Mulleres guaraní transformadoras de cambio social, económico e político na Autonomía Indíxena Charagua Iyambae - Bolivia
Este proxecto supón a proposta de continuidade á fase-1 de proxecto “Empoderamento económico, social e político de mulleres guaraní da Autonomía Indíxena Charagua Iyambae”, implementado entre setembro de 2022 e decembro de 2023. Nesta II fase pretende aumentar a resiliencia e empoderamento das mulleres guaraní na Autonomía Indíxena Charagua Iyambae, Bolivia, mediante o exercicio efectivo dos seus dereitos económicos, políticos e sociais.
Xustifícase o proxecto no contexto actual da muller indíxena guaraní, que identifica como problema a baixa capacidade de implicación na administración de recursos e facer prevalecer os seus dereitos económicos, políticos e sociais na autonomía Charagua Iyambae; xerada polas condicións de dependencia económica e por situacións de desvantaxe e vulnerabilidade nos seus dereitos, acentuada cos impactos da crise climática, a pandemia da COVID-19 e a situación económica de baixos ingreso nas zonas de Charagua Norte e Parapitiguasu.
Fundación Instituto Radiofónico Fe y Alegría (IRFA)
Xeral: Aumentar a resiliencia e empoderamento das mulleres guaraní na Autonomía Indíxena Charagua Iyambae, Bolivia, mediante o exercicio efectivo dos seus dereitos económicos, políticos e sociais, en resposta aos desafíos acentuados polo cambio climático, aliñado cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS 1, 4, 5, 8).
Específico: 300 mulleres guaraní emprendedoras e empoderadas mediante a consolidación dos seus procesos de autoemprego exercen os seus dereitos básicos cara á equidade de xénero.
RE 1.1: 55 emprendedoras guaraní da Fase-1 do proxecto fortalecen as súas estratexias e procesos de comercialización das cales 45 incrementan os seus ingresos.
A.1.1.1: Presentación do proxecto aos actores locais.
A.1.1.2: Realizar un estudo socioeconómico con proxeccións e estratexias para o desenvolvemento de emprendementos liderados por mulleres.
A.1.1.3: Implementación do proceso de formación para fortalecer as capacidades en comercialización e promoción dos seus emprendementos.
A.1.1.4: Seleccionar e apoiar en investimento para fortalecer a emprendementos priorizados.
A.1.1.5: Acompañar a emprendementos priorizados para a promoción e comercialización.
A.1.1.6: Realizar unha feira local para a promoción e comercialización de produtos locais.
A.1.1.7: Reunión con autoridades da organización indíxena e autonomía para informar, render contas e xerar compromisos.
RE 1.2: A partir do novo proceso formativo con 245 mulleres, 50 puxeron en marcha emprendementos fortalecendo as súas habilidades técnicas para a produción e o emprego.
A.1.2.1: Identificación de infraestrutura para aulas taller nas comunidades.
A.1.2.2: Selección de novas especialidades técnicas.
A.1.2.3: Equipamento para as especialidades técnicas.
A.1.2.4: Elaboración participativa de plans de estudo de especialidades técnicas.
A.1.2.5: Elaboración de materiais educativos de apoio bilingües.
A.1.2.6: Promoción e difusión dos cursos de formación técnica (trípticos, cuñas radiais)
A.1.2.7: Inscrición de participantes para os procesos formativos.
A.1.2.8: Implementación do proceso de formación en especialidades técnicas para emprendementos novos.
A.1.2.9: Identificar e acompañar a emprendementos potenciais (iniciando e en marcha).
A.1.2.10: Seleccionar e apoiar en investimento para fortalecer a emprendementos priorizados.
A.1.2.11: Trámites administrativos para a certificación formativa ante instancias educativas.
RE 1.3: Mulleres guaraní lideran procesos de sensibilización sobre equidade de xénero promovendo o exercicio dos seus dereitos sociais, políticos e económicos.
A.1.3.1: Elaboración e difusión de materiais de comunicación: programas de radio, cuñas, podcast, vídeos, trípticos, afiches, mesas de diálogo.
A.1.3.2: Encontro de diálogo con mulleres indíxenas empoderadas para o exercicio pleno dos seus dereitos.
A.1.3.3: Taller de reflexión sobre xénero, roles e novas masculinidades con autoridades e líderes locais.
A.1.3.4: Sistematización de experiencias do proxecto.
A.1.3.5: Socialización da avaliación externa do proxecto con enfoque de xénero.
Directa: 350 (50 homes; 300 mulleres)
Indirecta: 400 (200 homes; 100 mulleres; 50 nenos; 50 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
235.000 € (82.250 € en 2024 e 152.750 € en 2025)