise humanitaria no distrito de Montepuez, Cabo Delgado
Esta intervención propón dar resposta á situación de déficit nas infraestruturas e a cobertura sanitarias no distrito de Montepuez, derivada tanto das características demográficas e socioeconómicas propias da poboación moza, con altas taxas de natalidade e altos índices de pobreza- como aos máis recentes efectos de catástrofes naturais e do conflito armado iniciado en 2017 no país, en forma de desprazamentos internos masivos cara a zona, que teñen xerado unha presión sobre o sistema de saúde aínda maior e dificilmente xestionable dadas as circunstancias. Médicos do Mundo proponse continuar o labor iniciado en Montepuez coa súa intervención de emerxencia de 2021, mediante unha estratexia de reforzamento do sistema sanitario e os mecanismos de protección comunitaria a través dun enfoque multisectorial que pivota sobre 3 eixos: a formación do persoal sanitario na resposta ás necesidades das vítimas de VdX e violencia sexual; a mellora da situación nutricional infantil a través do fortalecemento dos sistemas de recollida de datos sanitarios, vixilancia, alerta temperá e resposta; e a capacitación e asistencia da Atención Primaria na provisión de servizos SMAPS á poboación desprazada.
Médicos do Mundo (Mozambique)
Xeral: A poboación do distrito de Montepuez afectada pola crise humanitaria conta cun mellor acceso aos servizos básicos integrados que teñen efecto na saúde.
Específico: O sistema público de saúde mellora os seus servizos especializados en malnutrición, atención á Violencia de Xénero (VdX), Saúde Mental e Apoio Psicosocial (SMAPS) para a poboación do distrito de Montepuez
RE 1.1. O Persoal das Unidades de Saúde e responsables dos servizos distritais dispoñen de mellores capacidades técnicas e de xestión.
A.1.1.1 Sesións de formación básica en conceptos de xénero para os responsables sanitarios e persoal de saúde.
A.1.1.2 Sesións de formación para profesionais de saúde na identificación, atención, tratamento e derivación de superviventes de VdX dende un enfoque cultural/antropolóxico respectando os principios guía
A.1.1.3 Actividades de supervisión e apoio técnico para profesionais que participaran na formación de VdX.
A.1.1.4 Apoio ao persoal de saúde para a implantación dun sistema de referencias de casos das vítimas de VdX
A.1.1.5 Formación de formadores e reciclaxe sobre a identificación de casos e a xestión da comunicación a superviventes de VdX por parte dos puntos focais nos centros sanitarios.
A.1.1.6 Acompañamento a visitas de supervisión nas unidades sanitarias sobre a xestión e apoio na recolección de datos
A.1.1.7 Seguimento técnico en identificación e adecuación de espazos seguros nas unidades sanitarias
RE 1.2 Mellora do sistema de información en saúde (SIS-MA) e o sistema de vixilancia SAN, e a posta en marcha de sistemas de alerta e resposta temperá dos CR ás unidades sanitarias.
A.1.2.1 Monitoreo mensual no análise e recollida de datos nos centros de saúde de referencia e asentamentos.
A.1.2.2 Posta en marcha de sistemas de alerta e resposta temperá dos CR ás unidades sanitarias
A.1.2.3 Formación ao persoal de saúde do distrito de Montepuez en indicadores e análise e interpretación de datos de SIS
A.1.2.4 Dotación de equipamento informático para o seguimento, recollida e procesamento de datos
A.1.2.5 Elaboración dunha proposta de protocolo de vixilancia e resposta fronte a períodos de empeoramento de desnutrición aguda
RE 1.3 Fortalecida a resiliencia da poboación xeral, desprazada e de acollida en Montepuez a través da promoción da saúde mental e o benestar psicosocial das persoas, grupos vulnerables e da comunidade.
A.1.3.1 Accións de apoio na rede de Atención Primaria da Saúde de Montepuez para a atención de casos con problemas de saúde mental e psicosocial.
A.1.3.2 Accións de sensibilización á poboación en problemas de saúde mental e benestar psicosocial causados pola crise humanitaria
A.1.3.3 Accións de concienciación de axentes clave na comunidade, líderes comunitarios/as sobre o impacto da crise humanitaria na saúde mental e o benestar psicosocial da comunidade con especial foco nas persoas máis vulnerables
A.1.3.4 Implantar e monitorizar un sistema de referencia de saúde mental e apoio psicosocial entre as comunidades e os centros de saúde
Directa: 3460 persoas, das cales 1765 son mulleres, 1695 homes, 910 nenos e 907 nenas
Indirecta: 129.169 persoas, das cales 65.876 son mulleres, 63.293 homes, 33.992 nenos e 33.891 nenas
Axuda Xunta de Galicia: 69.989,54 €