Proxectos

Melloras das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universidades galego

O presente proxecto constitúe unha aposta integral por unha educación que impulse un modelo de cidadanía comprometida activamente na consecución dun mundo máis equitativo e sostible, que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como a continuación e complemento do proxecto “Escolas sen Racismo-Escolas pola Paz e o Desenvolvemento” (ESR-EPD), financiados pola DXRE e UE nas súas convocatorias de educación para o desenvolvemento entre os anos 2011 e 2018 e sen a compoñente de comunicación para a transformación social desde o ano 2007. Este proxecto ten como obxectivo xeral: contribuír ao fortalecemento da educación e comunicación para o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia. Farase grazas á mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego.

Educar para una cidadanía global implica fomentar: o respecto e a valoración da diversidade como fonte de enriquecemento humano, a conciencia ambiental e o consumo responsable, o respecto dos dereitos humanos individuais e sociais, a igualdade de xénero, a valoración do diálogo como ferramenta para a resolución pacífica dos conflitos e a participación democrática, a corresponsabilidade e o compromiso na construción dunha sociedade xusta, equitativa e solidaria. Ademais este proxecto busca sensibilizar sobre as problemáticas dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos deses países, especialmente das mulleres.

Para isto o proxecto proporciona ferramentas teóricas e prácticas para potenciar o diálogo, a participación, a corresponsabilidade e o compromiso transformador en 8 centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra, que ao longo do curso adquiren un compromiso que se concreta nas actividades de Escolas Sen Racismo, Escolas pola Paz e o Desenvolvemento (ESR,EPD) promovidas desde ACPP, AGARESO e pola súa comunidade educativa conxuntamente.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación e comunicación para o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia.

Obxectivo específico: Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego.

Resultados e actividades: 

RE.1 Mellorados os coñecementos, habilidades e actitudes de alumnado e profesorado de 8 centros de ensino galego (infantil, primaria e secundaria) no eido da EpD e a cidadanía global.

A 1.1 Xuntanzas de presentación e seguimento.

A 1.2 Manifesto Escolas Sen Racismo.

A 1.3 Guía Contos Transformadores.

A 1.4 Teatro Forum sobre xénero, interculturalidade e prevención de conflitos.

A 1.5 Mira Ti.

A 1.6 Exposición “Mulleres no Sur”.

A 1.7 Ciclo de Obradoiros de Relacións Igualitarias.

A 1.8 Reforzo e acompañamento de Equipos de Igualdade dos IES Laxeiro e Xulián Magariños.

A 1.9 Creación dun equipo e mediación no IES Milladoiro e apoio aos servizos de mediación dos IES Laxeiro e Xulián Magariños.

A 1.10 Axenda escolar Feminista.

A 1.11 De Profesión Cidadáns/ás (DPC): Varias Temáticas.

RE.2 Melloradas as capacidades e o acceso e aplicación de ferramentas para unha comunicación transformadora do alumnado e profesorado de 4 centros educativos.

A 2.1 Obradoiro de Radio na Escola para alumnado e profesorado do CEIP López Ferreiro.

A 2.2 Obradoiro de TV na Escola para profesorado e alumnado do Xulián Magariños.

A 2.3 Obradoiro de animación dun conto de educación para o cambio social empregando a técnica de Stop Motion no Vilas Alborada

A 2.4 Obradoiro de vídeo-cartas para o cambio social no IES Laxeiro.

A 2.5 Presentacións públicas dos traballos finais dos obradoiros.

A 2.6 Avaliación de sesións formativas dos obradoiros.

RE.3 Mellorados os coñecementos, habilidades e actitudes do alumnado universitario en materia de Cooperación e Comunicación para o cambio social.

A 3.1 Deseño e distribución de materiais de difusión do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional e Curso de Introdución á Cooperación, Educación para o Desenvolvemento e Comunicación para o Cambio Social.

A 3.2 Realización do “Curso de Introdución á Cooperación, Educación para o Desenvolvemento e Comunicación para o Cambio Social” na UDC.

A 3.3 Realización do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional na USC.

A 3.4 Realización do módulo práctico do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional en Marrocos.

A 3.5 Seguimento e avaliación dos cursos tanto nas universidades como na parte práctica en terreo.

RE.4 Fomentado o coñecemento e análise sobre o proxecto de cara á súa visibilidade e aprendizaxe colectiva.

A 4.1 Deseño e aplicación da estratexia de comunicación do proxecto.

A 4.2 Deseño e posta en marcha do Plan de seguimento e avaliación.

A 4.3 Deseño e elaboración dunha liña de base.

A 4.4 Deseño e elaboración dunha sistematización da experiencia ESR,EPD.

A 4.5 Xuntanzas de coordinación, intercambio e análise do equipo do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: As/os beneficiarias/os directas/os son un mínimo de 1.049 persoas (593 homes e 456 mulleres), entre alumnado de ensino non universitario (infantil, primaria, secundaria) e universitario, os equipos docentes e resto da comunidade educativa.

Indirecta: As/os beneficiarias/os indirectas/os serán aproximadamente 3.000 persoas (1.500 homes e 1.500 mulleres), distribuídas entre: as 8 comunidades educativas onde se leva a cabo o proxecto, posto que repercute nunha mellor convivencia nos centros; as familias e grupos de iguais do alumnado; e o sector da cooperación internacional en Galicia que se ve reforzado polas accións formativas desenvolvidas por ACPP e AGARESO.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 45.000 € (2019:18.000 €; 2020:27.000 €)